15/5/19

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe os grupos de 3º e 4º xuntámonos no corredor de 4º para recitar as poesías gañadoras do XXVII CERTAME DE POESÍA con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019.
https://photos.app.goo.gl/P8bQkPZE9poyVVrP9

Despois do recreo asistimos no patio ás lecturas dos poemas premiados e dos raps do alumnado de quinto e sexto. As  gañadoras e os gañadores recibiron diplomas e agasallos polas súas poesías. 

https://photos.app.goo.gl/qQELR3Zzy9RWFJwz6

7/5/19

Hoxe rematamos as nosas exposicións individuais que, animadas por un público "entregado", gozaron de moito éxito.  Xa estamos preparando as nosas intervencións por parellas cargadas de experimentación, arte plástico e culinario...nuns días debutamos.
Máis detalles e fotos nas entradas da semana de exposición...
Foi un BO TRABALLO. Noraboa ás dúas clases!!!

ECOSISTEMAS

Buscamos información, lemos e comentamos que é un ecosistema. Preparamos un esquema coa información traballada. Tamén nos axudamos dalgúns videos educativos que enganchamos para compartir na casa:

Vocabulario: flora, fauna, adaptación, cadea alimentaria, produtores, consumidores, descompoñedores...
Enlace interesante coa presentación de ECOSISTEMAS (Primaria) de adelaleiro.com

6/5/19

TEMPO E CLIMA

Vemos a diferenza entre tempo atmosférico e clima.

Investigamos para que serven os instrumentos e aparellos dunha caseta metereolóxica. Traballamos con rexistros de temperatura e coa sección do tempo na prensa.

Interpretamos mapas metereolóxicos.



QUINTA SEMANA DE CHARLAS

Chegamos a nosa última tanda de charlas individuais:

LUNS, 6 DE MAIO:

- A miña mascota MAX
- A ximnasia rítmica
- Meghan Trainor
- A contaminación polo plástico
- Memphis Depay
 
Hoxe chegou o turno a Marco, Isabela e Sabela de 4ºA, Natalia e Jorge de 4ºB. Exposicións moi entretidas, fixemos moitas preguntas e agasallamos con moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/RYZHVmyyH6B79AnQ9

MARTES, 7 DE MAIO:

- Os libros de Tea Stilton
- A miña mascota Kora
- Cinco animais raros
- Dragon Ball
 
Rematamos esta actividade coas charlas de Mateo Lago de 4ºB e Lucía, Pablo Durán e Adam de 4ºA. Pasámolo xenial, fixemos moitas preguntas e houbo moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/B6RD5oreLWykhp6f7
https://photos.app.goo.gl/4swC1i1D6V7U96w98


3/5/19

PERCORRENDO A SENDA DO RÍO ALMOFREI

Luns, 29 de maio

Hoxe o grupo de 4ºB gozou dunha experiencia moi enriquecedora. Realizamos unha visita pola aldea do Salgueiral e percorrimos unha pequena parte do espazo natural e fluvial do río Almofrei guiados por Alicia e Gonzalo que nos foron dando explicacións sobre a flora e a fauna da zona.
Resultou moi interesante o achegamento á riqueza patrimonial do noso rural, neste caso un muiño de auga que  aprendimos como funcionaba coa colaboración dun veciño do Salgueiral.
Tamén realizamos unha xincana de probas sobre a contorna e debullamos mazarocas de millo.
https://photos.app.goo.gl/6uU9Dcg6dfgun2Te6
Preme sobre as imaxes para ver o álbum

Venres, 3 de maio

O grupo de 4ºA foi o protagonista da excursión de hoxe polo Salgueiral. Mesmo programa de traballo e mesmos monitores. Pasámolo de marabilla co percorrido pola beira do río, coas probas da xincana, coa busca da chave, co xogo dos animais, co funcionamento do muíño de auga, debullando millo, bailando muiñeira...gozando de moi bos momentos coas compañeiras, cos compañeiros e cos profes. Grazas a Alicia, Eligio e Gonzalo polos momentos compartidos esta mañá.
https://photos.app.goo.gl/PgW8EWGpfoU7PAp28
Preme sobre as imaxes para ver o álbum


2/5/19

CUARTA SEMANA DE CHARLAS

XOVES, 2 DE MAIO:

- Animais velenosos
- A miña mascota Lukitas
- A contaminación
- Bichos raros
 
Nova tanda de exposicións con  Mauro e Lucía de 4ºB, Alba e Brais de 4ºA. Exposicións completas e moi diferentes que causaron a nosa curiosidade,  moitas preguntas e moitos aplausos.
https://photos.app.goo.gl/KREiktRufoJF8rEn6

VENRES, 3 DE MAIO:


- As focas
- O oso panda
 
As charlas de hoxe estiveron a cargo de  Naia e Gabriela de 4ºB. Exposicións amenas que rematamos con preguntas e aplausos.
https://photos.app.goo.gl/mDQ3GoHiUJhPfrZ76