18/4/18

VISITA AO XIX SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA


Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Orbil, mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.

 











Asistimos a unha sesión de CONTACONTOS con moita atención e participación.
https://photos.app.goo.gl/3EvuIRr5jVlT6MBl1
Máis fotos clicando na imaxe
A continuación, fixemos unha visita guiada polas salas cos traballos escolares dos diferentes coles. Buscamos con ilusión os traballos do noso cole, especialmente, as descricións das nosas protagonistas. Atopamos a foto dunha profe, tamén escritora, do noso cole...Tamén pasamos por recunchos onde as monitoras Elena e Paula explicáronnos detalles sobre pioneiras de Galicia en diferentes ámbitos, sobre cadros con mulleres lectoras, sobre México...


Ata o día 29 de abril podemos visitar o Salón do Libro e participar en moitas actividades, obradoiros, contacontos e lecturas variadas.
O ano próximo máis... 

Esperamos os vosos comentarios.

17/4/18

RECTAS E ÁNGULOS

Aplicamos a información aprendida sobre líneas e ángulos dos últimos días.
Visionamos como repaso os seguintes videos:
 
 

16/4/18

SEGUNDA SEMANA DE CHARLAS

LUNS 16 DE ABRIL
Comeza a segunda semana de exposicións individuais nas nosas aulas. A curiosidade segue sendo enorme e a compensación tamén: aprendemos, respectámonos, coñecémonos mellor, organizámonos, buscamos informacións, montamos o guión, aportamos diferentes materiais que compartir...
As temáticas de hoxe foron:
- Baloncesto
- Cabalos
- A miña mascota Tomy
- A rá
- A miña viaxe na Semana Santa
- Excavadoras
Mauro, Aimeé, Raúl, Alba, Mateo e Álvaro expuseron os seus traballos, contestaron as preguntas do grupo e recibiron os aplausos de todas e todos nós.
Máis fotos clicando imaxe
MARTES 17 DE ABRIL
As exposicións de hoxe tiveron por título:
- Ariadna Grande
- David Bisbal
- Rasi, o meu agaporni
- Os dez animais máis intelixentes
Foi o turno de Elia, Adriana, Mateo e Miguel que, coas súas aportacións sobre ídolos, mascotas e curiosidades animais, fixéronnos pasar uns minutos moi entretidos. Novamente, moitas preguntas e moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/vFvd84Mith0qlTEq1
Máis fotos clicando imaxe
 Esperamos con impaciencia a última semana de charlas do mes...




15/4/18

PREPARAMOS SORPRESA

Esta semana temos previstas dúas actividades relacionadas co proxecto de Sociais.
Unha desevolverase na nosa bilioteca o xoves 19.
Outra realizarase preto de Pontevedra este venres 20.
Ide pensando...
As pistas nas seguintes imaxes:


Resposta ao clicar neste enlace

9/4/18

PRIMEIRA SEMANA DE CHARLAS

LUNS 9 DE ABRIL
- A Torre Eiffel
- Volcáns
- Fútbol
Expectación enorme. As clases de 3º acolleron a presentación das tres primeiras charlas.
Eloy, Hugo e Sela explicaron o seu traballo e contestaron as preguntas do "público". Houbo  interese, atención e curiosidade. Rematamos cada sesión con moitos aplausos.

Máis fotos clicando sobre a imaxe
Máis fotos clicando a imaxe


























 MARTES 10 DE ABRIL
- O tigre
- O león
- Os xoguetes
- O fútbol
Hoxe foi o turno de Jorge, Mateo, Eladio e Adam. Máxima atención nas clases. O mellor foi "a roda de prensa"cando remataron as súas exposicións e contestaron a moitas preguntas...

https://photos.app.goo.gl/GcUbYVku4ujyYnOP2
Máis fotos clicando imaxe
MÉRCORES 11 DE ABRIL
- A tartaruga
- París
- A miña cadela Perla
Turno de Gael, Lucía e Brais. Público entusiasmado, historias de viaxes e mascotas que chegaron ao noso corazón...e tamén moitísimas preguntas.

Máis fotos clicando imaxe
XOVES 12  DE ABRIL
- Guepardos
- Cans
- O corazón
- Xogos
- Patinaxe
- Balonmán
Hoxe asistimos con moita curiosidade as charlas impartidas por Naia, Gabriel, Thiago, Diego, Carmen e Rubén. Estamos felices gozando con traballos dos que aprendemos moitísimo e compartindo grandes momentos.


https://photos.app.goo.gl/U0bptkm2AOBQGhda2
Máis fotos clicando imaxe
VENRES 13  DE ABRIL
- Chayanne
- Cristina Pato
- YouTube
- As estacións
Rematamos a semana coas exposicións preparadas por  Nuria, Sara, Atenea e Lucas. Fantásticas intervencións e moitas preguntas. Non faltaron os aplausos.


https://photos.app.goo.gl/sawOUcTOjne3ZL6B2
Máis fotos clicando imaxe
Esperamos con ilusión as charlas da próxima semana...

6/4/18

IMOS DE CONCERTO: CATRINA e DONA FRANCISCA


O Salón de Libro Infantil e Xuvenil estrenou hoxe o conto musicado "Catrina e Dona Francisca".  A interpretación musical estivo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a narración por Paula Carballeira.
Levamos uns días preparando esta saída: averiguamos quen é Catrina, falamos dos instrumentos da Orquestra Filharmónica e a súa disposición, traballamos coa biografía de Paula Carballeira. 
Seguiremos comentando coa profe Lola na clase de Música e traballaremos as actividades plásticas relacionadas coas nosas profes-titoras.
Pasámolo moi ben, disfrutamos coa historia, aplaudimos moito e ao saír posamos con Orbil, mascota do Salón, e tamén falamos un chisquillo coa escritora e contacontos Paula Carballeira que posou con nós.
  

EXPOSICIÓNS DE ABRIL

Este mes organizamos un ciclo de charlas con tema libre en galego ou castelán. 
A exposición oral será individual pode acompañarse con fotos, murais, esquemas, diapositivas, maquetas... e terá unha duración máxima de dez minutos. 
Sorteamos a orde de participación uns días antes das últimas vacacións.
A listaxe dos temas é moi variada e xa estamos desexando comezar...
Atención ao próximo luns 9 de abril!!!