29/4/19

COMEZAMOS COS RECREOS INCLUSIVOS

O alumnado de 4º participa no proxecto de RECREOS INCLUSIVOS monitorizando alumnado de menor idade. Houbo sesións para organizar ao alumnado voluntario das nosas clases. Elaboramos instruccións, presentámonos ao alumnado que titorizaremos, localizamos as zonas e as señalizacións cos recantos e os xogos previstos...e xa estamos en marcha!!! 
VILAXOGOS
TOD@S   APRENDEMOS   XOGANDO
TOD@S   APRENDEMOS   DE   TOD@S 
TOD@S   GOZAMOS   XOGANDO
https://photos.app.goo.gl/hzPDggwLU3ibiGwz9
Tamén participamos de actividades titorizadas por alumnado de 5º e 6º. Nenas e nenos de 4º escollen obradoiros de TEATRO ou ESPAZO MAKER nalgúns recreos:

28 DE ABRIL - ELECCIÓNS

O domingo celebrabouse un acontecemento moi relevante para o goberno de España, AS ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES NO CONGRESO E NO SENADO.
Hai días que falamos desta noticia. Repasamos vocabulario relacionado: debate, democracia, Constitución, monarquía parlamentaria, urna, voto branco, voto nulo, partido, maioría, coalición, mesa electoral, censo electoral, programa, papeleta...
Seguimos as noticias na prensa impresa e dixital.
Tamén comentamos en matemáticas as diferentes maneiras de representar os resultados con diagramas de barras, sectores circulares...
Vimos e comentamos os tres videos seguintes:



28/4/19

PROPOSTA POR PARELLAS


Xa temos o calendario de maio co orde das parellas que presentarán un traballo escrito e oral en lingua galega.

Consistirá na explicación e posta en práctica, na medida do posible, dun EXPERIMENTO, dunha RECEITA ou dunha MANUALIDADE.

Esta semana decidimos que temática escollemos e planificaremos o traballo.
Temos que avisar antes do venres porque intentaremos evitar repeticións.

AGASALLO NA BIBLIOTECA


Desde o martes 23 de abril hai unha invitación na porta da Biblioteca.
A nosa curiosidade é grande, pero non coincidíamos nos horarios para averiguar en que consistía a proposta...



Hoxe baixamos moi intrigadas e moi intrigados, alguén apuntou que tiña que ver co ESPAZO MAKER.
Algunha razón tiñamos!!!


Tres personaxes MIND, DOC e BLUE BOC  e tres paneis con imaxes de contos e preguntas agardaban a nosa visita.

Comezamos a curiosear e organizámonos como equipos para poder traballar cos tres robots.
 
Pasámolo xenial, aínda que soubo a pouco. A profe díxonos que repetiremos actividade para pasar polos tres recantos.
Velaquí as fotos:
https://photos.app.goo.gl/cTvhsNS4YUXKorqL7


26/4/19

ACTIVIDADE INFORMATIVA con XOGA na BIBLIOTECA

Hoxe asistimos a unha charla na Biblioteca a cargo de Pilar, membro da organización de discapacidade sensorial de Galicia (Xoga) que viña acompañada por Alba como intérprete da súa linguaxe de signos. 
Coñecimos un chisquiño mellor as dificultades e o modo de superalas da xente xorda. Comprobamos a necesidade de que cada vez haxa máis persoas que coñezan a lingua de signos e poidan usala para comunicarse porque asi facilitamos a integración das persoas con pérdida auditiva e potenciamos habilidades comunicativas diferentes. 
Estivemos moi atentas e moi atentos, fixemos moitísimas preguntas. Tamén "practicamos" como se din  algúns nomes relacionados coa familia ou cos animais.

https://photos.app.goo.gl/ruD3mzQ32B7jZSTo9
Preme no collage para ver máis imaxes
MOITAS GRAZAS XOGA!!!

25/4/19

ACTIVIDADES CON PRENSA

Esta semana adicamos un chisquiño máis de tempo as actividades con prensa escrita e dixital.

As propostas foron moi variadas:
Os números da portada.
Localización de diferentes seccións.
Traballo cunha noticia.
Información e previsión meterolóxica.
Tiras cómicas.
Pasatempos.
Información local, autonómica, nacional e internacional.
Publicidade.
Propaganda electoral.
Enquisas electorais.
Programación de radio e televisión.
--------------------


24/4/19

REGRESOU "A NOSA REVOLUCIÓN"

O libro con todas as "revolucións" do cole xa está con nós. 
Estes días está circulando polas aulas para que poidamos coñecer con máis detalle as propostas presentadas polas demais clases. 
Observamos, manexamos e limos con interese para poder comentar en gran grupo. 

Chamaron a nosa atención:
-As letras e os debuxos de Infantil. Os elementos empregados nos logos, iguais pero en composicións diferentes.
-As historias reivindicativas dos grupos de 1º.
-As "artistadas" dos grupos de 2º.
-As historias dos grupos de 3º e a linguaxe Braille sobre un dos traballos.
-Os nosos traballos, recordamos que parte fixemos cada un de nós e como chegamos a eses acordos.
-Os lemas reivindicativos dos grupos de 5º que compartimos.
-A estética e presentación dos grupos de 6º que dixemos que parecían "moi profesionais"...
https://photos.app.goo.gl/D8bPvqgzfbHjjUyf8https://photos.app.goo.gl/D8bPvqgzfbHjjUyf8


TERCEIRA SEMANA DE CHARLAS

Xa estamos de novo gozando das charlas das nosas compañeiras e dos nosos compañeiros.

MÉRCORES 24 DE ABRIL:

- Animais híbridos
- O futbolista Luis Suárez
- As palmas de Pascua
- A Prehistoria
Comezou a nova tanda de charlas con  Gael e  Pablo Pérez de 4ºB, Carmen e Mateo Carrera de 4ºA. Exposicións amenas que causaron o noso interese, con moitas preguntas e con aplausos finais.

https://photos.app.goo.gl/YX8cq5TqosN41G9s5


XOVES 25 DE ABRIL:

- O polbo de aneis azuis
- Susana Rodríguez Gacio, un exemplo de superación
- A miña viaxe a Londres
- O futbolista Salah
Hoxe escoitamos con moita atención ás nosas compañeiras e compañeiro Atenea e Marta de 4ºA, Adriana e  Hugo de 4ºB. Foron charlas moi enriquecedoras e fixemos moitas preguntas.

https://photos.app.goo.gl/6z9FNreVpPP3FXgr7

23/4/19

22 de ABRIL - DÍA DA TERRA

Hoxe comentamos na clase que onte, 22 DE ABRIL,  nos medios de comunicación falouse do DÍA DA TERRA, festividade  creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer ao noso planeta. 
Con esta celebración preténdese aumentar a preocupación polo medio ambiente  e os problemas ambientais. 
Nós relacionamos esta preocupación polo noso planeta cos proxectos da atmosfera, a hidrosfera e as enerxías...
 
QUE OBSERVAMOS? 

QUE PODEMOS FACER NÓS POR MELLORAR A SITUACIÓN?

QUE FAN OS GOBERNOS? QUE PODERÍAN FACER?

Podemos comezar por facer un MUNDO MELLOR, coas TRES ERRES, tomamos nota:

R - REDUCIR
R - REUTILIZAR
 R - RECICLAR

12/4/19

GOZAMOS COA LECTURA

Unha proposta para estas vacacións:
 -VIAXAR SEN MOVERSE
-GOZAR DE GRANDES AVENTURAS
-INVESTIGAR
-REÍR
-EMOCIONARSE
-DESCUBRIR
...e todo esto nas nosas mans.
Aquí temos a resposta:
Escollimos na nosa biblioteca diferentes propostas lectoras que comentaremos nuns días.
https://photos.app.goo.gl/vE4xmTNQJfjoSdae8 Hoxe na biblioteca empregamos para ler un libro electrónico, libro dixital ou ciberlibro -en inglés, o termo é o de e-book -.
Comprobamos como era o seu manexo:
Limos dous relatos do libro "Cuentos para entender el mundo" de Eloy Moreno que nos gustaron moito. Sorprendeunos que era en branco e negro.
Destacamos algunhas das súas vantaxes:
-Non gastamos papel e tinta.
-É doado de transportar.
-Non pesa e pode "cargar" moitos libros.
-Pódese aumentar o tamaño de letra.

11/4/19

COMENTA NOTICIA



A seguinte imaxe foi noticia estes días en todos os xornais e informativos...
Sabedes de que estamos a falar?

Pista: TELESCOPIO

Aportade os vosos comentarios.




8/4/19

VOTAMOS A NOSA PALABRA PREFERIDA

A proposta do EDL buscamos a nosa palabra preferida relacionada cos sentimentos e as emocións...Todas e todos propuxemos palabras nas nosas clases. Agora, como no curso pasado, que escollimos a palabra ALOUMIÑO, a decisión está nas nosas mans...








Sorteamos os membros das mesas electorais. Seguimos todos os pasos dunhas eleccións:
-Urna para depositar os votos, custodiada polos membros das mesas.
-Censo de votantes coas listaxes de cada clase.
-Papeletas.
-Votación.
-Reconto dos votos en público con representantes dos equipos.
-Acta dos escrutinios.
-Exposición dos resultados.
Velaquí as imaxes do proceso:
https://photos.app.goo.gl/A3P5iiHbxZQP59nD7
https://photos.app.goo.gl/ck99bhfX9Ee1TsCw5

As palabras máis votadas foron:
LEDICIA na clase de 4º A
ACOUGO na clase de 4º B

SEGUNDA SEMANA DE CHARLAS

LUNS 8 DE ABRIL
 
- O xogo das chapas
- NIKE
- Inventos
- Lolo, o meu can
Comezou a semana coas charlas de Eladio e  Lucas de 4ºA, Mario e Paula de 4ºB.  Escoitamos falar de temas variados, amenos e con moitas curiosidades. Houbo preguntas e rematamos con aplausos.
https://photos.app.goo.gl/HVmU2htmZTHT1cbt7

MARTES 9 DE ABRIL
 
- Amazonas
- A miña gata Luna
- The Crazy Haacks
- Cristiano Ronaldo
Hoxe as charlas estiveron a cargo de Eloy e Saray de 4ºA, Elia e Sabela de 4ºB.  Escoitamos con atención e fixemos moitas preguntas. Como en días anteriores houbo moitos aplausos.

https://photos.app.goo.gl/5kHbDYJ7sv24Sv2L7

https://photos.app.goo.gl/tUuSHPBLG7e2PSxw9
MÉRCORES 10 DE ABRIL
 
- Mata Hari
- Ameba Comecerebros
- Os cinco deportes máis coñecidos do mundo
- As tartarugas
- O meu pitiño Kuki 
As charlas estiveron a cargo de Sara e Raúl en 4ºB e Sara, Verónica e Analía en 4ºA.  Escoitamos con moita curiosidade e fixemos moitas preguntas.
https://photos.app.goo.gl/uo7mxHXx8uVTBV7C6
https://photos.app.goo.gl/3VWQWfvK5hkxTZX49


XOVES 11 DE ABRIL
 
- Big Bang
- Google
- Portiro Courtais
- A miña cadela Luna
Escoitamos as charlas a cargo de Hugo e Álex de 4ºA, Raúl e Aimée de 4ºB.  Resultaron moi amenas e rematamos con  preguntas e aplausos.
https://photos.app.goo.gl/7VUYjft7MW84zNmH9
https://photos.app.goo.gl/G5MqTCgDvNGUyys38
Agora toca esperar un chisquiño máis porque as próximas charlas serán xa no terceiro trimestre...

5/4/19

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO


https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81nxela_Loureiro
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/choiva-de-ras-de-nxela-loureiro-con-ilustracions-de-xose-tomas

Hoxe foi un día moi especial. Despois de levar un tempiño coa lectura do libro CHOIVA DE RAS publicado pola Editorial Xerais, que mellor maneira de rematar o trimestre que coa visita da súa autora ÁNXELA LOUREIRO FERNÁNDEZ ?
Esta semana lembramos algúns detalles e curiosidades dos diferentes capítulos, limos sobre a súa biografía e preparamos moitas preguntas...

A primeira novidade foi o lugar de encontro porque non foi na biblioteca como é habitual cando falamos de libros, pero todo tiña explicación...

Xuntámonos na aula de Música porque Ánxela Loureiro ademais de mestra, escritora ou guionista... tamén ten moita relación coa Música. "Compón" diferentes textos e para diferentes públicos...toda unha SORPRESA porque falou da súa obra, cantou rimas do libro acompañada da guitarra e fíxonos participar con entusiasmo a todas e a todos.

Houbo tempo de preguntas, moitos aplausos e rematamos coa sinatura e dedicatoria nos nosos libros que agora teñen un aloumiño engadido nas primeiras páxinas. Foi unha sesión moi entretida e amena.

Velaquí imaxes do encontro:
Preme para ver máis imaxes

OBRADOIRO PLAY ENERGY

E a visita sobre enerxía chegou de mans da Fundación Endesa. 
Hoxe participamos nun taller itinerante presentado por Sandra e Juan que nos esperaban na Biblioteca do centro. Falamos de enerxía, fontes e tipos, electricidade, turbinas, xeradores, muíños...
Repasamos moito do traballado estes días nas nosas clases.
Comentamos o uso eficiente e racional da electricidade e a toma de conciencia sobre o valor da enerxía para unha mellor calidade de vida coa axuda de xogos e de experimentos dinámicos. 
Foi unha actividade moi amena e divertida. A próxima semana seguiremos traballando sobre enerxías nas nosas aulas, pero recordaremos moito do aprendido hoxe...
Velaquí imaxes das dúas sesións:
https://photos.app.goo.gl/YtezPrxUs8x6TRks7 
https://photos.app.goo.gl/YtezPrxUs8x6TRks7
Premendo nas imaxes podemos entrar no álbum.