21/6/18

CHEGOU O VERÁN

Últimas horas en TERCEIRO:
- Cantamos, bailamos,  merendamos...
- Tamén posamos en grupo e repartimos moitas apertas.
- No patio todo o alumnado e profesorado asistimos as actuacións e os bailes de diferentes grupos.
- O verán está aquí...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol, praia, deporte e pronto comentaremos novas anécdotas, pero xa estaremos en CUARTO.

https://photos.app.goo.gl/oQo1jeySuwRcjzT26

FELICES  VACACIÓNS!!!
VÉMONOS   EN  SETEMBRO!!! 

20/6/18

RECOLLIDA E BALANCE DE CURSO

Esta semana  estamos recollendo, organizando e gardando  libros e  materias empregados durante o curso escolar 2017/2018.

Tamén  rematamos tarefas e ordenamos os traballos feitos...
Moitos traballos van xa para as nosas casas...outros seguirán no cole porque serán de utilidade no próximo curso.

Aproveitamos para facer balance, comentamos e avaliamos proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...

https://photos.app.goo.gl/ZKJkGGGAunRWuBy57

16/6/18

FESTA FIN DE CURSO

Este sábado tivo lugar a festa fin de curso organizada pola ANPA do noso cole. Houbo variadas actuacións de baile, canto, taekondo...Despois chegou o momento de disfrutar dunha comida conxunta e pola tarde diferentes atraccións, sorteo e xogo...moito xogo.

https://photos.app.goo.gl/tWiqGxShPT27oxGT8

15/6/18

VISITA DAS NENAS E DOS NENOS DE 2º

As nenas e os nenos de 2º viñeron coñecer as clases de 3º que ocuparán o vindeiro curso como parte do PLAN DE ACOLLIDA
Ensinámoslles os nosos materiais: as libretas, os  traballos, os "bolis" borrables azul e vermello, os dicionarios, os corpos xeométricos, o globo terráqueo, os mapas, os libros, os contos...os traballos de Plástica... Todo causou moita curiosidade nos "compas" de 2º e nós intentamos respostar as todas as preguntas. Tamén falamos das axendas de 3º e as diferenzas coas de 2º, sen esquecer que temos unha axenda de aula para anotar os avisos importantes a recordar.
Intercambiamos uns agasallos:
Recibimos uns preciosos marcapáxinas que xa estreamos.
Entregamos unha tarxeta e un amuleto que preparamos con moito cariño.
Esperamos que lles gustará a visita e desexámoslles o mellor no próximo curso.
Aquí podedes ver algunhas fotos da visita:
Clicando imaxe máis fotos
https://photos.app.goo.gl/7XhzPb8XgwA5A8Uj7

13/6/18

UN TALISMÁN CON CARIÑO

Estes últimos días estamos preparando un agasallo para recibir con moitos aloumiños aos grupos de 2º que visitarán as nosas aulas o próximo venres.
Pensamos en facer algo "máxico" con pasta ou masa de secado ao aire e con motivos vexetais con diferentes utilidades.
Tamén preparamos os sobres para envolver os amuletos e darlles unha sorpresa.
Puxemos moita ilusión e os resultados poden verse nas fotos seguintes:

https://photos.app.goo.gl/5LN3jUf4UndNTp8u6

A fábrica está en marcha, agora faremos un talismán para nós que cargará de maxia e bo facer o próximo curso 2018/2019.

12/6/18

PLANETAS DO NOSO SISTEMA SOLAR


Datos curiosos dos nosos planetas


Na clase de plástica, pouco a pouco, tamén traballamos cos planetas do Sistema Solar. Pintamos, recortamos, coloreamos, rotulamos, etiquetamos... Agora xa podemos presumir dos nosos sistemas solares:

Clicando imaxe máis fotos
Clicando imaxe máis fotos

5/6/18

5 de XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o día constituído pola ONU -Organización das Nacións Unidas- como DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE para recordar e "reclamar" sensibilidade a toda a sociedade para entender a necesidade do coidado do noso medio...
Sabemos que un día non basta...medio que como siga deteriorándose pode poñernos nun grande perigo.


Comentamos unha presentación con moita información que sensibilizounos sobre a necesidade da colaboración de todas e todos para facer un mundo mellor e máis coidado.

Foi moi impactante ver o tempo en que os materiais tardan en descompoñerse.

Gustounos moito o curto EQUILIBRIUM e fíxonos reflexionar sobre o noso papel no equilibrio ecolóxico.

UN PLANETA SEN CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICOS


HISTORIA DE UNA BOLSA DE PLÁSTICO

4/6/18

MATERIA, PROPIEDADES E MEDIDA

Na clase de Naturais anotamos que sabemos sobre a materia e as súas propiedades...e avanzamos un chisquillo máis... Tamén falamos de como podemos medila e repasamos as medidas traballadas en matemáticas.
Podemos resumilo co seguinte video: