Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Orbil,
mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.
Asistimos a unha sesión de CONTACONTOS con moita atención e participación.
|
Máis fotos clicando na imaxe |
A continuación, fixemos unha visita guiada polas salas cos
traballos escolares dos diferentes coles. Buscamos con ilusión os traballos do
noso cole, especialmente, as descricións das nosas protagonistas. Atopamos a foto dunha profe, tamén escritora, do noso cole...Tamén pasamos por recunchos onde as monitoras Elena e Paula explicáronnos detalles sobre pioneiras de Galicia en diferentes ámbitos, sobre cadros con mulleres lectoras, sobre México...
Ata o día 29 de abril podemos
visitar o Salón do Libro e participar en moitas actividades, obradoiros,
contacontos e lecturas variadas.
O ano próximo
máis...
Esperamos os
vosos comentarios.
Me gustó mucho la visita
ResponderEliminarUna chulada la visita!!
ResponderEliminar