30/11/17

PLANOS E MAPAS


Levamos xa días a voltas coas representacións ...

Falamos de planos, mapas, globos terráqueos, paralelos, meridianos, Ecuador, polos, hemisferios, cartografía, relevo, escalas, lendas, símbolos, coordenadas, atlas...
Distinguimos e manexamos diferentes mapas físicos, mapas políticos e mapas temáticos (de comunicacións, metereolóxicos, demográficos...)

Os seguintes videos resumen algunhas das informacións traballadas en aula:



24/11/17

25 DE NOVEMBRO - LOITAMOS CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

Mañá, 25 de novembro, é un día para facer notar a loita contra o maltrato de xénero.
Queremos que esté presente todos os días, pero durante esta semana traballámolo de maneira especial:

- Limos historias e poesías como:

https://es.slideshare.net/nilu/arturo-y-clementina
https://es.slideshare.net/xianadecide/historia-de-los-bonobos-con-gafas?qid=e2978853-5efa-4c96-9965-e326ed0cf66c&v=&b=&from_search=1https://photos.app.goo.gl/53vUbxSvtNrc224h2
https://photos.app.goo.gl/53vUbxSvtNrc224h2https://www.slideshare.net/zuceac/maltrato-entre-cores?ref=http://xianadecide.blogspot.com.es/
- Nas nosas aulas comentamos e debatimos sobre as diferentes presentacións.
- Visualizamos a nosa repulsa levando uns lazos morados:

BASTA XA!  LOITANDO CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO.



23/11/17

23 de NOVEMBRO - DÍA DA PALABRA

Hoxe, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Comentamos a necesidade de falar, de entendense, de consensuar, de dialogar  para eliminar toda violencia.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. Asi que seguimos insistindo na necesidade de RESPECTO, de DEREITOS e de DEBERES.

As tres datas foron e son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días.
Traballamos con dous libros agasallados por Lampi:


https://www.youtube.com/watch?v=8sW8heCKcRo




22/11/17

FOMOS AO TEATRO


Hoxe tivemos a nosa primeira saída de terceiro para asistir á representación de RUBICUNDO na sede Afundación de Pontevedra.

A obra é unha adaptación do libro "Rubicundo" de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. Estás interpretada por tres personaxes e contounos unha historia sobre a amizade e a constancia e sobre perseguir os nosos soños. Houbo humor, música, monicreques, acrobacias e baile. Resultou moi entretida.

https://photos.app.goo.gl/9tF3HRwcDadG7HIE2https://photos.app.goo.gl/9tF3HRwcDadG7HIE2

20/11/17

AS CAPAS DA TERRA

Esta semana iniciamos o estudo do noso planeta e as súas capas.
Primeiro, falamos e debatimos como imaxinamos que é por dentro e de que estará feito,  como imaxinamos que é por fóra e ao redor...
Temos moitas preguntas e atopamos moito material onde localizar a información.
Despois, limos a nosa información e resumímola.
Na libreta recolleremos esquemas e debuxos.
No blog colgamos dous videos didácticos moi útiles para recordar a información aprendida e compartila coas familias:

19/11/17

MAPAMUNDI: CONTINENTES E OCÉANOS

Traballamos co globo terráqueo e co planisferio ou mapamundi.  Aprendemos os nomes dos continentes e os oceános.

 










O rap dos continentes axudounos, de maneira divertida, a saber os nomes dos continentes.

16/11/17

RESOLVENDO PROBLEMAS

Comprobamos que as matemáticas están por todas partes, están en todo o que nos rodea e ademais son necesarias para resolver situacións cada día-
Por iso, practicamos e practicamos a resolución de problemas (oralmente, no encerado dixital, por escrito, individualmente, por parellas e ata por equipos)...tamén inventamos problemas. 

O seguinte video repasa os pasos que debemos seguir na resolución dun problema:

 A esquerda do noso blog temos o enlace con algúns dos problemas que traballamos na clase.

TODO UN MUNDO DE "BICHOS"

https://www.youtube.com/watch?v=TSTuV1uZCR8
Na clase de Ciencias da Natureza para estrear as aulas despois das obras e tivemos a oportunidade de ver un "cachiño" dunha fermosa película-documental:

É unha película do ano 1996 sobre a vida duns pequenos animais que habitan nun xardín durante un día e unha noite. Foi un documental moi premiado e destaca tamén a súa banda sonora. Si clicades sobre o título ou sobre a imaxe poderedes gozar desta produción.

Fomos identificando en equipos cooperativos moitos dos animais que aparecen e indicando a que grupo de invertebrados pertencen.

15/11/17

NO LABORATORIO COAS LUPAS BINOCULARES

A clase de Naturais chegou hoxe con sorpresa. Seguimos traballando sobre invertebrados e varias nenas e nenos das nosas clases trouxeron algunhas  "mostras de bichos"  😁😁😁 para  ver "aumentadas" coas lupas binoculares do laboratorio. 

Foi unha experiencia moi curiosa. Observamos unha araña, unha avespa asiática, unha avelaíña, un caracol, unha lombriga de terra e unha abella. Anotamos os detalles das nosas observacións, despois comentamos na clase e completamos os nosos debuxos. Agora buscaremos máis información nuns libros que trouxeron as profes da biblioteca de Lampi e temos outra proposta interesante...comentaremos nuns días...
20171115 - Observación coas lupas no laboratorio

9/11/17

CONCERTO DE XAVIER LOZANO

Hoxe despois do recreo, asistimos a un concerto didáctico que mantivo a nosa atención de principio a fin. O fraustista e obxectofonista  Xavi Lozano emprega a súa técnica de instrumentista de vento para tocar todo tipo de tubos que se lle poñan diante.

Ensinounos como moitos obxectos da vidia cotiá poden usarse para facer música como auténticos instrumentos -obxectos capaces de producir son-

Xavi  pode construir unha dulzaina cunha botella de plástico e faina soar de maneira sorprendente. Demostrounos como fixo clarinetes con tubos de regadío, con ladrillos, cunha roda de bicicleta, cunha vasoira, cunha "escaleira", cunha botella e un tapón, cunha muleta,  cunha regadeira, cun valado... e fíxonos demostración de todo elo.





ANIMAIS INVERTEBRADOS

Chegou o momento de recordar o que sabemos sobre animais invertebrados. Queremos saber máis, temos moitas curiosidades e moitas preguntas por resolver...

Comezamos cun pequeno video:


E alguén pregunta se as arañas son insectos...😀😀😀
Aquí temos a resposta:

Lemos información nos libros, buscamos no dicionario vocabulario novo como samesuga,  preparamos novos esquemas e queremos ver algún destes "bichiños" nas lupas binoculares...todo parece moi, moi interesante.

Imos ampliando información sobre algúns dos invertebrados máis coñecidos.
ARTRÓPODOS: 

MOLUSCOS:


22/10/17

ANIMAIS VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS

Fixemos clasificacións dos animais pola súa nutrición, pola súa reprodución, polo medio no que se desenvolven...

Os animais, segundo o seu aparato locomotor, podemos clasificalos en dous grandes grupos:

- Animais vertebrados que teñen esqueleto interno: columna vertebral e ósos.

- Animais invertebrados que non teñen esqueleto nin columna vertebral.


Ademais dos esquemas traballados na clase, visionamos videos e curtos moi interesantes con explicacións e curiosidades:

 

Os animais vertebrados divídense en cinco grupos:

1.- MAMÍFEROS


Nos seguintes enlaces temos videos sobre mamíferos moi peculiares:

2.- AVES
3.- RÉPTILES

Kiwi, unha ave moi curiosa
Serpe do millo desovando

4.- ANFIBIOS
5.- PEIXES


18/10/17

17/10/17

CON ANTÍO INVESTIGAMOS PARA O SAMAÍN

ESTES DÍAS ESTAMOS APRENDENDO SOBRE O SAMAÍN.
- TRAEMOS INFORMACIÓN E COMENTÁMOLA.
- LEMOS HISTORIAS
- ELABORAMOS HISTORIAS DE SAMAÍN CON CUBOS
E...
MOITO MÁIS QUE XA IREDES VENDO!
Resultado de imagen de SAMAÍN

5/10/17

XA CHEGOU ANTÍO

ANTÍO XA ESTÁ PRETIÑO DA BIBLIOTECA.
NA CLASE DEIXOUNOS UN SOBRE MOI BONITO CUNHA CARTA.
NA CARTA PEDÍANOS QUE INVESTIGARAMOS SOBRE O SAMAÍN... SAMAÍN?
QUE ANDARÁ ARGALLANDO?
ONTE APARECEU CUN CHAPEU DE BRUXA NA CABEZA. QUE MÁIS PORÁ?

11/9/17

COMEZAMOS 3º

ESTE 11 DE SETEMBRO IDES ATOPARNOS NUNHA NOVA AULA. ADEMAIS ESTAREMOS NO SEGUNDO ANDAR. TODO ISO PORQUE SOMOS MAIORES E ESTAMOS XA EN 3º!

AS NOSAS MASCOTAS DEBEN ESTAR XA AGARDÁNDONOS NA NOVA AULA OU... APROVEITARÍAN ESTES DÍAS PARA DEIXARNOS UNHA CARTA. AGARDAMOS QUE NOS CONTEN QUE FIXERON NAS VACACIÓNS.

Resultado de imagen de CARTA

23/6/17

REMATAMOS O CURSO

DESPOIS DE VISITAR AS NOSAS FUTURAS AULAS ESTA SEMANA E IR COÑECER ALGO DE COMO SE TRABALLA EN 3º...
HOXE REMATAMOS AS CLASES DESPOIS DUNHA MERENDOLA

.
Resultado de imagen de VACACIÓNS
VÉMONOS EN SETEMBRO EN 3º E CON MOITAS MÁIS ACTIVIDADES

21/6/17

VISITAMOS 3º

PARA SABER COMO É 3º FOMOS VISITAR AS AULAS.
FOMOS O DÍA 21.
ALÍ VIMOS MATERIAIS E CONTÁRONOS AS NENAS E OS NENOS COMO ERA ESTAR EN 3º

30/5/17

VISITA Á ESCOLA NAVAL

O 29 DE MAIO VISITAMOS A ESCOLA NAVAL
FOMOS CELEBRAR O 300 ANIVERSARIO DA SÚA FUNDACIÓN.
FOI MOI INTERESANTE A SAÍDA.





16/5/17

LECTURA POESÍAS DO CONCURSO

NO CONCURSO DE POESÍAS DO COLE QUEDARON FINALISTAS UN GRUPIÑO DE NENAS E NENOS QUE LERON AS POESÍAS...







7/5/17

UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA E VISUAL DENDE A UNIVERSIDADE

ALUMNADO DA UNIVERSIDADE VEU TRABALLAR CONNNOSCO UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA E VISUAL RELACIONADA CON SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS.
TIVO LUGAR O VENRES E TEMOS UNS RESULTADOS ESTUPENDOS.

3/5/17

CARLOS CASARES E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

NUNHA CARTA, A NOSA MASCOTA FÁLANOS DE CARLOS CASARES
ESTE ANO DEDÍCASELLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
NÓS IMOS TRABALLAR SOBRE EL E A SÚA OBRA.

Resultado de imagen de CARLOS CASARES

Resultado de imagen de TORIBIO CASARES
ADEMAIS PARTICIPAREMOS NO 25 CERTAME DE POESÍA DO COLE.

20/4/17

O DÍA DO LIBRO CON GLORIA FUERTES

LAMPI QUERE FACER UN MURAL POLO DÍA DO LIBRO.
ESTE ANO VAI SOBRE GLORIA FUERTES.
Imagen relacionada
ESTAMOS LENDO LIBROS DELA QUE CHEGAN Á CLASE, OS SEUS POEMAS SON CHULÍSIMOS!


27/3/17

UN NOVO PROXECTO ENTRA NAS AULAS: DO UNIVERSO Á LOCALIDADE

DESPOIS DE APRENDER SOBRE O UNIVERSO, IMOS IR CHEGANDO Á LOCALIDADE:
- VEMOS A TERRA E OS CONTINENTES
- VEMOS OS PAÍSES
- VEMOS AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E AS PROVINCIAS
- ENTRAMOS NA NOSA CIDADE, TRABALLAMOS O PLANO, OS SERVIZOS, O GOBERNO LOCAL,...

QUEREDES AXUDARNOS  A APRENDER MÁIS SOBRE ISO?


26/3/17

ELABORAMOS UNHA FOTONOVELA COA VISITA AO SALÓN

ESTAMOS A TRABALLAR CO CÓMIC E AS SÚAS CONVENCIÓNS.
ALGUNHAS COINCIDEN COAS DA FOTONOVELA (VIÑETAS, BOCADILLOS, CARTUCHOS,...)
ASÍ QUE ELABORAREMOS FOTONOVELA COAS FOTOS DA SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO.

XA VOS AMOSAREMOS O RESULTADO.

20/3/17

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

O VENRES 17 DE MARZO, VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO.
RECIBIUNOS ORBIL, CON MOITA LEDICIA E DESPOIS TIVEMOS VARIOS OBRADOIROS DE TRABALLO: CONTÁRONNOS CONTOS CON MARIONETAS, CON FRANELOGRAMA, CON CUBOS,.. BUSCAMOS DIFERENZAS ENTRE IMAXES,,.ETC
DESPOIS FIXEMOS UN PEQUENO PERCORRIDO POLO SALÓN E VIMOS OS NOSOS TRABALLOS ALÍ EXPOSTOS.



19/3/17

REMATAMOS O NOSO PROXECTO ELABORANDO PRESENTACIÓNS (2)

CON TODA A INFORMACIÓN DO PROXECTO UNIVERSO, ELABORAMOS PRESENTACIÓNS, TAL COMO VOS CONTABAMOS NA ENTRADA ANTERIOR.
VELAQUÍ ALGUNHAS MÁIS.













REMATAMOS O PROXECTO: AS PRESENTACIÓNS QUE ELABORAMOS

PARA COMUNICAR O QUE APRENDEMOS CO PROXECTO, ELABORAMOS PRESENTACIÓNS POR PARELLAS.
VELAQUÍ ALGUNHAS DELAS:
















18/3/17

SAÍDA A UN MUSICAL

O XOVES 16 DE MARZO, FOMOS A UNHA OBRA DE TEATRO NO LOCAL AFUNDACIÓN.
A OBRA TITULÁBASE "PAXARO AMIGO: CANCIÓN PARA A PAZ".
FOI UNHA OBRA MOI ENTRETIDA E INTERESANTE,
CON ELA TRABALLAMOS VALORES: COMPARTIR, FACER A PAZ, COLABORAR,...
ESTABA INTERPRETADA POLA CANTANTE GLORIA E PARTE DO GRUPO MAMÁ CABRA.


6/3/17

CELEBRAMOS O 8 DE MARZO

NO COLEXIO IMOS REFLEXIONAR E DEBATER SOBRE A IGUALDADE
ENLAZANDO CO TRABALLO E AS PROFESIÓNS TRABALLAREMOS ESTES DÍAS  SOBRE A IGUALDADE AXUDARÉMONOS CON MATERIAIS COMO: 
- EU QUERO SER DE MAIOR, UNHA HISTORIA QUE OCORRE NA VILA VERDOSEIRA.
- A BIOGRAFÍA DE ÁNGELES ALVARIÑO E DE MARY ANNING.

19/2/17

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO É O DÍA DE ROSALÍA.
ESTE ANO IMOS HOMENAXEALA AGASÁNDOLLE COPOS DE NEVE QUE POREMOS NA BIBLIOTECA.
ESES COPOS LEVAN ALGO RELACIONADO CON ROSALÍA.
VAI QUEDAR A BIBLIOTECA TODA NEVADA!

17/2/17

PROXECTO UNIVERSO: QUE FACEMOS COA INFORMACIÓN

ADEMAIS DE LER INFORMACIÓN, COMENTALA E AMPLIALA...
ESTAMOS ELABORANDO PEQUENAS PRESENTACIÓNS EN POWER POINT!
XA VOLAS IREMOS POÑENDO CANDO AS REMATEMOS...

16/2/17

VILAVERDIÑO CHEGARÁ AO COLEXIO

NESTES DÍAS O GALO VILAVERDIÑO VIRÁ AO COLEXIO PARA DISFRAZARSE.
ACABA DE REMITIRNOS UNHA CARTA PARA QUE O AXUDEMOS A FACER PLUMAS, SEICA LLE CAERON COS NERVIOS.
IMOS FACERLLE ALGUNHAS INDA QUE ANDAMOS CON MOITO APURO CO NOSO PROPIO DISFRACE...
IMAXINADES DE QUE IMOS? ESTÁ RELACIONADO CO PROXECTO QUE FACEMOS NA CLASE

2/2/17

AS NOSAS REPRESENTACIÓNS SOBRE O UNIVERSO

INVESTIGAMOS SOBRE O UNIVERSO E REALIZAMOS REPRESENTACIÓNS VARIADAS.
UNHA DELAS FOI CON ESGRAFIADO, VELAQUÍ ALGÚNS RESULTADOS

31/1/17

SEGUIMOS CO PROXECTO SOBRE O UNIVERSO

ESTAMOS TRABALLANDO COA INFORMACIÓN SOBRE O UNIVERSO.
PARA COMPRENDER MELLOR O SISTEMA SOLAR, ELABORAMOS MAQUETAS.
VELAQUÍ ALGUNHAS


23/1/17

TRABALLAMOS POLA PAZ

ADEMAIS DO PROXECTO, ESTAMOS TRABALLANDO NAS AULAS SOBRE A PAZ. ESTE CURSO REFLEXIONAMOS SOBRE "PAZ E TRABALLO"

TEMOS TEXTOS PARA LER E COMENTAR E TAMÉN PREPARAMOS A CELEBRACIÓN CON TODO O COLE; RECITADO DE POESÍA DE GLORIA FUERTES, CANCIÓN E BAILE, REALIZACIÓN DE MURAL COAS MANS.

14/1/17

UN PROXECTO PARA O TRIMESTRE

Imos achegarnos a un novo proxecto na aula.
É un proxecto sobre o Universo.
Averiguamos o que sabemos usando unha entrevista "Na praza do pobo"

Queredes acompañarnos na nosa aprendizaxe?
Resultado de imagen de universo para niños