XA SABEMOS QUE HABERÁ MOITAS, MOITAS COUSAS NOVIDOSAS.
TEREMOS ORDENADORES PERSOAIS, TRABALLAREMOS POR ÁMBITOS, TEREMOS NOVO PROFESORADO,...
ESTAMOS DESEXANDO COMEZAR!
ESTE É O BLOG DE 6º DO CEIP VILAVERDE. APUNTAREMOS AQUÍ TODO O QUE NOS VAIA SUCEDENDO NESTE CURSO. O BLOG CREÁMOLO CANDO ESTABAMOS EN INFANTIL AO DAR OS PRIMEIROS PASOS NO COLE E AGORA IMOS POÑER AS NOSAS ANDANZAS EN PRIMARIA
2/9/19
21/6/19
FIN DA CONTA ATRÁS
Última xornada en CUARTO:
- Sorpresas
- Cantamos, bailamos
- Merendola
- Posados en grupo
- Reparto de apertas
- No patio todo o alumnado e o profesorado asistimos a diferentes actuacións e bailes.
20/6/19
ÚLTIMA SEMANA DO CURSO
Esta semana toca recoller, devolver libros da biblioteca, gardar os libros de texto e organizar os materiais empregados durante o curso 2018/2019.
Tamén rematamos algunhas tarefas e ordenamos, ou máis ben "xuntamos", traballos feitos durante os últimos meses.
Levarémoos para casa e, cando os revisemos, todo parecerá máis doado...
Aproveitamos estes días para facer balance, recordamos moitas vivencias, ilusións, amizades, saídas, visitas, charlas, lecturas, teatro, robótica, Vilaxogos...
Sempre podemos revivir estas experiencias entrando no noso blog e nos álbums de fotos.
Tamén rematamos algunhas tarefas e ordenamos, ou máis ben "xuntamos", traballos feitos durante os últimos meses.
Levarémoos para casa e, cando os revisemos, todo parecerá máis doado...
Aproveitamos estes días para facer balance, recordamos moitas vivencias, ilusións, amizades, saídas, visitas, charlas, lecturas, teatro, robótica, Vilaxogos...
Sempre podemos revivir estas experiencias entrando no noso blog e nos álbums de fotos.
19/6/19
RECREOS MOI ENTRETIDOS...
Este trimestre puxemos en marcha os "recreos inclusivos". Os luns e os xoves tiñamos opción de VILAXOGOS...Nós tamén colaboramos como monitoras e monitores nos diferentes xogos propostos. Hoxe recollimos un diploma acreditativo pola nosa participación e interese.
Ademais do ESPAZO MAKER xa comentado noutra entrada, catro das nosas compañeiras participaron nun OBRADOIRO DE TEATRO.
Onte foron os últimos ensaios e hoxe foi o estreo ante un público moi especial. A obra foi escrita, dirixida e interpretada por nenas e nenos de 4ºe 5º nalgúns recreos deste trimestre. Fixádevos ben, igual recoñecedes a alguén:
17/6/19
ACOLLIDA EN 5º DE PRIMARIA
Fomos coñecer como se traballa e comentamos co alumnado que tal lles foi
durante este ano escolar. Teñen axendas "máis gordiñas", tamén usan libretas cuadriculadas e
raiadas, teñen libros dixitais e teñen a Plástica bilingüe en inglés e galego, cambian de aulas segundo as materias impartidas, pero o que máis chamou a nosa atención son os ORDENADORES PERSOAIS de cor vermella que tiñan sobre as mesas, falaron do traballo con ROBOTS e o famoso ESPAZO MAKER...Prepararon uns videos que serviron para comentar o seu paso polas aulas de 5º.
Explicáronnos as dificultades
atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, preguntamos, escoitamos,
compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.
Houbo sorpresa cos códigos QR nos marcapáxinas que nos agasallaron ... con eles chegamos a páxinas sobre TÉCNICAS DE ESTUDO con bos consellos para aplicar.
Nós levamos uns marcapaxinas moi especiais para desexar un EMOCIONANTE curso 2019/2020 no que compartir moitas, moitas experiencias...
EMOTICONOS CON CARIÑO
Nas últimas sesións de Plástica elaboramos un agasallo para levar na visita que realizamos aos grupos de 5º deste luns.
A proposta saiu despois de mesturar temáticas deste último trimestre. Asi empregamos materiais reciclados, moitas emocións, ideas xeométricas e moita ilusión. Este foi o exitoso resultado:
-Marcapáxinas emotivas con bos desexos para o curso 2019/2020.
-Sobre artístico con material reciclado.-Marcapáxinas emotivas con bos desexos para o curso 2019/2020.
Deixamos un enlace co video tutorial dos marcapaxinas: Como facer marcapáxinas emojis
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









