31/10/18

CARTEIS DO MAGOSTO

Antío propúxonos na súa carta que dixeñaramos uns carteis para anunciar o MAGOSTO deste ano. Estamos xa en marcha...Trátase dun traballo por equipos. Velaquí algunhas fotos dos preparativos:
https://photos.app.goo.gl/At61hcbQrtr6kxJB7
https://photos.app.goo.gl/At61hcbQrtr6kxJB7
Foi un traballo moi divertido e moi enriquecedor. Houbo moito que consensuar. Todos os membros do equipo teñen que aportar...Todas e todos somos importantes e axudamos a mellorar os resultados. Fixemos bocetos, marcamos, recortamos, coloreamos, rotulamos, pegamos...ata houbo purpurina! 
Tamén houbo algún pequeno conflito entre membros dalgún equipo ou pequenas rivalidades entre equipos -que difícil é ceder!- que superamos falando, compartindo materiais e aportando ideas en grupo.
Velaquí os resultados:
Clica para ver as imaxes completas
Clica para ver as imaxes completas
Así quedou o mural cos carteis escolmados de todos os grupos do cole:

E AGORA QUE?

Polo cole saben das nosas afeccións polas "bicherías". Despois das nosas investigacións sobre os tres insectos traballados neste mes: vespa velutina, típula e gorgullo da castaña, hoxe noite de Samaín, vai unha de  arañas...e non é broma.
Na clase presentouse unha profe con dúas arañas de importante tamaño "cazadas" no patio do cole e, sabendo das nosas curiosidades, preguntounos se  interesarían os exemplares para o seu estudo...
Ahí queda eso...e xa "provocada" a REVOLUCIÓN vai unha de ARÁCNIDOS:
Video educativo LOS ARÁCNIDOS


Video educativo LOS INSECTOS

As arañas estiveron durante a mañá gardadas nun vaso con tapa na nosa clase. Rematada a xornada, tiramos unhas fotos:
https://photos.app.goo.gl/DL55z6uppzE9J6Vz8
Intentaremos coas imaxes, internet e os libros da nosa biblioteca facer algunha investigación relacionada con estas arañas. 
Non deixedes de botarlle unha ollada e preguntar...o luns comentamos.

Tamén Lucía mostrounos un escaravello curioso que fotografiamos con certa dificultade porque pretendía escapar da caixa...obxectivo que conseguiu cando rematou a mañá.



26/10/18

QUE RICO! QUE RICO!

Resultados da proposta de Antío con receitas de castañas:

Venres, 26 de outubro
Hoxe na clase de 4ºB, Adriana compartiu a receita de BISCOITO DE CASTAÑAS e a súa degustación. Moitas grazas, riquísimo!!! Velaquí as fotos:

Clica para ver as fotos
Clica para ver as fotos
Luns 29 de outubro
Continúan chegando receitas con castañas e as degustacións dalgunhas delas. Hoxe probamos o BRAZO CON CREMA DE CASTAÑAS de Pablo José, as GALLETAS DE HALLOWEEN de Mario Narciso e a TORTA FAMILIAR DE CASTAÑAS de Pedro.



NOVA INVESTIGACIÓN

Poñémonos de novo en acción, agora xa temos recursos para saber como buscar, empregamos palabras claves e buscamos tamén polas imaxes...preguntando, buscando en enciclopedias ou en internet. Escoitamos, observamos e contrastamos opinións.
  
Pista:
É un insecto relacionado co froito que precisamos para celebrar a próxima festa do cole. 


As dúas clases de 4º intentaremos averiguar de que insecto estamos a falar e a partir do luns 29 comentaremos. 
Esperamos coñecer o seu nome e algunha curiosidade.

Hoxe, luns 29, aportamos algunha información, fotos e tamén uns insectos como os da foto para ver coa lupa binocular...
As dúas clases pensamos que se trata do GORGULLO DA CASTAÑA -curculio elephas-. Agora imos ler con máis detalle algúns datos e contrastar informacións porque temos moitas curiosidades...

O martes 30 limos un texto informativo sobre este curioso escaravello e ademais puidemos observar os gorgullos que trouxo Diego coa lupa binocular...todo un espectáculo!!!


TRABALLAMOS CON PORTÁTILES

Esta semana traballalmos na clase cuns portátiles como os que usa o alumnado de quinto e sexto de primaria.
Estamos aprendendo a manexalos, a usalos con xeito, a coidalos, a compartilos con outras clases e a gardalos nun "armario especial" no que cargan as baterías.

Fainos moita ilusión!!!

Hoxe entramos no noso blog, traballamos matemáticas coas tablas e tamén entramos nalgún dos videos que temos colgados como o das capas interiores da Terra.



25/10/18

AS CAPAS DA TERRA

Falamos de rochas e minerais...falamos da composición do noso planeta Terra.
Estes días, en Ciencias Sociais, estamos a voltas coas capas internas da Terra: núcleo, manto e codia.
Capas internas

19/10/18

ANTÍO ANUNCIA O MAGOSTO

Xa chegou Antío ao cole, iso é sinal de que o Magosto está preto.
Antío sempre vén cando venta que vai haber castañas.
Deixounos unha carta solicitando receitas con castañas.

Para non esquecer a data do Magosto pide que lle fagamos carteis para poñer polo colexio.
Este Antío só pensa en comer!

OUTROS SERES NA TERRA: OS MINERAIS E AS ROCHAS

Estamos a aprender sobre rochas e minerais. Na Terra hai moitos!
Trouxemos moitos minerais e rochas diferentes que presentamos e compartimos coas nosas compañeiras e cos nosos compañeiros.
Algúns minerais realmente curiosos e todos eles moi vistosos.
Empregamos a nosa vista e o noso tacto, pero tamén a lupa binocular.



18/10/18

INVESTIGAMOS SOBRE UN INSECTO...

Antecedentes:
Onte, no recreo, observamos un enorme insecto (5 cm de corpo) que causou a nosa curiosidade.
Estaba no campo de baloncesto, voaba torpemente, tiña unhas patas finas e moi longas...despois posouse na parede do ximnasio.
Tiñamos moitas preguntas e pedimos axuda para tirarlle unhas fotos antes de que saíra voando...
Estas son as fotos:

https://photos.app.goo.gl/kKk3ZjxKJrHddbZ88
Proposta para mentes curiosas:
As dúas clases de 4º temos que investigar e a partit do luns  22 comentaremos. Esperamos dar resposta as seguintes preguntas:
Cal é o seu nome?
Onde vivirá?
Que comerá?
É perigoso?
Canto vive?

20181021.- E hoxe é noticia...
Este insecto tamén foi noticia na prensa deste domingo. Aproveitamos para ler e comentar o artigo.

Escoitamos as informacións aportadas na clase e visionamos un video de "Fauna barbuda" que explicaba con detalle datos sobre o insecto identificado como TÍPULA.
https://photos.app.goo.gl/kKk3ZjxKJrHddbZ88

20181022 .- Video informativo sobre a típula 

Así anotamos e resumimos o que aprendimos:

 
  
 

10/10/18

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VESPA VELUTINA NA BIBLIOTECA

Despois duns días recollendo diferentes informacións sobre a vespa velutina, hoxe na biblioteca do cole tivemos unha charla  a cargo do apicultor José María Domínguez. Comentounos características das vespas velutinas, como chegou ata Galicia, como fai os niños, como "aniquila" colmeas porque aliméntase de abellas,  mel e froitas.
Tamén explicounos como facer trampas de vespas velutinas e cales son as tres receitas máis eficaces para poñer de "cebo". Na clase montamos unha trampa por equipo.




5/10/18

INVESTIGAMOS SOBRE A VESPA VELUTINA

Preguntamos, buscamos información e anotamos ou gardamos no lapis de memoria ou "pen drive" a información que compartimos nas nosas clases.
Traballamos con imaxes, carteis con recomendacións, videos, noticias de prensa...

Tamén traballamos coa lupa binocular. Vimos moi aumentada unha vespa e anotamos moitas curiosidades.
https://photos.app.goo.gl/MwvN5e7DaWR6KDBN6

Comparamos unha abella e unha vespa velutina.