21/1/19

CICLO DA AUGA

O fenómeno coñecido como ciclo da agua é aquel que fai que a auga vaia pasando polos seus diferentes estados (líquido-sólido-gasoso) en diferentes momentos para manterse sempre como un dos elementos máis importantes do noso planeta.
A auga é imprescindible para a vida. O ciclo da auga fai posible a súa constante transformación e renovación. 
Ademais do traballo de aula, as lecturas e os comentarios, podemos visionar curtos que nos axuden a recordar e resumir a información:

18/1/19

15/1/19

SENTIDO DA VISTA

Comezamos polo sentido da vista.
Vocabulario: OLLOS - PÁLPEBRAS - CELLAS - PESTANAS - IRIS - PUPILA - NERVIO ÓPTICO
Visionar video desde minuto 1:30

E TOCA REPARTIR

Xogamos a repartir unha pizza, unha tarta, unha empanada...e chegamos as fraccións.
.Que son
.Como se representan
.Como se len
Visionamos o seguinte curto de Eduteca que recolle o que imos traballando: 

 Na zona esquerda do blog temos uns enlaces para practicar.

14/1/19

MOITA, MOITA AUGA


 
Comezamos o noso traballo sobre a HIDROSFERA, que definimos como o conxunto de toda a auga da Terra
Comentamos onde podemos atopar auga: mares, oceános, ríos, lagos, lagoas, glaciares, augas subterráneas...Auga que pode ser doce (3%) ou salgada (97%).
Falamos dos estados da auga: sólido, líquido e gasoso.

Buscamos e recollemos información nos libros e internet, lemos, completamos esquemas e facemos resumos.
Axudámonos tamén duns videos curtiños:



11/1/19

ACTIVIDADES PLÁSTICAS EN 3D

Realizamos actividades con plegado de papel. Neste mes daremos especial protagonismo á PAPIROFLEXIA ou ORIGAMI. Comezamos cun cadro de motivos invernais:
https://photos.app.goo.gl/PkWAVmtv1dXxfAQc9
E asi de chulísimas quedaron as nosas paisaxes invernais:
Preme se queres ver máis fotos

OS SENTIDOS

Seguimos traballando sobre a función de RELACIÓN. Agora comezamos cos SENTIDOS. Nas primeiras sesións visionamos dous curtos que nos serviron para comentar e recordar moita información de cursos anteriores. 
O curto "OUT OF SIGHT" (Fóra de vista) conta a historia dunha nena que coñece o mundo de maneira diferente por medio dos sentidos... 
O curto de Camaleón achéganos ao mundo dos sentidos dunha maneira moi divertida:
A partir da próxima semana veremos con máis detalle cada un dos cinco sentidos.