31/1/19

NOVAS ACTIVIDADES ONLINE

Presentamos novos xogos na parte esquerda da pantalla para traballar a habilidade visual, a comprensión e a velocidade lectoras: 
 - Entrenamento do músculo do ollo. 
 - Salto do ollo. - Lectura por palabras. 
 - Lectura por pseudopalabras. 
 - Lectura por columnas. 
Animádevos!!! Canto máis practiquemos, mellores resultados lograremos. É importante ser constantes para alcanzar o éxito en todas as actividades.

30/1/19

UNHA REVOLUCIÓN POLA PAZ

Todo comezou cun lema:  "UNHA REVOLUCIÓN POLA PAZ".

Hipotetizamos sobre o contido da presentación e démoslle voltas ao significado da palabra REVOLUCIÓN: guerra ou pelexa, rachar coas normas, protestar, revelarse contra alguén ou contra algo, a Revolución Francesa, infrinxir unha lei...
https://photos.app.goo.gl/C6eeieyVWZvpLc7b8
Traballando co dicionario revisamos os posibles significados da palabra revolución:

-CAMBIO VIOLENTO POLÍTICO.
-CAMBIO RÁPIDO E PROFUNDO.
-XIRO, VOLTA, MOVEMENTO ROTATORIO.
-ALBOROTO, DESORDE.
-LOITA PARA CAMBIAR UNHA SITUACIÓN.

Semana 21 - 25 de xaneiro:

E de revolución en revolución, observamos unhas imaxes que aparecían nas diapositivas traballadas na presentación.

Ao final aparecía a palabra LOGO ou logotipo definida no dicionario como "distintivo formado por letras ou símbolos, que serve de emblema a unha organización, empresa, conmemoración, marca ou produto".

Puxémonos a traballar con moita ilusión como pode verse nas imaxes:
https://photos.app.goo.gl/WsxpszZhwEBB9a8i6 
https://photos.app.goo.gl/WsxpszZhwEBB9a8i6
Martes, 29 de xaneiro:
Hoxe era o día previsto para elexir o logo de aula entre os realizados por equipos (4ºA) ou parellas (4ºB). Que difícil decisión! 
Os logos representarán un labor de equipo/grupo que terá unha segunda parte escrita que xa comentaremos.
Chegar a un acordo sempre implica falar, convencer, ceder, compartir, "saber perder", "saber gañar"...eso tamén é unha aprendizaxe coa que convivimos todos os días. Reforzamos o labor de equipo e o espíritu de grupo. 
Unha vez feita a votación e tomada a decisión, comprometémonos a repectala.


Mércores, 30 de xaneiro:
E hoxe, antes do recreo, celebramos no colexio O DÍA DA PAZ, despois de ter reflexionado sobre a paz, a revolución e as nosas aportacións.
Baixamos ao patio cos logos de cada aula e colocámonos no lugar marcado para cada nivel.
Cantamos A MURALLA - Nicolás Guillén coa lingua de signos.
As encargadas e os encargados de cada grupo explicaron o logo.
Velaquí algunhas imaxes do acto:

Preme na imaxe para ver máis fotos
Preme na imaxe para ver máis fotos





28/1/19

SENTIDO DO TACTO

Vocabulario: PEL - TERMINACIÓNS NERVIOSAS - SENSACIÓN TÁCTIL - EPIDERME - DERME - HIPODERME - XEMA DUN DEDO
 
Visionar o video desde o minuto 1:30

22/1/19

SENTIDO DO GUSTO

Vocabulario: LINGUA - PAPILAS GUSTATIVAS -  SABORES - DOCE - ÁCIDO OU ACEDO - SALGADO - AMARGO - UMAMI
Visionar video desde minuto 1:30

SENTIDO DO OLFACTO

Vocabulario: OLFACTO - FOSAS NASAIS - PITUITARIA - NERVIO OLFACTIVO
Visionar video desde minuto 1:30

21/1/19

CICLO DA AUGA

O fenómeno coñecido como ciclo da agua é aquel que fai que a auga vaia pasando polos seus diferentes estados (líquido-sólido-gasoso) en diferentes momentos para manterse sempre como un dos elementos máis importantes do noso planeta.
A auga é imprescindible para a vida. O ciclo da auga fai posible a súa constante transformación e renovación. 
Ademais do traballo de aula, as lecturas e os comentarios, podemos visionar curtos que nos axuden a recordar e resumir a información:

15/1/19

SENTIDO DA VISTA

Comezamos polo sentido da vista.
Vocabulario: OLLOS - PÁLPEBRAS - CELLAS - PESTANAS - IRIS - PUPILA - NERVIO ÓPTICO
Visionar video desde minuto 1:30

E TOCA REPARTIR

Xogamos a repartir unha pizza, unha tarta, unha empanada...e chegamos as fraccións.
.Que son
.Como se representan
.Como se len
Visionamos o seguinte curto de Eduteca que recolle o que imos traballando: 

 Na zona esquerda do blog temos uns enlaces para practicar.

14/1/19

MOITA, MOITA AUGA


 
Comezamos o noso traballo sobre a HIDROSFERA, que definimos como o conxunto de toda a auga da Terra
Comentamos onde podemos atopar auga: mares, oceános, ríos, lagos, lagoas, glaciares, augas subterráneas...Auga que pode ser doce (3%) ou salgada (97%).
Falamos dos estados da auga: sólido, líquido e gasoso.

Buscamos e recollemos información nos libros e internet, lemos, completamos esquemas e facemos resumos.
Axudámonos tamén duns videos curtiños:



11/1/19

ACTIVIDADES PLÁSTICAS EN 3D

Realizamos actividades con plegado de papel. Neste mes daremos especial protagonismo á PAPIROFLEXIA ou ORIGAMI. Comezamos cun cadro de motivos invernais:
https://photos.app.goo.gl/PkWAVmtv1dXxfAQc9
E asi de chulísimas quedaron as nosas paisaxes invernais:
Preme se queres ver máis fotos

OS SENTIDOS

Seguimos traballando sobre a función de RELACIÓN. Agora comezamos cos SENTIDOS. Nas primeiras sesións visionamos dous curtos que nos serviron para comentar e recordar moita información de cursos anteriores. 
O curto "OUT OF SIGHT" (Fóra de vista) conta a historia dunha nena que coñece o mundo de maneira diferente por medio dos sentidos... 
O curto de Camaleón achéganos ao mundo dos sentidos dunha maneira moi divertida:
A partir da próxima semana veremos con máis detalle cada un dos cinco sentidos.