30/11/17

PLANOS E MAPAS


Levamos xa días a voltas coas representacións ...

Falamos de planos, mapas, globos terráqueos, paralelos, meridianos, Ecuador, polos, hemisferios, cartografía, relevo, escalas, lendas, símbolos, coordenadas, atlas...
Distinguimos e manexamos diferentes mapas físicos, mapas políticos e mapas temáticos (de comunicacións, metereolóxicos, demográficos...)

Os seguintes videos resumen algunhas das informacións traballadas en aula:



24/11/17

25 DE NOVEMBRO - LOITAMOS CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

Mañá, 25 de novembro, é un día para facer notar a loita contra o maltrato de xénero.
Queremos que esté presente todos os días, pero durante esta semana traballámolo de maneira especial:

- Limos historias e poesías como:

https://es.slideshare.net/nilu/arturo-y-clementina
https://es.slideshare.net/xianadecide/historia-de-los-bonobos-con-gafas?qid=e2978853-5efa-4c96-9965-e326ed0cf66c&v=&b=&from_search=1https://photos.app.goo.gl/53vUbxSvtNrc224h2
https://photos.app.goo.gl/53vUbxSvtNrc224h2https://www.slideshare.net/zuceac/maltrato-entre-cores?ref=http://xianadecide.blogspot.com.es/
- Nas nosas aulas comentamos e debatimos sobre as diferentes presentacións.
- Visualizamos a nosa repulsa levando uns lazos morados:

BASTA XA!  LOITANDO CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO.



23/11/17

23 de NOVEMBRO - DÍA DA PALABRA

Hoxe, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Comentamos a necesidade de falar, de entendense, de consensuar, de dialogar  para eliminar toda violencia.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. Asi que seguimos insistindo na necesidade de RESPECTO, de DEREITOS e de DEBERES.

As tres datas foron e son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días.
Traballamos con dous libros agasallados por Lampi:


https://www.youtube.com/watch?v=8sW8heCKcRo




22/11/17

FOMOS AO TEATRO


Hoxe tivemos a nosa primeira saída de terceiro para asistir á representación de RUBICUNDO na sede Afundación de Pontevedra.

A obra é unha adaptación do libro "Rubicundo" de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. Estás interpretada por tres personaxes e contounos unha historia sobre a amizade e a constancia e sobre perseguir os nosos soños. Houbo humor, música, monicreques, acrobacias e baile. Resultou moi entretida.

https://photos.app.goo.gl/9tF3HRwcDadG7HIE2https://photos.app.goo.gl/9tF3HRwcDadG7HIE2

20/11/17

AS CAPAS DA TERRA

Esta semana iniciamos o estudo do noso planeta e as súas capas.
Primeiro, falamos e debatimos como imaxinamos que é por dentro e de que estará feito,  como imaxinamos que é por fóra e ao redor...
Temos moitas preguntas e atopamos moito material onde localizar a información.
Despois, limos a nosa información e resumímola.
Na libreta recolleremos esquemas e debuxos.
No blog colgamos dous videos didácticos moi útiles para recordar a información aprendida e compartila coas familias:

19/11/17

MAPAMUNDI: CONTINENTES E OCÉANOS

Traballamos co globo terráqueo e co planisferio ou mapamundi.  Aprendemos os nomes dos continentes e os oceános.

 










O rap dos continentes axudounos, de maneira divertida, a saber os nomes dos continentes.

16/11/17

RESOLVENDO PROBLEMAS

Comprobamos que as matemáticas están por todas partes, están en todo o que nos rodea e ademais son necesarias para resolver situacións cada día-
Por iso, practicamos e practicamos a resolución de problemas (oralmente, no encerado dixital, por escrito, individualmente, por parellas e ata por equipos)...tamén inventamos problemas. 

O seguinte video repasa os pasos que debemos seguir na resolución dun problema:

 A esquerda do noso blog temos o enlace con algúns dos problemas que traballamos na clase.

TODO UN MUNDO DE "BICHOS"

https://www.youtube.com/watch?v=TSTuV1uZCR8
Na clase de Ciencias da Natureza para estrear as aulas despois das obras e tivemos a oportunidade de ver un "cachiño" dunha fermosa película-documental:

É unha película do ano 1996 sobre a vida duns pequenos animais que habitan nun xardín durante un día e unha noite. Foi un documental moi premiado e destaca tamén a súa banda sonora. Si clicades sobre o título ou sobre a imaxe poderedes gozar desta produción.

Fomos identificando en equipos cooperativos moitos dos animais que aparecen e indicando a que grupo de invertebrados pertencen.

15/11/17

NO LABORATORIO COAS LUPAS BINOCULARES

A clase de Naturais chegou hoxe con sorpresa. Seguimos traballando sobre invertebrados e varias nenas e nenos das nosas clases trouxeron algunhas  "mostras de bichos"  😁😁😁 para  ver "aumentadas" coas lupas binoculares do laboratorio. 

Foi unha experiencia moi curiosa. Observamos unha araña, unha avespa asiática, unha avelaíña, un caracol, unha lombriga de terra e unha abella. Anotamos os detalles das nosas observacións, despois comentamos na clase e completamos os nosos debuxos. Agora buscaremos máis información nuns libros que trouxeron as profes da biblioteca de Lampi e temos outra proposta interesante...comentaremos nuns días...
20171115 - Observación coas lupas no laboratorio

9/11/17

CONCERTO DE XAVIER LOZANO

Hoxe despois do recreo, asistimos a un concerto didáctico que mantivo a nosa atención de principio a fin. O fraustista e obxectofonista  Xavi Lozano emprega a súa técnica de instrumentista de vento para tocar todo tipo de tubos que se lle poñan diante.

Ensinounos como moitos obxectos da vidia cotiá poden usarse para facer música como auténticos instrumentos -obxectos capaces de producir son-

Xavi  pode construir unha dulzaina cunha botella de plástico e faina soar de maneira sorprendente. Demostrounos como fixo clarinetes con tubos de regadío, con ladrillos, cunha roda de bicicleta, cunha vasoira, cunha "escaleira", cunha botella e un tapón, cunha muleta,  cunha regadeira, cun valado... e fíxonos demostración de todo elo.





ANIMAIS INVERTEBRADOS

Chegou o momento de recordar o que sabemos sobre animais invertebrados. Queremos saber máis, temos moitas curiosidades e moitas preguntas por resolver...

Comezamos cun pequeno video:


E alguén pregunta se as arañas son insectos...😀😀😀
Aquí temos a resposta:

Lemos información nos libros, buscamos no dicionario vocabulario novo como samesuga,  preparamos novos esquemas e queremos ver algún destes "bichiños" nas lupas binoculares...todo parece moi, moi interesante.

Imos ampliando información sobre algúns dos invertebrados máis coñecidos.
ARTRÓPODOS: 

MOLUSCOS: