5/4/19

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO


https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81nxela_Loureiro
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/choiva-de-ras-de-nxela-loureiro-con-ilustracions-de-xose-tomas

Hoxe foi un día moi especial. Despois de levar un tempiño coa lectura do libro CHOIVA DE RAS publicado pola Editorial Xerais, que mellor maneira de rematar o trimestre que coa visita da súa autora ÁNXELA LOUREIRO FERNÁNDEZ ?
Esta semana lembramos algúns detalles e curiosidades dos diferentes capítulos, limos sobre a súa biografía e preparamos moitas preguntas...

A primeira novidade foi o lugar de encontro porque non foi na biblioteca como é habitual cando falamos de libros, pero todo tiña explicación...

Xuntámonos na aula de Música porque Ánxela Loureiro ademais de mestra, escritora ou guionista... tamén ten moita relación coa Música. "Compón" diferentes textos e para diferentes públicos...toda unha SORPRESA porque falou da súa obra, cantou rimas do libro acompañada da guitarra e fíxonos participar con entusiasmo a todas e a todos.

Houbo tempo de preguntas, moitos aplausos e rematamos coa sinatura e dedicatoria nos nosos libros que agora teñen un aloumiño engadido nas primeiras páxinas. Foi unha sesión moi entretida e amena.

Velaquí imaxes do encontro:
Preme para ver máis imaxes

1 comentario: