15/6/19

FESTA FIN DE CURSO

Este sábado 15 tivo lugar a festa fin de curso organizada pola ANPA do noso cole. Houbo actuacións de baile e taekondo, lecturas das poesías gañadoras do  XXVII CERTAME DE POESÍA e a interpretación duns raps de varias clases...Despois chegou o momento de disfrutar dunha comida conxunta e pola tarde diferentes atraccións, sorteo de agasallos e moitos xogos.
https://photos.app.goo.gl/6RntoXcgPNFfdo8q9

13/6/19

ARREDOR DOS CASTROS

Comezamos coa busca no dicionario do termo CASTRO
Relacionamos a información co lido sobre as etapas da Prehistoria.
Buscamos máis datos...

Vemos un curto animado por terras do concello veciño de Cerdedo-Cotobade relacionado coa nosa próxima saída:

11/6/19

MÁIS DE PLANTAS

Retomamos a definición que xa traballamos de ser vivo e a clasificación máis popular dos seres vivos que fala dos "cinco Reinos".
Con este punto de partida...
Falamos de plantas
Identificamos as partes das plantas
 
Clasificacións de plantas

Curiosidades

Agora toca profundar nas tres funcións das plantas:
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: FOTOSÍNTESE E RESPIRACIÓN
Trataremos de recoller a información nun esquema.
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN: SEXUAL E ASEXUAL.
Falamos do que xa coñecemos e despois de ver con atención os videos Reproducción sexual plantas - partes de una flor e Reproduccion asexual de las plantas comentamos o máis importante.

5/6/19

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o día constituído pola ONU  como DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE para recordar a necesidade do coidado do noso medio...e actuar en consecuencia.
Sabemos que un día non basta...pero está nas nosas mans "ir xuntando días" para facer un medio mellor e con futuro.
Hoxe, especialmente sensibilizadas e sensibilizados, falamos de como podemos contaminar menos a nosa atmosfera.
Tamén traballamos varios contos e historias que nos fixeron reflexionar.

 

4/6/19

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca, por xentileza da editorial SM, recibimos a visita de OLGA CUERVO ÁLVAREZ.

Chamou a nosa atención a súa mímica, a súa interpretación dos personaxes poñendo voces distintas nas historias das que nos fixo partícipes...pero agora sabemos que Olga é tamén actriz e "profe" de teatro.

Foi unha sesión moi divertida, participamos con entusiasmo e estivemos moi, moi atentas e atentos para saber o desenlace dos contos...
Velaiquí as fotos do encontro:
Preme para ver as imaxes do álbum

POLIEDROS E CORPOS REDONDOS

Seguimos coa xeometría a voltas. Repasamos os videos do curso pasado sobre POLIEDROS e fixemos exercicios prácticos para diferencialos dos corpos redondos.
Falamos de caras, aristas, vértices, bases, superficies curvas...identificamos prismas, pirámides, conos, cilindros, esferas...e puxémolles "apelidos" aos poliedros polo número de lados das bases.

NAS FONTES DA HISTORIA

Esta quincena mergullámonos na Historia. 
Comezamos falando de "medir tempos históricos". Recordamos termos como milenio, século, década, lustro, a orde cronolóxica ou a liña do tempo.

Tamén falamos das fontes históricas que nos permiten achegarnos aos feitos e acontecementos relevantes para o seu estudo.
Comentamos diferentes informacións ao respecto, enganchamos no noso blog un par de videos comentados nas nosas aulas e recollemos a información nun esquema.

Relacionamos a información co importante labor de A. Fraguas.