3/4/19

PREPARAMOS VISITA...ENERXÍA ELÉCTRICA

Definimos enerxía, tipos de enerxía, fontes de enerxía...despois dun pequeno esquema, textos, comentarios e videos, reparamos nunha enerxía concreta:
A ENERXÍA ELÉCTRICA
Por que temos luz eléctrica?
 
Por que temos luz eléctrica?
Xeración - Transmisión - Distribución

2/4/19

PRIMEIRA SEMANA DE CHARLAS

MARTES 2 DE ABRIL
 
- 5 Inventos importantes
- O triathlon
- Leonardo da Vinci
- Gatos
E chegou o día!!! As dúas clases de 4º acolleron a presentación das catro primeiras charlas.
Miguel, Álvaro, Pablo José e Pedro explicaron o seu traballo e contestaron as preguntas do "público". Houbo  interese, atención e curiosidade. Rematamos cada sesión con aplausos.
https://photos.app.goo.gl/Nw7NRD1bC8ua4K1n8
https://photos.app.goo.gl/xECuTVX19ULbA4dd6
MÉRCORES 3 DE ABRIL:

 - Backstreet Boys
 - Maxia
 - O palangre e as nasas

Hoxe disfrutamos moito coas aportacións de Nuria, Mario Villar e Rubén. Falouse de música e de pesca, disfrutouse coa explicación e os números de ilusionismo. Quedámonos co comentario cariñoso feito polo "mellor público do mundo" de que foron traballos "moi currados". Noraboa!!!

https://photos.app.goo.gl/4PAN2aeGo9g9SqUz9https://photos.app.goo.gl/4PAN2aeGo9g9SqUz9

https://photos.app.goo.gl/U1SpbiF3poZtHLf3A
XOVES 4 DE ABRIL
 
- A miña mascota Koko
- Mulleres deportistas
- Os seis animais máis tenros do mundo
- Os coellos
 
Hoxe asistimos ás charlas de Thiago, Sela, Mateo Requejo e Pablo Cobas. Falouse de animais e deportes. Resultaron moi amenas e agradecemos a colaboración familiar que estamos recibindo.
Na charla sobre os coellos domésticos fixemos a Estela, compañeira de terceiro, partícipe da sorpresa que nos tiña preparada Pablo...un precioso coello gris que se deixou aloumiñar pola clase. 
Un día máis, NORABOA!!!
https://photos.app.goo.gl/Qgrgxz6M4SnKxFjJ6
https://photos.app.goo.gl/Hy5kmqJo2PVhaFfJA
Agardamos con impaciencia as charlas da próxima semana...

1/4/19

VISITA AO XX SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA



Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. 

Orbil, mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.

Participamos en dous interesantes obradoiros e unha visita guiada polos corredores e salas do Salón.




- O grupo 4ºA asistiu a un obradoiro TECNOLÓXICO. Foi un  achegamento a impresión en 3D. Traballamos con tablets e cuns instrumentos, similares aos pirograbadores, cos que marcamos os nosos deseños.

https://photos.app.goo.gl/T81KRSS62UxGV1xg9

- O grupo 4ºB participou nun obradoiro ARTÍSTICO. Valoramos a figura de Magritte, pintor surrealista belga, e a súa importancia como revolución pictórica.

https://photos.app.goo.gl/EktSGH3gXXrwiS5T8
A continuación dos obradoiros, fixemos unha  visita guiada polos diferentes espazos e salas. Buscamos con ilusión o traballo do noso cole, especialmente as páxinas de 4º.
Tamén pasamos por diversos recunchos  reflexionando con diferentes revolucións e cunha especial referencia ao noso país veciño Portugal.
https://photos.app.goo.gl/syHnkZSuv1qBCUoS7

https://photos.app.goo.gl/EktSGH3gXXrwiS5T8
Durante os próximos días e ata o 12 de abril podemos visitar o Salón do Libro e participar de moitas actividades, obradoiros, contacontos e lecturas variadas.
O ano próximo máis... 
Esperamos os vosos comentarios.

28/3/19

COMEZA O CICLO DE CONFERENCIAS

O mes de abril e ata o 7 de maio organizamos un ciclo de charlas con tema libre.
As exposicións serán individuais. Poden acompañarse con fotos, murais, esquemas, diapositivas, presentacións en PPT, maquetas... e terán unha duración máxima de dez minutos cuns minutiños máis para preguntas do "público".
Sorteamos a orde de participación o venres 15 e anunciamos o tema escollido o venres 22.
A listaxe de temas é moi variada. Esperamos con moita ilusión o estreno o próximo martes 2 de abril. Recordade que teremos reseña e reportaxe gráfica de cada exposición.

26/3/19

ENERXÍA

En Naturais comezamos a recabar información sobre a enerxía e os tipos de enerxía.

Traballaremos con libros, internet, imaxes, esquemas e mapas conceptuais, lapbook, videos...e tamén haberá algunha experiencia "sorpresa".

Presentación do tema enerxía:

25/3/19

AIRE E ATMOSFERA

Estamos organizando información sobre o aire, a atmosfera, as  capas da atmosfera, a capa de ozono, o efecto invernadoiro...

Traballaremos con libros, internet, imaxes, esquemas, resumos e videos...e coa prensa.
E comezando pola TROPOSFERA, un curto do divertido Camaleón que vai citando diferentes fenómenos atmosféricos:

22/3/19