30/4/18

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS DE ABRIL

LUNS 30 DE ABRIL

Temas das exposicións de hoxe:
-  Leo Messi
-  Dinosaurios
-  LEGO
-  Sir Francis Drake
As charlas estiveron a cargo de Pablo, Mario, Álex e Sara.  Unha vez máis, estivemos moi atentas e atentos as exposicións, fixemos moitas preguntas e aplaudimos un montón.
https://photos.app.goo.gl/jfLhxxKwVT7esiag2
Máis fotos clicando imaxe
Estamos desexando que a proposta volva as nosas aulas porque agora sabemos máis e temos moitas ideas sobre novas temáticas e como presentalas...

27/4/18

PRENSA NO COLE

Estes días adicamos un pouco máis de tempo á información obtida en xornais impresos e dixitais. Lembramos partes, seccións, noticias, titulares, portadas...ata fixemos algunha manualidade empregando follas de periódico.
Limos e comentamos, entres outras, a noticia da familia Supertramp na VOZ DE GALICIA de Galicia, a noticia sobre a tumba de Francis Drake no xornal El PAÍS, a información dos peixes con patas na prensa dixital  ou a información sobre María Victoria Moreno do DIARIO DE PONTEVEDRA.

CONTACONTOS e TEATRO

Rematamos a SEMANA DO LIBRO con dúas actividades fantásticas:

https://www.youtube.com/watch?v=YrG4H9xWkI0
Videocuento clicando
Unha sesión de contacontos das nosas profes co libro  
EL LOBO QUE SE CAYÓ DE UN LIBRO.
Autor: Thierry Robberecht
Ilustrador: Gregoire Mabire
Editorial: Aralia XXI
ISBN: 9788416474295
Nº de páginas: 28 págs
Encuadernación: tapa dura
Lengua: castellano
Formato: papel 
Divertida historia que mantivo a nosa atención ata o final e fixo traballar a nosa imaxinación. Como rematará o conto?

Unha sesión de teatro coa obra ROSA CARAMELO e outras historias a cargo da compañía Talía Teatro no Pazo da Cultura.
Nesta montaxe vimos catro historias nas que combinouse a palabra e a música en directo. Douselle a volta a roles e aos estereotipos de xénero. Gustounos moito e ademais recordamos outras historias coñecidas de Adela Turin como Os bonobos con lentes ou Artur e Clementina.
https://www.youtube.com/watch?v=wwmxkJ959QI


https://photos.app.goo.gl/Q9xj7QSk3CjgCQ9Y6

25/4/18

POLÍGONOS, CÍRCULO E CIRCUNFERENCIA

Limos dous contos de Francesco Tonucci para aproximarnos ao mundo da XEOMETRÍA, pero que tamén explican que o mundo é fermoso porque é diverso... e composto:

 EL PAÍS DE LOS CUADRADOS
 EL PAÍS DE LOS CÍRCULOS


Buscamos información sobre polígonos, os seus elementos, a súa clasificación e falamos do perímetro. Tamén vimos uns curtiños de repaso:


Diferenciamos círculo e circunferencia. Distinguimos os  elementos máis importantes dunha circunferencia: centro, radio e diámetro. Tamén falamos de  corda, arco e sector circular. Repasamos cuns curtiños:


23/4/18

23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase a nivel mundial o Día do libro e adicámoslle un tempo especial nas nosas clases.
Lampi deixounos como agasallo unha carta e a historia de Don Bento, o porco fedorento que traballamos esta mañá.
No blog deixounos a historia de Rosa Caramelo, de Adela Turin, Ed. Kalandraka y Lumen. Ilustracións de Nella Bosnia. A protagonista é unha pequena elefanta. Trátase dun conto pola igualdade de xénero e a educación emocional. Ademais poderemos gozar moi pronto dunha versión teatral no Pazo da Cultura.

TERCEIRA SEMANA DE CHARLAS

LUNS 23 DE ABRIL
Comeza a terceira e última semana de exposicións individuais nas nosas aulas.
Hoxe escoitamos falar de:
- O youtuber Álvaro Herreros Martínez
- A batería
- Cabeza de Manzaneda
Paula, Marco e Marta expuseron os seus traballos, contestaron as nosas preguntas e recibiron un montón de aplausos.

https://photos.app.goo.gl/PbY4V9IcGoKciagw2
Máis fotos clicando na imaxe
 

MARTES 24 DE ABRIL
Charlas de hoxe tituladas:
-  Michael Jackson
-  Koalas
Monforte
-  O violín
Pablo José, Lucía,  Pablo e Sabela expuseron con moito interese os seus traballos.  O "público" gozou das súas explicacións e interpretacións, contestaron a moitas  preguntas e recibiron moitísimos aplausos.

https://photos.app.goo.gl/spPQIqtEp1WhsNHF3
Máis fotos clicando na imaxe
 
MÉRCORES 25 DE ABRIL
As exposicións de hoxe trataron sobre:
-  Os coellos
-  Super Mario Bross
Blanca, a miña hámster rusa
-  Leo Messi
As charlas estiveron a cargo de Sabela, Mario, Isabela e Pablo.
Podedes imaxinar que, tanto polas temáticas tratadas como pola ilusión posta nas ponencias que, o interese e atención do noso "público" estivo garantizada e tamén as numerosas preguntas e os aplausos finais.
https://photos.app.goo.gl/Mic0NOo4uBve6kQ53
Máis fotos clicando a imaxe

XOVES 26 DE ABRIL
Turno de exposicións sobre as temáticas seguintes:
-  O Sistema Solar
Kylian Mbappé 
-  Os minerais
-  O espazo
As charlas estiveron a cargo de Natalia, Hugo, Verónica e Analía.
Novo éxito co que rematamos as exposicións desta semana e xa impacientes en espera das últimas ponencias do luns.
Bravo!!! Estádelo facendo de marabilla...e o público tamén.

https://photos.app.goo.gl/iXtqMvAr1ztps7Oc2
Máis fotos clicando a imaxe


20/4/18

ARTE RUPESTRE NA ESCOLA - ROTEIRO

Hoxe realizamos un percorrido cultural para coñecer o patrimonio etnográfico e arqueolóxico na parroquia de San Martiño de Salcedo.

A visita guiada estivo a cargo do antropólogo Rafael Quintía Pereira.

Comezamos o percorrido no Monte das Croas, famoso castro protagonista da lenda da moura. Escoitamos falar de castros, fortificacións, murallas, tamén de lendas sobre mouras,  tesouros, pazos soterrados, encantamentos,  conxuros, serpes...
 
Visitamos o complexo etnográfico dos Muíños do Batán composto por catro muíños de auga. Entramos nun dos muíños para seguir unha breve explicación sobre o seu funcionamento, coñecer outro "cachiño" da nosa historia non tan afastada e aprender vocabulario novo (moa, inferno, rodicio...). Baixamos cara ao río e cruzamos unha ponte de madeira atravesando unha fermosa paisaxe.
Unha pequena camiñata abriunos o apetito e, cando chegamos ao punto de partida, fixemos un descanso para  repoñer forzas.
Chegou o momento da visita aos petróglifos no Mato das Cruces sobre o val de Tomeza. Vistas fantásticas, localizamos ao lonxe o noso colexio e o Hospital Montecelo. Observamos os gravados rupestres seguindo as explicacións do noso guía particular que ademais recreounos con máis lendas de mouras e tesouros.

Xa estamos sensibilizadas e sensibilizados sobre esta riqueza patrimonial e arqueolóxica que temos tan preto de nós. Podemos contribuír a difundila e coídala. No cole seguiremos...

Esta visita foi proposta desde o Servizo de Educación do Concello.

Rematamos felices unha xornada acompañada de moi bo tempo. Máis fotos no seguinte enlace:




19/4/18

ARTE RUPESTRE NA ESCOLA - CHARLA

Hoxe tivemos unha charla na biblioteca a cargo do historiador, especialista en arte rupestre, Buenaventura Aparicio Casado.
Recibimos información sobre arte rupestre, observamos e fixámonos en detalles de diferentes imaxes de petróglifos que temos moi preto do noso concello. 
O profesor B. Aparicio tamén sensibilizounos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente, axudar a manter a nosa contorna máis limpa e valorar o patrimonio que é de todas e todos.

https://photos.app.goo.gl/1Zwa60rl2KNXIQbU2
Rematou a súa intervención coa historia dun cervo narrada no libro "A pedra do cervo" da que é autor. 
 

Temos o libro adicado na nosa biblioteca cunha boa invitación final:
"Gozade da natureza galega e das obras de arte que atesoura".







TRABALLAMOS CON PLANTAS E SOBRE PLANTAS

Intentamos resolver cuestións sobre plantas que xurdiron na "praza do pobo" que fixemos hai uns días. Asi que recollemos información en libros, videos, contos e internet.
Lembramos que caracteriza as plantas como seres vivos. Distinguimos as partes das plantas en fotos, debuxos e na vida real. Visionamos un video de repaso para compartir na casa:


18/4/18

ESTAMOS NA PREHISTORIA

Comezamos a recoller información nova: en textos, videos, imaxes...
Visionamos unha presentación que debatimos e comentamos na clase.

Enganchamos algúns videos para traballar estes días na clase e poder compartir coa familia:
Video basado no conto CROMIGNON de Michael Gay da Editorial Corimbo:
 A historia da nena que descubriu o lume: