25/2/19

ALUMINIOS CORTIZO EN PADRÓN

Estes últimos días buscamos información sobre o aluminio e a empresa que imos visitar o próximo martes 26.
Trátase dunha empresa moi importante de ámbito internacional con sede central no concello de Padrón.
Buscamos na rede a páxina web da empresa https://www.cortizo.com/
e comezamos a facernos un montón de preguntas sobre o aluminio e o seu proceso productivo.
Video da empresa 
Na clase traballamos cos seguintes videos:
Cuestiones interesantes sobre el aluminio
Proceso del aluminio

Tamén buscamos información sobre a bauxita.
Estamos recollendo información sobre o aluminio e familiarizándonos cun montón de vocabulario novo...


O aluminio pode reciclarse. 
Este proceso implica  refundir o metal, eso abarata custos e consume moita menos enerxía que a produción de aluminio a partir da electrólise da alúmina obtida da bauxita.

Pasos na reciclaxe dunha lata de alumnio

Martes, 26 de febreiro 
VISITA Á SEDE CENTRAL DE ALUMINIOS CORTIZO

Chegou o día! Estabamos cheas e cheos de curiosidade. Sabíamos que era unha empresa enorme e que veríamos in situ moitas das informacións traballadas na aula, pero a realidade superou as nosas expectativas.
Recibiunos Manuel Santiago, técnico de formación, que nos acompañou toda a visita con explicacións claras e amenas.

Era importante insistir nas normas de seguridade, tivemos que vestir chaleco e casco protector e poñer tapóns nos oídos. Durante o percorrido polas instalacións seguimos instruccións da persoa encargada da visita e do noso profesorado procurando no interferir nas zonas de traballo. Os desprazamentos entre edificios fixémolos no autobús.
A visita comezou na planta de fundición, onde comprobamos que o aluminio empregado na carpintería da empresa procede de outros aluminios reciclados. Nesta planta vimos un forno onde os "paquetes a reciclar" se funden a temperaturas que alcanzan os 1000ºC.
Pasamos despois a planta de prensa extrusión onde os "cilindros de aluminio" toman a forma dos perfís.
Sorprendeunos o impresionante almacén automatizado e visitamos a zona de anodizado observando desde os ventanais o tratamento do aluminio.
Finalmente, pasamos pola zona expositora con modelos de carpintería en aluminio.
Rematamos a nosa visita coa invitación a  unha merenda e uns agasallos de recordo.
Preme para ver máis imaxes



Foi unha visita xenial!!!

21/2/19

ROBÓTICA e POESÍA CON ROSALÍA

Esta semana para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro,  afondamos na súa biografía e na súa obra. Todos os cursos temos previstas actividades con xogos tipo trivial de pregunta-resposta seguindo un circuito con robots.
Velaquí fotos practicando na sesión de hoxe:
https://photos.app.goo.gl/iWc6uxn92T3X8VocA
Preme para ver máis fotos


https://photos.app.goo.gl/iWc6uxn92T3X8VocA
Preme para ver máis fotos
Tamén estamos traballando o poema ADIOS RÍOS, ADIOS FUENTES nas clases de Lingua e Música.

20/2/19

CHARLA sobre HIXIENE BUCODENTAL

Para rematar o noso pequeno proxecto sobre os dentes, asistimos na biblioteca a unha charla-coloquio da hixienista bucodental Fátima da Clínica Marta Moreno de Vilaboa. Seguimos as súas amenas explicacións sobre a necesidade de manter unha boa limpeza da boca e de como facelo. Fixemos moitas preguntas. Ao final,  entregóusenos  un pequeno agasallo para poñer en práctica as medidas aprendidas.
Moitas grazas Fátima!!!
Preme para ver máis fotos
Preme para ver máis fotos

18/2/19

CHEGA O ENTROIDO

Luns, 18 de febreiro
Recibimos a segunda carta de Vilaverdiño...quedan poucos días para o Entroido. Estamos xa un chisquiño revolucionadas e revolucionados. Será polo Entroido ou será pola Revolución...

Así estamos...aproveitamos calquera momento para darlle voltas ao tema e argallando diferentes posibilidades.
Pensemos, pensemos...e que teña que ver con temáticas, proxectos, saídas...
Mañá posta en común e MANS Á OBRA.

-----------------------------------------------------
Martes, 19 de febreiro
E a voltas estivemos: revolución dos decimais, dos dentes, dos ríos e mares, de fábricas, de industrias, de máquinas, de inventos, da informática, da robótica...e asi prendeu o lume.
Recordamos o entroido pasado, e témolo claro...a nosa será unha REVOLUCIÓN ROBÓTICA
----------------------------------------------------------------------------------
Mércores, 20 de febreiro
Estamos en proceso de deseño. Queda pouco tempo. Vilaverdiño espera...

COMPOSTAXE NO COLE

Hoxe na clase limos o conto "Aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra” sobre as vantaxes da compostaxe. Despois comentamos, buscamos e anotamos información sobre compostaxe, compost, composteira, reciclar, residuos, abono...
Na última sesión, asistimos na biblioteca a unha charla-coloquio do Plan Revitaliza para ampliar información sobre a compostaxe. Tomamos boa nota de todo porque pronto termos unha actividade práctica no laboratorio...ademais as palabras COMPOSTEIRA E HORTO serán pronto unha realidade no noso colexio.
https://photos.app.goo.gl/7iicGcdRoPQ567M69

15/2/19

CORAZÓN

En Plástica continuamos traballando co pregado de papel. Esta semana tocou un corazón...
Seguimos, paso a paso, as instruccións e comparamos coa explicación do video: Corazón origami Krokotak
Puxemos moito interese e velaquí os resultados:

14/2/19

OS DENTES

Comezamos un pequeno proxecto sobre os dentes. Sabemos algunhas cousiñas, pero queremos saber máis...
Para poñer un chisco de acción e imaxinación vimos unha animación moi chula feita por uns estudantes franceses sobre o traballo do rato Pérez:
Trouxemos da biblioteca o libro DIENTES do autor xaponés Genichiro Yagyu (Coleción EL MAPA DE MI CUERPO-Ed MEDIA VACA) que limos e comentamos. Fomos apuntando unha chea de anécdotas e recollimos a clasificación e funcións dos dentes:
O seguinte curto explícanos de maneira divertida que son as caries:
No seguinte enlace atoparemos unha das aventuras animadas de Dr. Muelitas:
Doctor Muelitas y los Defensores de los dientes

11/2/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, día 11 de febreiro, por iniciativa das Nacións Unidas celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Unímonos a esta celebración de sensibilización pola participación equitativa e activa da muller no mundo científico con diferentes actividades:

-Traballamos co libro ADA MAGNÍFICA CIENTÍFICA que trouxemos da biblioteca.
- Vimos tamén a mensaxe en video de Jane Goodall ás nenas que queren ser científicas sobre a que despois comentamos.

8/2/19

LA NIÑA INVISIBLE

Co mes de febreiro comezamos a lectura do libro LA NIÑA INVISIBLE de David Peña Toribio, máis coñecido polo pseudónimo de Puño.
A protagonista é unha nena chamada Trog que vive na Prehistoria e pasa por moitas aventuras...Estamos "lanzadas e lanzados" coa súa lectura. Son capítulos curtiños e sábenos a pouco ir de un en un...asi que avanzamos con ilusión.
A MAIOR AVENTURA É PODER DECIDIR CAL QUERES QUE SEXA A TÚA AVENTURA.
A nosa aventura agora e gozar da historia desta nena intrépida que afronta perigos e dificultades con valentía.

RÍOS E RÍOS

Falamos de augas doces e augas salgadas. Ampliamos información. Visionamos os curtos de Eduteca sobre OS RÍOS e AS VERTENTES FLUVIAIS DE ESPAÑA:


 
Curiosidades:
Por que hai auga nos ríos cando non chove?

No blog da profesora Adela Leiro http://www.adelaleiro.com/index.aspx atopamos información moi interesante sobre os ríos. Comentamos dúas presentacións das que colgamos os enlaces:

OS RÍOS

OS RÍOS GALEGOS

A BIBLIOTECARIA DE BASORA

Esta é unha historia real que aconteceu na cidade de Basora en Irak. Durante a guerra de Irak (2003-2011), a bibliotecaria de Basora loita por salvar os libros. O amor á literatura e o respecto polo coñecemento non ten fronteiras. 
Conto precioso escrito e ilustrado por Jeanette Winter publicado por Editorial Juventud e interpretado neste video por Beatriz Montero. 
Gustounos moito e serviunos para comentar e reflexionar na aula. Tamén é revolución, tamén é unha loita pola paz. Agora queremos compartilo coas nosas familias.

4/2/19

UNHA HISTORIA EXTRAORDINARIA

Rematamos o noso traballo dos sentidos.
Nas últimas sesións vimos as maquetas dun oído e dun ollo que están no laboratorio. Desarmamos e montamos as pezas para identificar as partes de cada un destes órganos.
Completamos fichas de cada sentido co resumo da información traballada.
---------------------------------------
Dedicamos un tempiño  a coñecer a linguaxe de signos. A canción LA MURALLA foi interpretada tamén con xestos na celebración do DÍA DA PAZ.

Observamos con moita curiosidade material escolar con linguaxe Braille: textos, esquemas, contas de dividir, planos, mapas...Tamén aprendimos como é unha máquina Perkins. Nuria explicounos como funciona esta máquina de escritura Braille e fixemos unha pequena práctica.
https://photos.app.goo.gl/L7nLsneMrUr8WTsi9


https://photos.app.goo.gl/s28qri6kSgi5ryqv6
Coñecimos a extraordinaria historia de HELEN KELLER e a súa educadora ANNE SULLIVAN. Unha historia real de esforzo e superación que nos deixou moi impactadas e impactados. Interesámonos por coñecer máis... averiguamos algúns datos biográficos, localizamos gravacións reais, escoitamos un conto coa súa admirable historia. Deixamos os enlaces para compartir:
 
Neste video producido no ano 1928, Anne Sullivan explica como traballou con Helen Keller e podemos escoitar as súas voces.

1/2/19

NÚMEROS DECIMAIS

Medidas, temperaturas, euros e céntimos...
Teño 37º e pico, non chego a 38º.
Peso 25 Kg e algo.
O bocadillo custa medio euro.
Os números decimais serven para expresar ese pico, ese algo...que pasa dun número enteiro.
Deixamos xogos online para practicar na marxe esquerda da pantalla.

ACENTUACIÓN - 1

Clasificamos as palabras pola súa sílaba tónica. Realizamos actividades para distinguilas e deixamos  un video, un esquema  e uns xogos para seguir practicar:



Clica para comezar a practicar