11/2/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, día 11 de febreiro, por iniciativa das Nacións Unidas celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Unímonos a esta celebración de sensibilización pola participación equitativa e activa da muller no mundo científico con diferentes actividades:

-Traballamos co libro ADA MAGNÍFICA CIENTÍFICA que trouxemos da biblioteca.
- Vimos tamén a mensaxe en video de Jane Goodall ás nenas que queren ser científicas sobre a que despois comentamos.

8/2/19

LA NIÑA INVISIBLE

Co mes de febreiro comezamos a lectura do libro LA NIÑA INVISIBLE de David Peña Toribio, máis coñecido polo pseudónimo de Puño.
A protagonista é unha nena chamada Trog que vive na Prehistoria e pasa por moitas aventuras...Estamos "lanzadas e lanzados" coa súa lectura. Son capítulos curtiños e sábenos a pouco ir de un en un...asi que avanzamos con ilusión.
A MAIOR AVENTURA É PODER DECIDIR CAL QUERES QUE SEXA A TÚA AVENTURA.
A nosa aventura agora e gozar da historia desta nena intrépida que afronta perigos e dificultades con valentía.

RÍOS E RÍOS

Falamos de augas doces e augas salgadas. Ampliamos información. Visionamos os curtos de Eduteca sobre OS RÍOS e AS VERTENTES FLUVIAIS DE ESPAÑA:


 
Curiosidades:
Por que hai auga nos ríos cando non chove?

No blog da profesora Adela Leiro http://www.adelaleiro.com/index.aspx atopamos información moi interesante sobre os ríos. Comentamos dúas presentacións das que colgamos os enlaces:

OS RÍOS

OS RÍOS GALEGOS

A BIBLIOTECARIA DE BASORA

Esta é unha historia real que aconteceu na cidade de Basora en Irak. Durante a guerra de Irak (2003-2011), a bibliotecaria de Basora loita por salvar os libros. O amor á literatura e o respecto polo coñecemento non ten fronteiras. 
Conto precioso escrito e ilustrado por Jeanette Winter publicado por Editorial Juventud e interpretado neste video por Beatriz Montero. 
Gustounos moito e serviunos para comentar e reflexionar na aula. Tamén é revolución, tamén é unha loita pola paz. Agora queremos compartilo coas nosas familias.

4/2/19

UNHA HISTORIA EXTRAORDINARIA

Rematamos o noso traballo dos sentidos.
Nas últimas sesións vimos as maquetas dun oído e dun ollo que están no laboratorio. Desarmamos e montamos as pezas para identificar as partes de cada un destes órganos.
Completamos fichas de cada sentido co resumo da información traballada.
---------------------------------------
Dedicamos un tempiño  a coñecer a linguaxe de signos. A canción LA MURALLA foi interpretada tamén con xestos na celebración do DÍA DA PAZ.

Observamos con moita curiosidade material escolar con linguaxe Braille: textos, esquemas, contas de dividir, planos, mapas...Tamén aprendimos como é unha máquina Perkins. Nuria explicounos como funciona esta máquina de escritura Braille e fixemos unha pequena práctica.
https://photos.app.goo.gl/L7nLsneMrUr8WTsi9


https://photos.app.goo.gl/s28qri6kSgi5ryqv6
Coñecimos a extraordinaria historia de HELEN KELLER e a súa educadora ANNE SULLIVAN. Unha historia real de esforzo e superación que nos deixou moi impactadas e impactados. Interesámonos por coñecer máis... averiguamos algúns datos biográficos, localizamos gravacións reais, escoitamos un conto coa súa admirable historia. Deixamos os enlaces para compartir:
 
Neste video producido no ano 1928, Anne Sullivan explica como traballou con Helen Keller e podemos escoitar as súas voces.

1/2/19

NÚMEROS DECIMAIS

Medidas, temperaturas, euros e céntimos...
Teño 37º e pico, non chego a 38º.
Peso 25 Kg e algo.
O bocadillo custa medio euro.
Os números decimais serven para expresar ese pico, ese algo...que pasa dun número enteiro.
Deixamos xogos online para practicar na marxe esquerda da pantalla.

ACENTUACIÓN - 1

Clasificamos as palabras pola súa sílaba tónica. Realizamos actividades para distinguilas e deixamos  un video, un esquema  e uns xogos para seguir practicar:



Clica para comezar a practicar