Vocabulario traballado: ángulo, lados, vértice, abertura, grado, ángulo recto, ángulo agudo, ángulo obtuso, ángulo plano, ángulo completo, transportador, semicírculo graduado.
ESTE É O BLOG DE 6º DO CEIP VILAVERDE. APUNTAREMOS AQUÍ TODO O QUE NOS VAIA SUCEDENDO NESTE CURSO. O BLOG CREÁMOLO CANDO ESTABAMOS EN INFANTIL AO DAR OS PRIMEIROS PASOS NO COLE E AGORA IMOS POÑER AS NOSAS ANDANZAS EN PRIMARIA
31/5/19
ÁNGULOS, TIPOS DE ÁNGULOS E USO DO TRANSPORTADOR
Vocabulario traballado: ángulo, lados, vértice, abertura, grado, ángulo recto, ángulo agudo, ángulo obtuso, ángulo plano, ángulo completo, transportador, semicírculo graduado.
29/5/19
ELEMENTOS DA CIRCUNFERENCIA E O CÍRCULO
Estes días en Matemáticas seguimos repasando...e adicamos unha atención especial a XEOMETRÍA.
Falamos de puntos, rectas, curvas, planos...figuras, polígonos.
Temos anotacións e fichas para recordalo, pero tamén usamos a pantalla.
Este video resume o comentado sobre os elementos da circunferencia e o círculo:

Vocabulario a manexar: círculo, circunferencia, segmento, arco, radio, diámetro, corda, semicircunferncia, semicírculo, sector circular.
25/5/19
ÚLTIMA SEMANA DE EXPOSICIÓNS
Luns, 27 de maio
Martes, 28 de maio
Na clase de 4ºA a parella formada por Sabela e Mateo R. remataron a súa exposición de elaboración de carautas coa presentación dun segundo deseño, ademais agasalláronnos con dúas plantillas para, seguindo as súas explicacións, poder confeccionar cadaquén a súa.
A continuación, tocaron exposicións "científicas":
Alba e Pablo Durán presentaron dous pequenos experimentos sobre densidade: a mestura aceite-auga e a flotación de ovo en auga salina.
Eloy e Miguel sorprendéronnos cunha preciosa maqueta de volcán, hoxe explicaron como preparar unha mestura ácido-base que imita a erupción da lava dun volcán casero. Mañá comentarán na aula como elaboraron a maqueta.
En 4º B foi día de experimentación e de cociña:
A primeira parte, estivo a cargo da parella Mario Narciso e Gabriela que explicaron como facer unha lampada de lava.
A continuación, Nuria e Naia, encargáronse de expoñer, paso a paso, a receita de luriñas recheas de chutney...alta cociña!!!
A semana de exposicións comezou en 4ºA coas exposicións de Sabela e Mateo Requejo sobre a elaboración dunhas caretas ou carautas. Temos pendente a segunda parte da exposición mañá martes...pasan voando os minutos!!!
No grupo B, foi o turno das parellas formadas por Elia e Mario Villar e por Aimée e Jorge. Presentaron elaboración de slime e a experimentación con purpurina efervescente. A expectación foi máxima!!!
![]() |
| Preme para ver as imaxes do álbum |
Na clase de 4ºA a parella formada por Sabela e Mateo R. remataron a súa exposición de elaboración de carautas coa presentación dun segundo deseño, ademais agasalláronnos con dúas plantillas para, seguindo as súas explicacións, poder confeccionar cadaquén a súa.
A continuación, tocaron exposicións "científicas":
Alba e Pablo Durán presentaron dous pequenos experimentos sobre densidade: a mestura aceite-auga e a flotación de ovo en auga salina.
Eloy e Miguel sorprendéronnos cunha preciosa maqueta de volcán, hoxe explicaron como preparar unha mestura ácido-base que imita a erupción da lava dun volcán casero. Mañá comentarán na aula como elaboraron a maqueta.
En 4º B foi día de experimentación e de cociña:
A primeira parte, estivo a cargo da parella Mario Narciso e Gabriela que explicaron como facer unha lampada de lava.
A continuación, Nuria e Naia, encargáronse de expoñer, paso a paso, a receita de luriñas recheas de chutney...alta cociña!!!
Preme para ver as fotos do álbum
Mércores, 29 de maio
Hoxe, Eloy e Miguel, explicaron con detalle como facer a maqueta dun volcán. Presentaron as diapositivas coas fotos e contestaron algunhas curiosidades sobre o proceso.
A presentación experimental sobre campos magnéticos correu a cargo da parella formada por Álvaro e Hugo. Traballo con imáns e diferentes aliaxes. Falamos tamén das aplicacións prácticas na vida cotiá con mecanismos electromagnéticos.
Rematamos as exposicións de hoxe coa elaboración plástica dun vagalume ou lucecú luminoso que presentaron Brais e Sara.
No grupo B, Thiago e Lucía sorprendéronnos cunha reacción química mesturando mentos e Coca-Cola.
Ademais, Pablo Pérez e Natalia explicaron a receita de cookies con pebidas de chocolate que poidemos degustar. Uhmmmmm!!! Riquísimas!!!!
Ademais, Pablo Pérez e Natalia explicaron a receita de cookies con pebidas de chocolate que poidemos degustar. Uhmmmmm!!! Riquísimas!!!!
Preme para ver as fotos do álbum
Xoves, 30 de maio
No grupo B, rematamos as nosas exposicións cun experimento e unha receita: Mauro e Pablo José comentaron como facer un electroimán e a receita de biscoito de chocolate estivo a cargo de Raúl e Sela.
![]() |
| Preme para ver as imaxes do álbum |
E na clase de 4º A as tres últimas exposicións foron:
Mateo Carrera e Verónica cun experimento botánico con colorantes para facer camiño a próxima temática de Naturais.
Carmen e Marco fixeron unha demostración, en vivo e directo, de como facer a tarta da avoa se lume nin microondas...estamos desexando probala!!!
CROSS ESCOLAR
As nenas e os nenos de 3º e 4º participaban na categoría
BENXAMÍN. Compartiron coas súas familias deporte, diversión e un precioso día primaveral.
23/5/19
TRABALLAMOS A ANTÓN FRAGUAS CON ROBOTS
Ademais do traballo en aula para achegarnos a figura de Antón Fraguas, hoxe visitamos a nosa biblioteca para empregar a robótica.
Aprendimos máis datos sobre a súa biografía de maneira divertida...e ata cando o dado "non axudaba" aprendimos estrofas do Cancioneiro de Cotobade co "Casamento da pulga e o piollo".
Xa preguntamos cando repetir...
22/5/19
SEGUNDA RONDA DE EXPOSICIÓNS
Estrenamos a segunda ronda de exposicións. Son traballos elaborados e presentados por parellas: experimentos, receitas ou manualidades...en lingua galega.
Comezamos!!!
Mércores, 22 de maio
Comezamos!!!
Mércores, 22 de maio
No grupo A foi o turno de Pablo Cobas e Analía co seu foguete e de Lucas e Atenea coa súa receita de coulant. Asistimos moi atentas e moi atentos as dúas actividades e agasallamos as parellas con moitos aplausos. Houbo expectación e degustación.
No grupo B o traballo estivo a cargo de Gael, Paula e Pedro que contaron a experiencia do ovo saltarín e do experimento da maicena ou do fluido non newtoniano. Houbo moita curiosidade e manipulación.
No seguinte enlace temos detalles do Experimento De La Maicena
No seguinte enlace temos detalles do Experimento De La Maicena
Publish at Calameo
Xoves, 23 de maio
Hoxe as exposicións foron ricas, ricas...
No grupo A, Eladio e Marta, explicaron con detalle como facer unhas deliciosas palmeiriñas. Prestamos moita atención, houbo degustación, pedimos receita e aplaudimos a rabiar...

Preme para ver as fotos da sesión.
No grupo B, Adriana e Mateo, explicaron como elaborar "faxiñas" e xa tiñamos fame nada máis comezar a exposición...
Preme para ver as imaxes
Venres, 24 de maio
No grupo A, hoxe gozamos da explicación dunha actividade plástica e dunha actividade experimental. Lucía e Saray explicáronnos, paso a paso, como facer unha tarxeta con "corazón" e ademais nos agasallaron co material para facer unha tarxeta na casa. A segunda parella, formada por Álex e Rubén, explicaron como facer un "mini tornado".
No grupo B, as exposicións foron moi ricaaaaaaaaaaaaas!
A primeira parella, Hugo e Sara, explicaron como facer unhas tortiñas de cores que probamos con gusto. A segunda parella, Diego e Sabela, aportaba uns saborosos cup cakes con lacasiños que explicou Diego (botamos de menos a Sabela que hoxe estaba enferma, pero traballou onte pola tarde na elaboración da receita).
17/5/19
Suscribirse a:
Entradas (Atom)