O DÍA 12 ESTAREMOS NAS CLASES.
UNHAS AULAS NOVAS PORQUE XA ESTAMOS EN 4º!
ACERTARÍAN AS MASCOTAS COAS AULAS? ONDE ESTARÍAN METIDAS ESTE VERÁN?
A VER SE TEMOS SORTE E NOLO CONTAN.
ESTE É O BLOG DE 6º DO CEIP VILAVERDE. APUNTAREMOS AQUÍ TODO O QUE NOS VAIA SUCEDENDO NESTE CURSO. O BLOG CREÁMOLO CANDO ESTABAMOS EN INFANTIL AO DAR OS PRIMEIROS PASOS NO COLE E AGORA IMOS POÑER AS NOSAS ANDANZAS EN PRIMARIA
9/9/18
21/6/18
CHEGOU O VERÁN
Últimas horas en TERCEIRO:
- Cantamos, bailamos, merendamos...
- Tamén posamos en grupo e repartimos moitas apertas.
- No patio todo o alumnado e profesorado asistimos as actuacións e os bailes de diferentes grupos.
- O verán está aquí...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol,
praia, deporte e pronto comentaremos novas anécdotas, pero xa estaremos en CUARTO.
20/6/18
RECOLLIDA E BALANCE DE CURSO
Esta semana estamos recollendo, organizando e gardando libros e
materias empregados durante o curso escolar 2017/2018.Tamén rematamos tarefas e ordenamos os traballos feitos...
Moitos traballos van xa para as nosas casas...outros seguirán no cole porque serán de utilidade no próximo curso.
Aproveitamos para facer balance, comentamos e avaliamos proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...
16/6/18
15/6/18
VISITA DAS NENAS E DOS NENOS DE 2º
As nenas e os nenos de 2º viñeron coñecer as clases de 3º que ocuparán o vindeiro curso como parte do PLAN DE ACOLLIDA.
Ensinámoslles os nosos materiais: as libretas, os traballos, os "bolis" borrables azul e
vermello, os dicionarios, os corpos xeométricos, o globo terráqueo, os
mapas, os libros, os contos...os traballos de Plástica... Todo
causou moita curiosidade nos "compas" de 2º e nós intentamos respostar as todas as
preguntas. Tamén falamos das axendas de 3º e as diferenzas coas de 2º, sen esquecer que temos unha axenda de aula para anotar os avisos importantes a recordar.
Intercambiamos uns agasallos:
Recibimos uns preciosos marcapáxinas que xa estreamos.
Entregamos unha tarxeta e un amuleto que preparamos con moito cariño.
Esperamos que lles gustará a visita e desexámoslles o mellor no próximo curso.
Aquí podedes ver algunhas fotos da visita:
![]() |
|
|
13/6/18
UN TALISMÁN CON CARIÑO
Estes últimos días estamos preparando un agasallo para recibir con moitos aloumiños aos grupos de 2º que visitarán as nosas aulas o próximo venres.
Pensamos en facer algo "máxico" con pasta ou masa de secado ao aire e con motivos vexetais con diferentes utilidades.
Tamén preparamos os sobres para envolver os amuletos e darlles unha sorpresa.Puxemos moita ilusión e os resultados poden verse nas fotos seguintes:
A fábrica está en marcha, agora faremos un talismán para nós que cargará de maxia e bo facer o próximo curso 2018/2019.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









