O Salón de Libro Infantil e Xuvenil estrenou hoxe o conto musicado "Catrina e Dona Francisca". A interpretación musical estivo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a narración por Paula Carballeira.
Levamos uns días preparando esta saída: averiguamos quen é Catrina, falamos dos instrumentos da Orquestra Filharmónica e a súa disposición, traballamos coa biografía de Paula Carballeira.
Seguiremos comentando coa profe Lola na clase de Música e traballaremos as actividades plásticas relacionadas coas nosas profes-titoras.
Pasámolo moi ben, disfrutamos coa historia, aplaudimos moito e ao saír posamos con Orbil, mascota do Salón, e tamén falamos un chisquillo coa escritora e contacontos Paula Carballeira que posou con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario