21/6/19

FIN DA CONTA ATRÁS

Última  xornada en CUARTO:
- Sorpresas
- Cantamos, bailamos
- Merendola
- Posados en grupo
- Reparto de apertas 
- Emocións flotando...vacacións😍😂😂😂😍,
despedidas😢😢😢, aloumiños😘😘😘
https://photos.app.goo.gl/mENCbyzB6VoucthJ8
- No patio todo o alumnado e o profesorado asistimos a diferentes actuacións e bailes.
Xa é 21 de xuño, comeza o verán...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol, praia, deporte e pronto estaremos no cole para compartir e comentar moitas anécdotas, pero xa estaremos en QUINTO DE PRIMARIA.

FELICES VACACIÓNS !!! 
VÉMONOS EN SETEMBRO

ENLACES DO FOLLETO DE SUXESTIÓNS PARA O VERÁN






























20/6/19

ÚLTIMA SEMANA DO CURSO

Esta semana  toca recoller, devolver libros da biblioteca, gardar os libros de texto e organizar os materiais empregados durante o curso 2018/2019.
Tamén  rematamos algunhas tarefas  e ordenamos, ou máis ben "xuntamos",  traballos feitos durante os últimos meses.
Levarémoos para casa e, cando os revisemos, todo parecerá máis doado...

Aproveitamos estes días para facer balance, recordamos moitas vivencias, ilusións, amizades, saídas, visitas, charlas, lecturas, teatro, robótica, Vilaxogos...

Sempre podemos revivir estas experiencias entrando no noso blog e nos álbums de fotos.

19/6/19

RECREOS MOI ENTRETIDOS...

Este trimestre puxemos en marcha os "recreos inclusivos". Os luns e os xoves tiñamos opción de VILAXOGOS...Nós tamén colaboramos como monitoras e monitores nos diferentes xogos propostos. Hoxe recollimos un diploma acreditativo pola nosa participación e interese.

Ademais do ESPAZO MAKER xa comentado noutra entrada, catro das nosas compañeiras participaron nun OBRADOIRO DE TEATRO.
Onte foron os últimos ensaios e hoxe foi o estreo ante un público moi especial. A obra foi escrita, dirixida e interpretada por nenas e nenos de 4ºe 5º nalgúns recreos deste trimestre. Fixádevos ben, igual recoñecedes a alguén:

https://photos.app.goo.gl/EtR7dm8sYYdicBU8A

17/6/19

ACOLLIDA EN 5º DE PRIMARIA

Este curso vai chegando ao seu fin e xa temos un pé en 5º. Hoxe  visitamos as aulas de 5ºA e 5ºB.

Fomos coñecer como se traballa e comentamos co alumnado que tal lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas "máis gordiñas",  tamén usan libretas cuadriculadas e raiadas, teñen libros dixitais e teñen a Plástica bilingüe en inglés e galego, cambian de aulas segundo as materias impartidas, pero o que máis chamou a nosa atención son os ORDENADORES PERSOAIS de cor vermella que tiñan sobre as mesas, falaron do traballo con ROBOTS e o famoso ESPAZO MAKER...Prepararon uns videos que serviron para comentar o seu paso polas aulas de 5º.

Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, preguntamos, escoitamos, compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.
Houbo sorpresa cos códigos QR nos marcapáxinas que nos agasallaron ... con eles chegamos a páxinas sobre TÉCNICAS DE ESTUDO con bos consellos para aplicar.
Nós levamos uns marcapaxinas moi especiais para desexar un EMOCIONANTE curso 2019/2020 no que compartir moitas, moitas experiencias...
MOITAS GRAZAS COMPAS DE 5º POLO CARIÑO E ATENCIÓN ADICADA!!! 
https://photos.app.goo.gl/rNt9kXFCQG8opiZx8
"Clicando" sobre as imaxes podemos ver o álbum completo

EMOTICONOS CON CARIÑO

Nas últimas sesións de Plástica elaboramos un agasallo para levar na visita que realizamos aos grupos de 5º deste luns.
A proposta saiu despois de mesturar temáticas deste último trimestre. Asi empregamos materiais reciclados, moitas emocións, ideas xeométricas e moita ilusión. Este foi o exitoso resultado:
https://photos.app.goo.gl/W7ovp51Bu4oenwnG7
-Marcapáxinas emotivas con bos desexos para o curso 2019/2020.
-Sobre artístico con material reciclado.
Deixamos un enlace co video tutorial dos marcapaxinas: Como facer marcapáxinas emojis

15/6/19

FESTA FIN DE CURSO

Este sábado 15 tivo lugar a festa fin de curso organizada pola ANPA do noso cole. Houbo actuacións de baile e taekondo, lecturas das poesías gañadoras do  XXVII CERTAME DE POESÍA e a interpretación duns raps de varias clases...Despois chegou o momento de disfrutar dunha comida conxunta e pola tarde diferentes atraccións, sorteo de agasallos e moitos xogos.
https://photos.app.goo.gl/6RntoXcgPNFfdo8q9

13/6/19

ARREDOR DOS CASTROS

Comezamos coa busca no dicionario do termo CASTRO
Relacionamos a información co lido sobre as etapas da Prehistoria.
Buscamos máis datos...

Vemos un curto animado por terras do concello veciño de Cerdedo-Cotobade relacionado coa nosa próxima saída:

11/6/19

MÁIS DE PLANTAS

Retomamos a definición que xa traballamos de ser vivo e a clasificación máis popular dos seres vivos que fala dos "cinco Reinos".
Con este punto de partida...
Falamos de plantas
Identificamos as partes das plantas
 
Clasificacións de plantas

Curiosidades

Agora toca profundar nas tres funcións das plantas:
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: FOTOSÍNTESE E RESPIRACIÓN
Trataremos de recoller a información nun esquema.
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN: SEXUAL E ASEXUAL.
Falamos do que xa coñecemos e despois de ver con atención os videos Reproducción sexual plantas - partes de una flor e Reproduccion asexual de las plantas comentamos o máis importante.

5/6/19

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o día constituído pola ONU  como DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE para recordar a necesidade do coidado do noso medio...e actuar en consecuencia.
Sabemos que un día non basta...pero está nas nosas mans "ir xuntando días" para facer un medio mellor e con futuro.
Hoxe, especialmente sensibilizadas e sensibilizados, falamos de como podemos contaminar menos a nosa atmosfera.
Tamén traballamos varios contos e historias que nos fixeron reflexionar.

 

4/6/19

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca, por xentileza da editorial SM, recibimos a visita de OLGA CUERVO ÁLVAREZ.

Chamou a nosa atención a súa mímica, a súa interpretación dos personaxes poñendo voces distintas nas historias das que nos fixo partícipes...pero agora sabemos que Olga é tamén actriz e "profe" de teatro.

Foi unha sesión moi divertida, participamos con entusiasmo e estivemos moi, moi atentas e atentos para saber o desenlace dos contos...
Velaiquí as fotos do encontro:
Preme para ver as imaxes do álbum

POLIEDROS E CORPOS REDONDOS

Seguimos coa xeometría a voltas. Repasamos os videos do curso pasado sobre POLIEDROS e fixemos exercicios prácticos para diferencialos dos corpos redondos.
Falamos de caras, aristas, vértices, bases, superficies curvas...identificamos prismas, pirámides, conos, cilindros, esferas...e puxémolles "apelidos" aos poliedros polo número de lados das bases.

NAS FONTES DA HISTORIA

Esta quincena mergullámonos na Historia. 
Comezamos falando de "medir tempos históricos". Recordamos termos como milenio, século, década, lustro, a orde cronolóxica ou a liña do tempo.

Tamén falamos das fontes históricas que nos permiten achegarnos aos feitos e acontecementos relevantes para o seu estudo.
Comentamos diferentes informacións ao respecto, enganchamos no noso blog un par de videos comentados nas nosas aulas e recollemos a información nun esquema.

Relacionamos a información co importante labor de A. Fraguas.