31/5/19

ÁNGULOS, TIPOS DE ÁNGULOS E USO DO TRANSPORTADOR

No video anterior podemos repasar o traballado estes días nas sesións de matemáticas.
Vocabulario traballado: ángulo, lados, vértice, abertura, grado, ángulo recto, ángulo agudo, ángulo obtuso, ángulo plano, ángulo completo, transportador, semicírculo graduado.

29/5/19

ELEMENTOS DA CIRCUNFERENCIA E O CÍRCULO

Estes días en Matemáticas seguimos repasando...e adicamos unha atención especial a XEOMETRÍA.
Falamos de puntos, rectas, curvas, planos...figuras, polígonos.
Temos anotacións e fichas para recordalo, pero tamén usamos a pantalla.
Este video resume o comentado sobre os elementos da circunferencia e o círculo:
Vocabulario a manexar: círculo, circunferencia, segmento, arco, radio, diámetro, corda, semicircunferncia, semicírculo, sector circular.

25/5/19

ÚLTIMA SEMANA DE EXPOSICIÓNS

Luns, 27 de maio

A semana de exposicións comezou en 4ºA  coas exposicións de Sabela e Mateo Requejo sobre a elaboración dunhas caretas ou carautas. Temos pendente a segunda parte da exposición mañá martes...pasan voando os minutos!!!
No grupo B, foi o turno das parellas formadas por Elia e Mario Villar e por Aimée e Jorge. Presentaron elaboración de slime e a experimentación con purpurina efervescente. A expectación foi máxima!!!
Preme para ver as imaxes do álbum
Preme para ver as imaxes do álbum
Martes, 28 de maio

Na clase de 4ºA a parella formada por Sabela e Mateo R. remataron a súa exposición de elaboración de carautas coa presentación dun segundo deseño, ademais agasalláronnos con dúas plantillas para, seguindo as súas explicacións, poder confeccionar cadaquén a súa.
https://photos.app.goo.gl/xwDhvbukwyYLb5BSA
A continuación, tocaron exposicións "científicas":
Alba e Pablo Durán presentaron dous pequenos experimentos sobre densidade: a mestura aceite-auga e a flotación de ovo en auga salina.
https://photos.app.goo.gl/RQGW2KEYmwACh8Qb8

Eloy e Miguel sorprendéronnos cunha preciosa maqueta de volcán, hoxe explicaron como preparar unha mestura ácido-base que imita a erupción da lava dun volcán casero. Mañá comentarán na aula como elaboraron a maqueta.
https://photos.app.goo.gl/kB6RKBMtWT9gKZuL6
En 4º B foi día de experimentación e de cociña:
A primeira parte, estivo a cargo da parella Mario Narciso e Gabriela que explicaron como facer unha lampada de lava.
A continuación, Nuria e Naia, encargáronse de expoñer, paso a paso, a receita de luriñas recheas de chutney...alta cociña!!!
https://photos.app.goo.gl/S5QV2FASQpHwQ7ju5
Preme para ver as fotos do álbum

Mércores, 29 de maio 

Hoxe, Eloy e Miguel, explicaron con detalle como facer a maqueta dun volcán. Presentaron as diapositivas coas fotos e contestaron algunhas curiosidades sobre o proceso.
https://photos.app.goo.gl/BYeXz5qUcvawa9zN6

A presentación experimental sobre campos magnéticos correu a cargo da parella formada por Álvaro e Hugo. Traballo con imáns e diferentes aliaxes. Falamos tamén das aplicacións prácticas na vida cotiá con mecanismos electromagnéticos.
https://photos.app.goo.gl/gNJeVG5tK5PPXN2H6

Rematamos as exposicións de hoxe coa elaboración plástica dun vagalume ou lucecú luminoso  que presentaron Brais e Sara.
https://photos.app.goo.gl/WLRecJ5kHqMg6Gp37
No grupo B, Thiago e Lucía sorprendéronnos cunha reacción química mesturando mentos e Coca-Cola.
Ademais, Pablo Pérez e Natalia explicaron a receita de cookies con pebidas de chocolate que poidemos degustar. Uhmmmmm!!! Riquísimas!!!!
https://photos.app.goo.gl/cfWr9VkiqXSJxvAB7https://photos.app.goo.gl/cfWr9VkiqXSJxvAB7
Preme para ver as fotos do álbum

Xoves, 30 de maio 

No grupo B,  rematamos as nosas exposicións cun experimento e unha receita: Mauro e Pablo José comentaron como facer un electroimán e a receita de biscoito de chocolate estivo a cargo de Raúl e Sela.
 
https://photos.app.goo.gl/ZgfzHQJy7tNLUDGf8
Preme para ver as fotos do álbum
Preme para ver as fotos do álbum
Preme para ver as imaxes do álbum
E na clase de 4º A as tres últimas exposicións foron:
Mateo Carrera e Verónica cun experimento botánico con colorantes para facer camiño a próxima temática de Naturais.
https://photos.app.goo.gl/WuKMDTJojyABQJak7
Carmen e Marco fixeron unha demostración, en vivo e directo, de como facer a tarta da avoa se lume nin microondas...estamos desexando probala!!!
https://photos.app.goo.gl/hvx5Cd9T3jteczrb6
Adam e Isabela explicaron como facer un vistoso lapiseiro con pinzas da roupa.
https://photos.app.goo.gl/6PjpUaBX3r8WQdKN7

CROSS ESCOLAR

Hoxe, sábado 25 de maio, celebrouse a edición XXV do CROSS ESCOLAR do CEIP Vilaverde-Mourente.
As nenas e os nenos de 3º e 4º participaban na categoría BENXAMÍN. Compartiron coas súas familias deporte, diversión e un precioso día primaveral.

23/5/19

TRABALLAMOS A ANTÓN FRAGUAS CON ROBOTS

Ademais do traballo en aula para achegarnos a figura de Antón Fraguas, hoxe visitamos a nosa biblioteca para empregar a robótica.
https://photos.app.goo.gl/N3JafQ1QSVX3bTYi7 
Aprendimos máis datos sobre a súa biografía de maneira divertida...e ata cando o dado "non axudaba" aprendimos estrofas do Cancioneiro de Cotobade co  "Casamento da pulga e o piollo".

Xa preguntamos cando repetir...

22/5/19

SEGUNDA RONDA DE EXPOSICIÓNS

Estrenamos a segunda ronda de exposicións. Son  traballos elaborados e presentados por parellas:  experimentos, receitas ou manualidades...en lingua galega.

Comezamos!!!

Mércores, 22 de maio

No grupo A foi o turno de Pablo Cobas e Analía co seu foguete e de Lucas e Atenea coa súa receita de coulant. Asistimos moi atentas e moi atentos as dúas actividades e agasallamos as parellas con moitos aplausos. Houbo expectación e degustación.
https://photos.app.goo.gl/eHVyotX3XLXcyJz56https://photos.app.goo.gl/eHVyotX3XLXcyJz56

No grupo B o traballo estivo a cargo de Gael, Paula e Pedro que contaron a experiencia do ovo saltarín e do experimento da maicena ou do fluido non newtoniano. Houbo moita curiosidade e manipulación.
https://photos.app.goo.gl/xhQZfD6zQ6Knh27q9https://photos.app.goo.gl/xhQZfD6zQ6Knh27q9
No seguinte enlace temos detalles do Experimento De La Maicena

Publish at Calameo

Xoves, 23 de maio

Hoxe as exposicións foron ricas, ricas...
No grupo A, Eladio e Marta, explicaron con detalle como facer unhas deliciosas palmeiriñas. Prestamos moita atención, houbo degustación, pedimos receita e aplaudimos a rabiar...
Preme para ver as fotos da sesión.

No grupo B, Adriana e Mateo, explicaron como elaborar "faxiñas" e  xa tiñamos fame nada máis comezar a exposición...
https://photos.app.goo.gl/6X9WYDBfU8Zfp9Yy5
Preme para ver as imaxes
Venres, 24 de maio 

No grupo A, hoxe gozamos da explicación dunha actividade plástica e dunha actividade experimental.  Lucía e Saray  explicáronnos, paso a paso, como facer unha tarxeta con "corazón" e ademais nos agasallaron co material para facer unha tarxeta na casa. A segunda parella, formada por Álex e Rubén,  explicaron como facer un "mini tornado".

No grupo B, as exposicións foron moi ricaaaaaaaaaaaaas!
A primeira parella, Hugo e Sara, explicaron como facer unhas tortiñas de cores que probamos con gusto. A segunda parella,  Diego e Sabela, aportaba uns saborosos cup cakes con lacasiños   que explicou Diego (botamos de menos a Sabela que hoxe estaba enferma, pero traballou onte pola tarde na elaboración da receita).

17/5/19

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2019

https://photos.app.goo.gl/x41S1qf9k1Q9dxE2A
O concerto das Letras Galegas 2019 estivo a cargo de PESDELAN.  Asistiu todo o alumnado do noso cole. Foi moi paticipativo, cantamos, bailamos e pasámolo xenial.

15/5/19

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe os grupos de 3º e 4º xuntámonos no corredor de 4º para recitar as poesías gañadoras do XXVII CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019.
https://photos.app.goo.gl/P8bQkPZE9poyVVrP9

Despois do recreo asistimos no patio ás lecturas dos poemas premiados e dos raps do alumnado de quinto e sexto. As  gañadoras e os gañadores recibiron diplomas e agasallos polas súas poesías. 

https://photos.app.goo.gl/qQELR3Zzy9RWFJwz6

7/5/19

Hoxe rematamos as nosas exposicións individuais que, animadas por un público "entregado", gozaron de moito éxito.  Xa estamos preparando as nosas intervencións por parellas cargadas de experimentación, arte plástico e culinario...nuns días debutamos.
Máis detalles e fotos nas entradas da semana de exposición...
Foi un BO TRABALLO. Noraboa ás dúas clases!!!

ECOSISTEMAS

Buscamos información, lemos e comentamos que é un ecosistema. Preparamos un esquema coa información traballada. Tamén nos axudamos dalgúns videos educativos que enganchamos para compartir na casa:

Vocabulario: flora, fauna, adaptación, cadea alimentaria, produtores, consumidores, descompoñedores...
Enlace interesante coa presentación de ECOSISTEMAS (Primaria) de adelaleiro.com

6/5/19

TEMPO E CLIMA

Vemos a diferenza entre tempo atmosférico e clima.

Investigamos para que serven os instrumentos e aparellos dunha caseta metereolóxica. Traballamos con rexistros de temperatura e coa sección do tempo na prensa.

Interpretamos mapas metereolóxicos.



QUINTA SEMANA DE CHARLAS

Chegamos a nosa última tanda de charlas individuais:

LUNS, 6 DE MAIO:

- A miña mascota MAX
- A ximnasia rítmica
- Meghan Trainor
- A contaminación polo plástico
- Memphis Depay
 
Hoxe chegou o turno a Marco, Isabela e Sabela de 4ºA, Natalia e Jorge de 4ºB. Exposicións moi entretidas, fixemos moitas preguntas e agasallamos con moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/RYZHVmyyH6B79AnQ9

MARTES, 7 DE MAIO:

- Os libros de Tea Stilton
- A miña mascota Kora
- Cinco animais raros
- Dragon Ball
 
Rematamos esta actividade coas charlas de Mateo Lago de 4ºB e Lucía, Pablo Durán e Adam de 4ºA. Pasámolo xenial, fixemos moitas preguntas e houbo moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/B6RD5oreLWykhp6f7
https://photos.app.goo.gl/4swC1i1D6V7U96w98


3/5/19

PERCORRENDO A SENDA DO RÍO ALMOFREI

Luns, 29 de maio

Hoxe o grupo de 4ºB gozou dunha experiencia moi enriquecedora. Realizamos unha visita pola aldea do Salgueiral e percorrimos unha pequena parte do espazo natural e fluvial do río Almofrei guiados por Alicia e Gonzalo que nos foron dando explicacións sobre a flora e a fauna da zona.
Resultou moi interesante o achegamento á riqueza patrimonial do noso rural, neste caso un muiño de auga que  aprendimos como funcionaba coa colaboración dun veciño do Salgueiral.
Tamén realizamos unha xincana de probas sobre a contorna e debullamos mazarocas de millo.
https://photos.app.goo.gl/6uU9Dcg6dfgun2Te6
Preme sobre as imaxes para ver o álbum

Venres, 3 de maio

O grupo de 4ºA foi o protagonista da excursión de hoxe polo Salgueiral. Mesmo programa de traballo e mesmos monitores. Pasámolo de marabilla co percorrido pola beira do río, coas probas da xincana, coa busca da chave, co xogo dos animais, co funcionamento do muíño de auga, debullando millo, bailando muiñeira...gozando de moi bos momentos coas compañeiras, cos compañeiros e cos profes. Grazas a Alicia, Eligio e Gonzalo polos momentos compartidos esta mañá.
https://photos.app.goo.gl/PgW8EWGpfoU7PAp28
Preme sobre as imaxes para ver o álbum


2/5/19

CUARTA SEMANA DE CHARLAS

XOVES, 2 DE MAIO:

- Animais velenosos
- A miña mascota Lukitas
- A contaminación
- Bichos raros
 
Nova tanda de exposicións con  Mauro e Lucía de 4ºB, Alba e Brais de 4ºA. Exposicións completas e moi diferentes que causaron a nosa curiosidade,  moitas preguntas e moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/KREiktRufoJF8rEn6

VENRES, 3 DE MAIO:


- As focas
- O oso panda
 
As charlas de hoxe estiveron a cargo de  Naia e Gabriela de 4ºB. Exposicións amenas que rematamos con preguntas e aplausos.
https://photos.app.goo.gl/mDQ3GoHiUJhPfrZ76