Hoxe realizamos un percorrido cultural para coñecer o patrimonio etnográfico e arqueolóxico na parroquia de San Martiño de Salcedo.
A visita guiada estivo a cargo do antropólogo Rafael Quintía Pereira.
Comezamos o percorrido no Monte das Croas, famoso castro protagonista da lenda da moura. Escoitamos falar de castros, fortificacións, murallas, tamén de lendas sobre mouras, tesouros, pazos soterrados, encantamentos, conxuros, serpes...
Visitamos o complexo etnográfico dos Muíños do Batán composto por catro muíños de auga. Entramos nun dos muíños para seguir unha breve explicación sobre o seu funcionamento, coñecer outro "cachiño" da nosa historia non tan afastada e aprender vocabulario novo (moa, inferno, rodicio...). Baixamos cara ao río e cruzamos unha ponte de madeira atravesando unha fermosa paisaxe.
Unha pequena camiñata abriunos o apetito e, cando chegamos ao punto de partida, fixemos un descanso para repoñer forzas.
Chegou o momento da visita aos petróglifos no Mato das Cruces sobre o val de Tomeza. Vistas fantásticas, localizamos ao lonxe o noso colexio e o Hospital Montecelo. Observamos os gravados rupestres seguindo as explicacións do noso guía particular que ademais recreounos con máis lendas de mouras e tesouros.
Xa estamos sensibilizadas e sensibilizados sobre esta riqueza patrimonial e arqueolóxica que temos tan preto de nós. Podemos contribuír a difundila e coídala. No cole seguiremos...
Esta visita foi proposta desde o Servizo de Educación do Concello.
Rematamos felices unha xornada acompañada de moi bo tempo. Máis fotos no seguinte enlace:
Fue un día genial
ResponderEliminarpasámolo moi ben
ResponderEliminar