O venres, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Insistimos na
necesidade do diálogo para eliminar toda violencia.
Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-.
As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas estes días.
Falamos de palabra, diálogo, dereitos, igualdade, discriminación,
compartir, axudar, colaborar...
LAMPI remitiunos unha carta moi especial sobre esta celebración e agasallounos con dous contos sobre os que hipotetizamos, limos, traballamos, reflexionamos...e montamos un álbum de cromos.
Onte, 22 de novembro, o profe Antonio contounos dúas historias fantásticas que nos chegaron ao corazón e aproveitamos para reflexionar e relacionar contra o maltrato de xénero ou contra a violencia machista.
Velaquí algunhas fotos destas actividades:
No hay comentarios:
Publicar un comentario