16/4/18

SEGUNDA SEMANA DE CHARLAS

LUNS 16 DE ABRIL
Comeza a segunda semana de exposicións individuais nas nosas aulas. A curiosidade segue sendo enorme e a compensación tamén: aprendemos, respectámonos, coñecémonos mellor, organizámonos, buscamos informacións, montamos o guión, aportamos diferentes materiais que compartir...
As temáticas de hoxe foron:
- Baloncesto
- Cabalos
- A miña mascota Tomy
- A rá
- A miña viaxe na Semana Santa
- Excavadoras
Mauro, Aimeé, Raúl, Alba, Mateo e Álvaro expuseron os seus traballos, contestaron as preguntas do grupo e recibiron os aplausos de todas e todos nós.
Máis fotos clicando imaxe
MARTES 17 DE ABRIL
As exposicións de hoxe tiveron por título:
- Ariadna Grande
- David Bisbal
- Rasi, o meu agaporni
- Os dez animais máis intelixentes
Foi o turno de Elia, Adriana, Mateo e Miguel que, coas súas aportacións sobre ídolos, mascotas e curiosidades animais, fixéronnos pasar uns minutos moi entretidos. Novamente, moitas preguntas e moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/vFvd84Mith0qlTEq1
Máis fotos clicando imaxe
 Esperamos con impaciencia a última semana de charlas do mes...




1 comentario: