22/3/19

OBSERVA E PARTICIPA


Observa e relaciona as imaxes da animación coa data de hoxe. Anímate e coméntalas.
http://www.un.org/es/events/waterday/

XOGOS LINGÜÍSTICOS

Hoxe disfrutamos dunha divertida sesión de lingua galega coa axuda de Nerea e Chus de Xandobela subvencionada polo concello de Pontevedra. Aproveitamos o día primaveral para facer as actividades no patio do cole.
As dúas clases de 4º organizámonos en equipos e fixemos catro xogos lingüísticos: a vaca marela, o cocido, a vestimenta do meco e  xogos populares. 
Pasámolo moi ben, participamos con entusiasmo, atopamos a chave do cofre coa mensaxe:
A NOSA LINGUA É UN GRAN TESOURO QUE DEBEMOS COIDAR
Preme para ver máis imaxes
Preme para ver máis imaxes
https://www.youtube.com/watch?v=7ukgZ3iBDOQNo seguinte enlace  VACA MARELA podemos escoitar a canción que recitamos nun dos xogos.
E falando de vacas...
Curiosidades sobre a vaca
Curiosidades sobre a vaca do blog de Adela Leiro
 

20/3/19

MEDIDAS: UNIDADES DE LONXITUDE

Falamos de medir distancias, largos, alturas... Coñecemos o metro, pero empregamos múltiplos para medidas grandes e submúltiplos para medidas pequenas. Revisamos:

ACENTUACIÓN - 2

Diferenciamos as palabras pola súa sílaba tónica en esdrúxulas, agudas e graves ("llanas" en castelán) e agora fixámonos moito para saber usar o til ou acento gráfico.
Este video axúdanos a repasar as actividades traballadas no cole:

COMPOSTAXE: QUEN VIVE AÍ?


O luns 18 e o mércores 20 participamos  na actividade QUEN VIVE AÍ? do programa Plan Revitaliza que se desenvolveu no laboratorio. 
Investigamos que microfauna habita na compostaxe. Axudáronnos os monitores Antón e Manolo e as monitoras Teresa e María. Empregamos pinceis, "peneiras", recipentes de vidro e instrumental de aumento como lupas manuais e lupas binoculares.
 
Buscamos e diferenciamos os "bechos" que habitan na compostaxe (anélidos, colémbolos,  pseudoescorpións, coleópteros…) e que participan activamente na descomposición dos restos orgánicos, sendo parte fundamental do proceso para obter un bo compost.

A actividade gustounos moito. Temos moito que contar...


Velaquí algunhas imaxes:
https://photos.app.goo.gl/fw5RkxTYyWN5Kb9N6
https://photos.app.goo.gl/fw5RkxTYyWN5Kb9N6

18/3/19

GRAVAMOS CON ONDACERO

Un ano máis, o noso cole colabora coa radio e participa na gravación de diferentes fragmentos que, unha vez editados, serán emitidos na programación local. O alumnado de 4º aportou a lectura dunhas coplas e unhas poesías. Comentaremos a data de emisión...https://photos.app.goo.gl/JYhsRnvP9yXfjahM6

7/3/19

8 DE MARZO E CORRESPONSABILIDADE

Resultado de imagen de REPARTO TAREAS HOGAR
PARA LOGRAR A IGUALDADE TEMOS QUE FACER QUE HAXA CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DA CASA.
ESTAMOS A REFLEXIONAR SOBRE ISO NA ESCOLA CON CONTOS, VÍDEOS, LÁMINAS, XOGOS...
AXUDÁDESNOS DENDE A CASA?
 ----------------------------------------------
Nas nosas clases aproveitamos a robótica para traballar a corresponsabilidade nas tarefas da casa. Empregamos un robot MULLER e un robot HOME e "xogamos" a desempeñar as diferentes tarefas propostas. Compartimos e reflexionamos os resultados por equipos.
Velaquí fotos da actividade:
https://photos.app.goo.gl/FyesK8BrxiTu17H2A
Preme para ver máis imaxes