Falamos de rochas e minerais...falamos da composición do noso planeta Terra.
Estes días, en Ciencias Sociais, estamos a voltas coas capas internas da Terra: núcleo, manto e codia.
ESTE É O BLOG DE 6º DO CEIP VILAVERDE. APUNTAREMOS AQUÍ TODO O QUE NOS VAIA SUCEDENDO NESTE CURSO. O BLOG CREÁMOLO CANDO ESTABAMOS EN INFANTIL AO DAR OS PRIMEIROS PASOS NO COLE E AGORA IMOS POÑER AS NOSAS ANDANZAS EN PRIMARIA
25/10/18
19/10/18
ANTÍO ANUNCIA O MAGOSTO
Xa chegou Antío ao cole, iso é sinal de que o Magosto está preto.
Antío sempre vén cando venta que vai haber castañas.
Deixounos unha carta solicitando receitas con castañas.

Para non esquecer a data do Magosto pide que lle fagamos carteis para poñer polo colexio.
Este Antío só pensa en comer!

OUTROS SERES NA TERRA: OS MINERAIS E AS ROCHAS
Estamos a aprender sobre rochas e minerais. Na Terra hai moitos!
Trouxemos moitos minerais e rochas diferentes que presentamos e compartimos coas nosas
compañeiras e cos nosos compañeiros.
Algúns minerais realmente curiosos e todos eles moi vistosos.
Empregamos a nosa vista e o noso tacto, pero tamén a lupa binocular.
Algúns minerais realmente curiosos e todos eles moi vistosos.
Empregamos a nosa vista e o noso tacto, pero tamén a lupa binocular.
18/10/18
INVESTIGAMOS SOBRE UN INSECTO...
Antecedentes:
Onte, no recreo, observamos un enorme insecto (5 cm de corpo) que causou a nosa curiosidade.
Estaba no campo de baloncesto, voaba torpemente, tiña unhas patas finas e moi longas...despois posouse na parede do ximnasio.
Tiñamos moitas preguntas e pedimos axuda para tirarlle unhas fotos antes de que saíra voando...
Estas son as fotos:
Proposta para mentes curiosas:
As dúas clases de 4º temos que investigar e a partit do luns 22 comentaremos. Esperamos dar resposta as seguintes preguntas:
Cal é o seu nome?
Onde vivirá?
Que comerá?
É perigoso?
Canto vive?
20181021.- E hoxe é noticia...
20181022 .- Video informativo sobre a típula
Así anotamos e resumimos o que aprendimos:
Onte, no recreo, observamos un enorme insecto (5 cm de corpo) que causou a nosa curiosidade.
Estaba no campo de baloncesto, voaba torpemente, tiña unhas patas finas e moi longas...despois posouse na parede do ximnasio.
Tiñamos moitas preguntas e pedimos axuda para tirarlle unhas fotos antes de que saíra voando...
Estas son as fotos:
Proposta para mentes curiosas:As dúas clases de 4º temos que investigar e a partit do luns 22 comentaremos. Esperamos dar resposta as seguintes preguntas:
Cal é o seu nome?
Onde vivirá?
Que comerá?
É perigoso?
Canto vive?
20181021.- E hoxe é noticia...
Este insecto tamén foi noticia na prensa deste domingo. Aproveitamos para ler e comentar o artigo.
Escoitamos as informacións aportadas na clase e visionamos un video de "Fauna barbuda" que explicaba con detalle datos sobre o insecto identificado como TÍPULA.
20181022 .- Video informativo sobre a típula
Así anotamos e resumimos o que aprendimos:
10/10/18
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VESPA VELUTINA NA BIBLIOTECA
Despois duns días recollendo diferentes informacións sobre a vespa velutina, hoxe na biblioteca do cole tivemos unha charla a cargo do apicultor José María Domínguez. Comentounos características das vespas velutinas, como chegou ata Galicia, como fai os niños, como "aniquila" colmeas porque aliméntase de abellas, mel e froitas.
Tamén explicounos como facer trampas de vespas velutinas e cales son as tres receitas máis eficaces para poñer de "cebo". Na clase montamos unha trampa por equipo.
Tamén explicounos como facer trampas de vespas velutinas e cales son as tres receitas máis eficaces para poñer de "cebo". Na clase montamos unha trampa por equipo.
5/10/18
INVESTIGAMOS SOBRE A VESPA VELUTINA
Preguntamos, buscamos información e anotamos ou gardamos no lapis de memoria ou "pen drive" a información que compartimos nas nosas clases.
Traballamos con imaxes, carteis con recomendacións, videos, noticias de prensa...
Tamén traballamos coa lupa binocular. Vimos moi aumentada unha vespa e anotamos moitas curiosidades.
Comparamos unha abella e unha vespa velutina.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)