28/5/18

A PAISAXE

Esta quincena na clase de Sociais retomaremos a información sobre relevo e os seus elementos que traballamos en trimestres anteriores. Recordaremos tamén as lendas dos mapas que aportan información sobre os elementos do relevo.
O seguinte video ofrécenos unha visión xeral sobre a paisaxe, os seus elementos e as súas características:

Vocabulario comentado: paisaxe natural, paisaxe humanizada, relevo, fauna, flora, vexetación, ríos, casas, pontes, viadutos, estradas, cultivos, canteiras, encoros.

1.- Comezamos pola paisaxe de montaña. Lemos información na clase, resumimos, comparamos imaxes e visionamos o seguinte curto que resume os seus elementos e características:

 Vocabulario traballado: montaña, serra, cordilleira, meseta, outeiro, val, barranco, vila, gandería, artesanía, turismo de montaña.

2.- Seguimos coa paisaxe de chaira. Comentamos, lemos, comparamos imaxes, traballamos vocabulario novo, identificamos elementos e vemos o seguinte video:


 Vocabulario traballado: meseta, depresión, outeiro, prado, bosque, río, meandro, cidade, granxa, corte, agricultura, industria, servizos, autoestrada.


3.- Rematamos coa paisaxe de costa. Lemos e comentamos, resumimos información e localizamos os elementos en imaxes. Tamén visionamos un pequeno video:


Vocabulario traballado: litoral, praia, illa, arquipélago, golfo, baía, cabo, península, istmo, acantilado, faro, delta, desembocadura, porto, turismo,  industria, pesca, batea.


No hay comentarios:

Publicar un comentario