30/11/18

PARLAMENTO GALEGO

Da Constitución ao noso Estatuto de Autonomía. Do ano 1978 ao ano 1981.
Comezamos a documentarnos sobre o noso Parlamento da man dos Bolechas co capítulo:
e co xogo enlazado na marxe esquerda do blog.
Recollemos información en diferentes formatos, limos e resumimos as informacións con esquemas. 
Himno subtitulado

4 DE DECEMBRO DE 2018: VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

Visita virtual
Visita virtual

E chegou o gran día...a esperada visita ao noso Parlamento. Estabamos cheas e cheos de curiosidades. 
Acompañounos durante o percorrido Higinio, guía do Parlamento, que fixo a visita moi amena e proveitosa.

Velaquí algunhas imaxes das salas polas que pasamos, tamén fixemos un minidebate entre as dúas clases na biblioteca do Parlamento:
Clica para ver máis fotos
Clica para ver máis fotos
O mellor non está fotografiado, pero podemos contar que celebramos o aniversario da nosa Constitución asistindo ao Pleno do Parlamento desde a Tribuna de Público
Estivemos moi caladiñas e caladiños escoitando a intervención dunha diputada, observamos como se desenvolveron  dúas votacións e seguimos uns minutos a intervención da Conselleira de Mar. O Presidente do Parlamento, Miguel A. Santalices, adicou un saúdo as rapazas, os rapaces e o profesorado do colexio Vilaverde e nós saúdamos con moita ilusión.

Recibimos como agasallo un libro de Fina Casalderrey que leremos con moito interese nas nosas aulas.

Foi un día estupendo!!!




CHARLA DEPORTIVA NA BIBLIOTECA

Hoxe Diego Pérez, entrenador deportivo do CLUB NATACIÓN GALAICO, ofreceunos unha charla informativa moi amena sobre a natación. Estivemos moi atentas e atentos cos videos mostrados e as explicacións que nos foi aportando...saímos con ganas de practicar.   Grazas!!!
Estilos de natación
  • Estilo "pecho" (coñecido como braza)
  • Estilo "crol" (coñecido como libre)

  • Estilo "espalda" (coñecido como dorso)
  • Estilo "mariposa"

28/11/18

A NOSA CONSTITUCIÓN

Enlazando coa temática da pasada semana seguimos con dereitos e deberes...e chegamos a unha NORMA para todas e todos como é a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. 
O próximo 6 de decembro será o seu 40 aniversario e nas clases traballamos e aprendemos moitas cousas relacionadas con ela.

Estes días visionamos e comentamos unha presentación que comeza na familia, pasa polo noso concello de Pontevedra, a nosa comunidade Galicia, o noso país España...a Declaración de Dereitos Humanos...
Falamos das persoas que gobernan en cada unha destas entidades. Limos informacións en diferentes formatos.
Video explicativo:


 

23/11/18

20-23-25 DE NOVEMBRO

O venres, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Insistimos na  necesidade do diálogo para eliminar toda violencia.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. 
As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días. Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación, compartir, axudar, colaborar...
LAMPI remitiunos unha carta  moi especial sobre esta celebración e agasallounos con dous contos sobre os que hipotetizamos, limos, traballamos, reflexionamos...e montamos un álbum de cromos.

https://youtu.be/8sW8heCKcRohttps://youtu.be/fmQ9E7r_M1E
Onte, 22 de novembro, o profe Antonio contounos dúas historias fantásticas que nos chegaron ao corazón e aproveitamos para reflexionar e relacionar contra o maltrato de xénero ou contra a violencia machista.

Velaquí algunhas fotos destas actividades:
https://photos.app.goo.gl/vKizZ9aeaxSE83fy5

21/11/18

CONCERTO "FETÉN FETÉN"

Hoxe realizamos a  primera saída escolar deste curso fóra do recinto escolar.
Foi unha grande estrea porque asistimos ao concerto didáctico do dúo FETÉN FETÉN:
Diego Galaz: Violín, violín trompeta, phonoviolín, serrucho, mandolina, gaivotas e… vacas. 
Jorge Arribas: Acordeón, frauta cadeira de camping, á de voitre, basuri, recogeval, castañuelas e… cencerro.
Resultou moi entretido e participativo. Escoitamos composicións con instrumentos curiosos como o mandocaldeiro, a frauta cadeira e o basuri...tamén "bailamos jota" e aplaudimos moito.

Clica para ver máis fotos
Clica para ver máis fotos

19/11/18

FUNGOS

https://photos.app.goo.gl/3kk2gNUi1cVyUJzZAHoxe tiñamos xa algunhas respostas á proposta do venres.
Comentamos as informacións recollidas durante a fin de semana.
Elia, despois de ver o blog, fixo un traballo e aportounos máis detalles. Analía mostrounos fotos curiosas dun libro monográfico sobre setas en Europa.

Recordamos do curso pasado a clasificación dos seres vivos cos seus "cinco reinos clásicos":
Falamos de fungos.
Son heterótrofos, non fabrican o seu alimento. Non teñen clorofila e, por tanto, non poden realizar a fontosíntese.
Non se moven, viven en sitios húmidos e aliméntanse doutros seres vivos.
Podemos atopalos baixo terra, sobre madeira ou sobre alimentos en descomposición.
No noso caso, os fungos do patio medraron sobre o tronco cortado dunha árbore despois duns días de chuvia.
Hai fungos de diferentes tipos: levaduras, mofos, cogomelos...

Definición no Dicionario RAG

http://www.adelaleiro.com/v/Cat%C3%A1logo-de-descargas/Temas/Ciencias-Naturais/Adela/Os-fungos/436.aspx

16/11/18

NIN PLANTAS NIN ANIMAIS

Nova proba de investigación.
Fotos  tomadas esta mañá no patio do cole:

https://photos.app.goo.gl/3kk2gNUi1cVyUJzZA
Que son?
Preguntade na casa, consultade, buscade...o luns comentamos.