21/11/18

CONCERTO "FETÉN FETÉN"

Hoxe realizamos a  primera saída escolar deste curso fóra do recinto escolar.
Foi unha grande estrea porque asistimos ao concerto didáctico do dúo FETÉN FETÉN:
Diego Galaz: Violín, violín trompeta, phonoviolín, serrucho, mandolina, gaivotas e… vacas. 
Jorge Arribas: Acordeón, frauta cadeira de camping, á de voitre, basuri, recogeval, castañuelas e… cencerro.
Resultou moi entretido e participativo. Escoitamos composicións con instrumentos curiosos como o mandocaldeiro, a frauta cadeira e o basuri...tamén "bailamos jota" e aplaudimos moito.

Clica para ver máis fotos
Clica para ver máis fotos

19/11/18

FUNGOS

https://photos.app.goo.gl/3kk2gNUi1cVyUJzZAHoxe tiñamos xa algunhas respostas á proposta do venres.
Comentamos as informacións recollidas durante a fin de semana.
Elia, despois de ver o blog, fixo un traballo e aportounos máis detalles. Analía mostrounos fotos curiosas dun libro monográfico sobre setas en Europa.

Recordamos do curso pasado a clasificación dos seres vivos cos seus "cinco reinos clásicos":
Falamos de fungos.
Son heterótrofos, non fabrican o seu alimento. Non teñen clorofila e, por tanto, non poden realizar a fontosíntese.
Non se moven, viven en sitios húmidos e aliméntanse doutros seres vivos.
Podemos atopalos baixo terra, sobre madeira ou sobre alimentos en descomposición.
No noso caso, os fungos do patio medraron sobre o tronco cortado dunha árbore despois duns días de chuvia.
Hai fungos de diferentes tipos: levaduras, mofos, cogomelos...

Definición no Dicionario RAG

http://www.adelaleiro.com/v/Cat%C3%A1logo-de-descargas/Temas/Ciencias-Naturais/Adela/Os-fungos/436.aspx

16/11/18

NIN PLANTAS NIN ANIMAIS

Nova proba de investigación.
Fotos  tomadas esta mañá no patio do cole:

https://photos.app.goo.gl/3kk2gNUi1cVyUJzZA
Que son?
Preguntade na casa, consultade, buscade...o luns comentamos.

15/11/18

NOVA SORPRESA ANIMAL

Os animais comunícanse entre eles e saben das nosas afeccións. Asi que se achegan polo cole e visítannos sen avisar...Esta mañá desde as ventás do grupo B "avistamos" un pequeno moucho no alero do tellado.

O bufo miraba cara a nosa clase case con tanta curiosidade coma a que puxemos nós observando os seus movementos...tiramos unha foto para comentar nesta entrada.   
                                              
http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/am%204%20o%20moucho%20Rub%C3%A9n.pps
Como nos fixo moita ilusión, incorporamos como agasallo un pequeno conto que ten como protagonista ao moucho Rubén que coida de que todo funcione correctamente. Clica sobre a súa portada.
Se alguén quere saber máis, suxerimos tres enlaces sobre estes curiosos animais con informacións e imaxes:
http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/65%20curuxas.ppshttp://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/66%20mouchos.pps
http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/67%20bufos.pps

14/11/18

OBRADOIRO PREVENCIÓN DESVIACIÓNS DO RAQUE


Hoxe asistimos con curiosidade a un obradoiro formativo para previr a aparición de dor nas costas nos menores e reducir a súa incidencia en idades máis avanzadas.
Estivo impartido polo fisioterapeuta Manuel Fraiz da Unidade de Desviacións do Raque do Hospital de Montecelo coa colaboración de Sofía alumna de cuarto grado da Facultade de Fisioterapia.

Falamos da columna vertebral, das normas de hixiene postural e o papel fundamental que ten a actividade física regular na prevención desta dor.

Comprometímonos a poñer en práctica algúns dos consellos recibidos e contamos cunha próxima visita o próximo mes de decembro.

 Clica para ver máis fotos.

13/11/18

MAGOSTO 2018

Despois dunha semana pasada por auga, chegou o esperado MAGOSTO.

Foi un martes 13, soleado, alegre, festivo, divertido e compartido por todo o cole que aproveitamos ao máximo.

Comezamos a xornada montando os cucuruchos, preparando o material para o xogo da rá e organizando os equipos, pares e impares, mesturando os grupos A e B.

Paco e o alumnado de sexto, un ano máis, encargáronse de asar as castañas.

A partir das dez comenzamos cos XOGOS que cambiamos cada quince minutos:


-XOGO DA RÁ

-CASTAÑA POR DETRÁS

-QUE NON CAIA

-BOMBA

-BAILE DA CASTAÑA
-OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

Despois do recreo, chegou a DEGUSTACIÓN de CASTAÑAS que repartiu o alumnado maior. Pelamos e comimos moitas castañas. Tamén como anécdota contamos que, agora que sabemos un chisquiño máis,  localizamos máis dun verme de gorgullo...
 Clica neste enlace para ver todas as fotos.

Pasámolo xenial!!!

12/11/18

ÓSOS E MÚSCULOS


A semana pasada recordamos as nosas calaveras garbanceras do curso pasado.
Retomamos a información e con elas decoramos o corredor polo Samaín.
Tamén recortamos e montamos moitos esqueletos...

Tócanos agora traballar sobre o noso aparato LOCOMOTOR: ósos e músculos.
Limos e comentamos xa algúns textos.
Visionamos uns curtos moi entretidos que resumen a información: