29/4/19

COMEZAMOS COS RECREOS INCLUSIVOS

O alumnado de 4º participa no proxecto de RECREOS INCLUSIVOS monitorizando alumnado de menor idade. Houbo sesións para organizar ao alumnado voluntario das nosas clases. Elaboramos instruccións, presentámonos ao alumnado que titorizaremos, localizamos as zonas e as señalizacións cos recantos e os xogos previstos...e xa estamos en marcha!!! 
VILAXOGOS
TOD@S   APRENDEMOS   XOGANDO
TOD@S   APRENDEMOS   DE   TOD@S 
TOD@S   GOZAMOS   XOGANDO
https://photos.app.goo.gl/hzPDggwLU3ibiGwz9
Tamén participamos de actividades titorizadas por alumnado de 5º e 6º. Nenas e nenos de 4º escollen obradoiros de TEATRO ou ESPAZO MAKER nalgúns recreos:

28 DE ABRIL - ELECCIÓNS

O domingo celebrabouse un acontecemento moi relevante para o goberno de España, AS ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES NO CONGRESO E NO SENADO.
Hai días que falamos desta noticia. Repasamos vocabulario relacionado: debate, democracia, Constitución, monarquía parlamentaria, urna, voto branco, voto nulo, partido, maioría, coalición, mesa electoral, censo electoral, programa, papeleta...
Seguimos as noticias na prensa impresa e dixital.
Tamén comentamos en matemáticas as diferentes maneiras de representar os resultados con diagramas de barras, sectores circulares...
Vimos e comentamos os tres videos seguintes:



28/4/19

PROPOSTA POR PARELLAS


Xa temos o calendario de maio co orde das parellas que presentarán un traballo escrito e oral en lingua galega.

Consistirá na explicación e posta en práctica, na medida do posible, dun EXPERIMENTO, dunha RECEITA ou dunha MANUALIDADE.

Esta semana decidimos que temática escollemos e planificaremos o traballo.
Temos que avisar antes do venres porque intentaremos evitar repeticións.

AGASALLO NA BIBLIOTECA


Desde o martes 23 de abril hai unha invitación na porta da Biblioteca.
A nosa curiosidade é grande, pero non coincidíamos nos horarios para averiguar en que consistía a proposta...



Hoxe baixamos moi intrigadas e moi intrigados, alguén apuntou que tiña que ver co ESPAZO MAKER.
Algunha razón tiñamos!!!


Tres personaxes MIND, DOC e BLUE BOC  e tres paneis con imaxes de contos e preguntas agardaban a nosa visita.

Comezamos a curiosear e organizámonos como equipos para poder traballar cos tres robots.
 
Pasámolo xenial, aínda que soubo a pouco. A profe díxonos que repetiremos actividade para pasar polos tres recantos.
Velaquí as fotos:
https://photos.app.goo.gl/cTvhsNS4YUXKorqL7


26/4/19

ACTIVIDADE INFORMATIVA con XOGA na BIBLIOTECA

Hoxe asistimos a unha charla na Biblioteca a cargo de Pilar, membro da organización de discapacidade sensorial de Galicia (Xoga) que viña acompañada por Alba como intérprete da súa linguaxe de signos. 
Coñecimos un chisquiño mellor as dificultades e o modo de superalas da xente xorda. Comprobamos a necesidade de que cada vez haxa máis persoas que coñezan a lingua de signos e poidan usala para comunicarse porque asi facilitamos a integración das persoas con pérdida auditiva e potenciamos habilidades comunicativas diferentes. 
Estivemos moi atentas e moi atentos, fixemos moitísimas preguntas. Tamén "practicamos" como se din  algúns nomes relacionados coa familia ou cos animais.

https://photos.app.goo.gl/ruD3mzQ32B7jZSTo9
Preme no collage para ver máis imaxes
MOITAS GRAZAS XOGA!!!

25/4/19

ACTIVIDADES CON PRENSA

Esta semana adicamos un chisquiño máis de tempo as actividades con prensa escrita e dixital.

As propostas foron moi variadas:
Os números da portada.
Localización de diferentes seccións.
Traballo cunha noticia.
Información e previsión meterolóxica.
Tiras cómicas.
Pasatempos.
Información local, autonómica, nacional e internacional.
Publicidade.
Propaganda electoral.
Enquisas electorais.
Programación de radio e televisión.
--------------------


24/4/19

REGRESOU "A NOSA REVOLUCIÓN"

O libro con todas as "revolucións" do cole xa está con nós. 
Estes días está circulando polas aulas para que poidamos coñecer con máis detalle as propostas presentadas polas demais clases. 
Observamos, manexamos e limos con interese para poder comentar en gran grupo. 

Chamaron a nosa atención:
-As letras e os debuxos de Infantil. Os elementos empregados nos logos, iguais pero en composicións diferentes.
-As historias reivindicativas dos grupos de 1º.
-As "artistadas" dos grupos de 2º.
-As historias dos grupos de 3º e a linguaxe Braille sobre un dos traballos.
-Os nosos traballos, recordamos que parte fixemos cada un de nós e como chegamos a eses acordos.
-Os lemas reivindicativos dos grupos de 5º que compartimos.
-A estética e presentación dos grupos de 6º que dixemos que parecían "moi profesionais"...
https://photos.app.goo.gl/D8bPvqgzfbHjjUyf8https://photos.app.goo.gl/D8bPvqgzfbHjjUyf8