8/4/19

VOTAMOS A NOSA PALABRA PREFERIDA

A proposta do EDL buscamos a nosa palabra preferida relacionada cos sentimentos e as emocións...Todas e todos propuxemos palabras nas nosas clases. Agora, como no curso pasado, que escollimos a palabra ALOUMIÑO, a decisión está nas nosas mans...








Sorteamos os membros das mesas electorais. Seguimos todos os pasos dunhas eleccións:
-Urna para depositar os votos, custodiada polos membros das mesas.
-Censo de votantes coas listaxes de cada clase.
-Papeletas.
-Votación.
-Reconto dos votos en público con representantes dos equipos.
-Acta dos escrutinios.
-Exposición dos resultados.
Velaquí as imaxes do proceso:
https://photos.app.goo.gl/A3P5iiHbxZQP59nD7
https://photos.app.goo.gl/ck99bhfX9Ee1TsCw5

As palabras máis votadas foron:
LEDICIA na clase de 4º A
ACOUGO na clase de 4º B

SEGUNDA SEMANA DE CHARLAS

LUNS 8 DE ABRIL
 
- O xogo das chapas
- NIKE
- Inventos
- Lolo, o meu can
Comezou a semana coas charlas de Eladio e  Lucas de 4ºA, Mario e Paula de 4ºB.  Escoitamos falar de temas variados, amenos e con moitas curiosidades. Houbo preguntas e rematamos con aplausos.
https://photos.app.goo.gl/HVmU2htmZTHT1cbt7

MARTES 9 DE ABRIL
 
- Amazonas
- A miña gata Luna
- The Crazy Haacks
- Cristiano Ronaldo
Hoxe as charlas estiveron a cargo de Eloy e Saray de 4ºA, Elia e Sabela de 4ºB.  Escoitamos con atención e fixemos moitas preguntas. Como en días anteriores houbo moitos aplausos.

https://photos.app.goo.gl/5kHbDYJ7sv24Sv2L7

https://photos.app.goo.gl/tUuSHPBLG7e2PSxw9
MÉRCORES 10 DE ABRIL
 
- Mata Hari
- Ameba Comecerebros
- Os cinco deportes máis coñecidos do mundo
- As tartarugas
- O meu pitiño Kuki 
As charlas estiveron a cargo de Sara e Raúl en 4ºB e Sara, Verónica e Analía en 4ºA.  Escoitamos con moita curiosidade e fixemos moitas preguntas.
https://photos.app.goo.gl/uo7mxHXx8uVTBV7C6
https://photos.app.goo.gl/3VWQWfvK5hkxTZX49


XOVES 11 DE ABRIL
 
- Big Bang
- Google
- Portiro Courtais
- A miña cadela Luna
Escoitamos as charlas a cargo de Hugo e Álex de 4ºA, Raúl e Aimée de 4ºB.  Resultaron moi amenas e rematamos con  preguntas e aplausos.
https://photos.app.goo.gl/7VUYjft7MW84zNmH9
https://photos.app.goo.gl/G5MqTCgDvNGUyys38
Agora toca esperar un chisquiño máis porque as próximas charlas serán xa no terceiro trimestre...

5/4/19

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO


https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81nxela_Loureiro
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/choiva-de-ras-de-nxela-loureiro-con-ilustracions-de-xose-tomas

Hoxe foi un día moi especial. Despois de levar un tempiño coa lectura do libro CHOIVA DE RAS publicado pola Editorial Xerais, que mellor maneira de rematar o trimestre que coa visita da súa autora ÁNXELA LOUREIRO FERNÁNDEZ ?
Esta semana lembramos algúns detalles e curiosidades dos diferentes capítulos, limos sobre a súa biografía e preparamos moitas preguntas...

A primeira novidade foi o lugar de encontro porque non foi na biblioteca como é habitual cando falamos de libros, pero todo tiña explicación...

Xuntámonos na aula de Música porque Ánxela Loureiro ademais de mestra, escritora ou guionista... tamén ten moita relación coa Música. "Compón" diferentes textos e para diferentes públicos...toda unha SORPRESA porque falou da súa obra, cantou rimas do libro acompañada da guitarra e fíxonos participar con entusiasmo a todas e a todos.

Houbo tempo de preguntas, moitos aplausos e rematamos coa sinatura e dedicatoria nos nosos libros que agora teñen un aloumiño engadido nas primeiras páxinas. Foi unha sesión moi entretida e amena.

Velaquí imaxes do encontro:
Preme para ver máis imaxes

OBRADOIRO PLAY ENERGY

E a visita sobre enerxía chegou de mans da Fundación Endesa. 
Hoxe participamos nun taller itinerante presentado por Sandra e Juan que nos esperaban na Biblioteca do centro. Falamos de enerxía, fontes e tipos, electricidade, turbinas, xeradores, muíños...
Repasamos moito do traballado estes días nas nosas clases.
Comentamos o uso eficiente e racional da electricidade e a toma de conciencia sobre o valor da enerxía para unha mellor calidade de vida coa axuda de xogos e de experimentos dinámicos. 
Foi unha actividade moi amena e divertida. A próxima semana seguiremos traballando sobre enerxías nas nosas aulas, pero recordaremos moito do aprendido hoxe...
Velaquí imaxes das dúas sesións:
https://photos.app.goo.gl/YtezPrxUs8x6TRks7 
https://photos.app.goo.gl/YtezPrxUs8x6TRks7
Premendo nas imaxes podemos entrar no álbum.

3/4/19

PREPARAMOS VISITA...ENERXÍA ELÉCTRICA

Definimos enerxía, tipos de enerxía, fontes de enerxía...despois dun pequeno esquema, textos, comentarios e videos, reparamos nunha enerxía concreta:
A ENERXÍA ELÉCTRICA
Por que temos luz eléctrica?
 
Por que temos luz eléctrica?
Xeración - Transmisión - Distribución

2/4/19

PRIMEIRA SEMANA DE CHARLAS

MARTES 2 DE ABRIL
 
- 5 Inventos importantes
- O triathlon
- Leonardo da Vinci
- Gatos
E chegou o día!!! As dúas clases de 4º acolleron a presentación das catro primeiras charlas.
Miguel, Álvaro, Pablo José e Pedro explicaron o seu traballo e contestaron as preguntas do "público". Houbo  interese, atención e curiosidade. Rematamos cada sesión con aplausos.
https://photos.app.goo.gl/Nw7NRD1bC8ua4K1n8
https://photos.app.goo.gl/xECuTVX19ULbA4dd6
MÉRCORES 3 DE ABRIL:

 - Backstreet Boys
 - Maxia
 - O palangre e as nasas

Hoxe disfrutamos moito coas aportacións de Nuria, Mario Villar e Rubén. Falouse de música e de pesca, disfrutouse coa explicación e os números de ilusionismo. Quedámonos co comentario cariñoso feito polo "mellor público do mundo" de que foron traballos "moi currados". Noraboa!!!

https://photos.app.goo.gl/4PAN2aeGo9g9SqUz9https://photos.app.goo.gl/4PAN2aeGo9g9SqUz9

https://photos.app.goo.gl/U1SpbiF3poZtHLf3A
XOVES 4 DE ABRIL
 
- A miña mascota Koko
- Mulleres deportistas
- Os seis animais máis tenros do mundo
- Os coellos
 
Hoxe asistimos ás charlas de Thiago, Sela, Mateo Requejo e Pablo Cobas. Falouse de animais e deportes. Resultaron moi amenas e agradecemos a colaboración familiar que estamos recibindo.
Na charla sobre os coellos domésticos fixemos a Estela, compañeira de terceiro, partícipe da sorpresa que nos tiña preparada Pablo...un precioso coello gris que se deixou aloumiñar pola clase. 
Un día máis, NORABOA!!!
https://photos.app.goo.gl/Qgrgxz6M4SnKxFjJ6
https://photos.app.goo.gl/Hy5kmqJo2PVhaFfJA
Agardamos con impaciencia as charlas da próxima semana...

1/4/19

VISITA AO XX SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA



Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. 

Orbil, mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.

Participamos en dous interesantes obradoiros e unha visita guiada polos corredores e salas do Salón.




- O grupo 4ºA asistiu a un obradoiro TECNOLÓXICO. Foi un  achegamento a impresión en 3D. Traballamos con tablets e cuns instrumentos, similares aos pirograbadores, cos que marcamos os nosos deseños.

https://photos.app.goo.gl/T81KRSS62UxGV1xg9

- O grupo 4ºB participou nun obradoiro ARTÍSTICO. Valoramos a figura de Magritte, pintor surrealista belga, e a súa importancia como revolución pictórica.

https://photos.app.goo.gl/EktSGH3gXXrwiS5T8
A continuación dos obradoiros, fixemos unha  visita guiada polos diferentes espazos e salas. Buscamos con ilusión o traballo do noso cole, especialmente as páxinas de 4º.
Tamén pasamos por diversos recunchos  reflexionando con diferentes revolucións e cunha especial referencia ao noso país veciño Portugal.
https://photos.app.goo.gl/syHnkZSuv1qBCUoS7

https://photos.app.goo.gl/EktSGH3gXXrwiS5T8
Durante os próximos días e ata o 12 de abril podemos visitar o Salón do Libro e participar de moitas actividades, obradoiros, contacontos e lecturas variadas.
O ano próximo máis... 
Esperamos os vosos comentarios.