15/5/18

COÑECÉNDONOS MELLOR

Comezamos as lecturas coas descricións das nosas compañeiras e os nosos compañeiros de clase. Escoitamos con atención e aportamos comentarios que completen e axuden a coñecer mellor como somos por DENTRO e por FÓRA.
Martes 15 de maio

POLIEDROS






14/5/18

QUE PODE SER?

Pensemos, averigüemos, investiguemos...

Antecedentes:
Estaba nun xardín, estaba enterrada...

Está é a foto do luns 30 de abril:
O mércores 2 de maio...seguimos observando e non apreciamos cambios.
Na clase escoitase falar de larvas, gusanos, escaravellos, bolboretas...


O xoves 3 de maio...seguimos a observación e non hai cambios.
Comezan as especulacións na clase, algunha nena e algún neno xa estiveron comparando na rede con fotos similares e temos algunhas hipóteses, velaquí que anotamos:
-É unha bolboreta.
-É un capullo.
-É un ovo de xoaniña (descartado porque temos fotos e comprobamos que non son así).
-Ë unha abella.
-É un capullo de bolboreta.
-É unha crisálida de bolboreta.
-É un capullo de "polilla".
-É unha larva.
-É un saltón.
-É un saltón máis grande do normal, tipo langosta.
-É unha semente xerminando.
-É un insecto.
-É un mosquito.
-É unha cría de libélula.
-É unha cría de escolopendra porque teñen esa cor.
-Parece un dátil.
A tarefa de investigación continúa, buscamos, comparamos informacións...mañá máis...

O venres 4 de maio...non atopamos cambios, tampouco parece moverse, pero xa temos datos dalgunhas investigacións:

-A familia de Mateo con afecciones entomolóxicas aporta informacións moi interesantes:
.Parece unha crisálida de esfingidae, posiblemente da especie Acherontia atropos.
.Enlace de interese crisálida de acherontia atropos ("La esfinge de la muerte" o "Esfinge de la calavera"), mariposa nocturna
.Foto do ciclo completo desta bolboreta nocturna:
.A foto da pupa ou crisálida é moi parecida á foto nosa.
.Interesa saber canto mide a crisálida porque ese tamaño pode axudar a saber de que especie da familia  Noctuidae falamos. Tamén pode axudar aportar información do lugar na que apareceu.

Na clase comparamos fotos na rede e atopamos tamén dúas páxinas de interese:

Todo parece indicar que temos que esperar a eclosión da crisálida para saber de que especie é a bolboreta.
Coidaremos a nosa crisálida e seguiremos informando...

O luns 7 de maio, a nosa crisálida seguía igual, mesmo tamaño e parecida cor, non se movía...
Mantivemos húmida a terra e non movimos o tarro. 
O mércores 9 de maio, notamos que tiña unha cor máis escura e comezamos a pensar que probablemente a nosa crisálida estaba morta con tanto paseo e calor da clase...
O xoves 10 de maio, Mateo apunta que cando a crisálida ten esa cor máis escura, axiña saíra a bolboreta... Toda a clase está bastante desanimada e segue pensando que a crisálida está morta. Limos que a eclosión probablemente sería de noite...
A profe fixo fotos a unha bolboreta nocturna que atopou próxima ao lugar no que estaba enterrada a crisálida. A polilla estaba agachada no marco da porta e "podería ser similar" á que supoñemos sairía da crisálida que temos na clase...
O venres 11 de maio
SORPRESA!!!
Da crisálida queda a "funda" ou "cuberta" hai un burato polo que supoñemos que durante a noite saiu a bolboreta...nin rastro dela, estará agachada nalgún lugar da clase?

O luns 14 de maio
SORPRESA!!! SORPRESA!!!
No teito da nosa clase observamos unha bolboreta:
Comezan novas hipóteses, temos unha sospeita: podería ser a "mariposa nocturna" que saíu da nosa crisálida...
Collímola con moito coidado cun vaso transparente, observámola, fotografiámola, medímola...
https://photos.app.goo.gl/xRFc6wHWLuQzJxSW6
Máis fotos clicando
Soltámola no patio do cole, nun lugar tranquilo e cheo de vexetación, para que siga o seu camiño.

Agora cos novos datos e, a vista das fotos, todo fainos sospeitar que estaríamos ante unha "polilla" coa seguinte clasificación:
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orden: Lepidoptera
(sin rango): Macrolepidoptera
Familia: Noctuidae
Subfamilia: Noctuinae
Seguimos alerta aos vosos comentarios, sempre haberá alguén que poida aportarnos máis información de interese.
A experiencia serviunos para buscar, investigar, preguntar, comparar, lanzar hipóteses e recordar a metamorfose destes animais invertebrados.

11/5/18

SIMETRÍAS


Traballamos en Matemáticas e Plástica con simetrías:
-Completamos bolboretas plegando a folla.
-Completamos figuras sobre cuadrícula.
-Copiamos figuras en espello.
-Buscamos o eixe de simetría en polígonos.


10/5/18

AS NOSAS DESCRICIÓNS

 
Esta semana e a próxima redactaremos a descrición da compañeira ou do compañeiro que está a nosa esquerda co maior detalle posible.

Trátase dun traballo en cadea que expoñeremos por equipos durante catro sesións. 

Procuraremos facelo seguindo as instruccións de clase, coa boa ortografía e moito coidado. Con todas as descricións prepararemos unha sorpresa...

5/5/18

CROSS ESCOLAR


Hoxe, sábado 5 de maio, celebrouse a edición XXIV do CROSS ESCOLAR do CEIP Vilaverde-Mourente.
As nenas e os nenos de 3º e 4º participaban na categoría BENXAMÍN. Compartiron coas súas familias deporte, diversión e un espléndido día primaveral.
NORABOA!!!

https://photos.app.goo.gl/9NFze0Bf6VStYAZv2
Máis fotos clicando imaxe




4/5/18

MAIO DAS LETRAS: Mª VICTORIA MORENO


Estamos no mes de maio e temos moitas tarefas relacionadas coas letras galegas:

- Elaborar poesía para o Certame do colexio
- Asistir ao concerto das letras galegas
- Analizar a biografía de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada.
- Buscar noticias de prensa relacionadas.



- Traballar con algunha das súas obras. A nosa mascota suxeriunos "Eu conto, ti cantas"
- Reelaborar unha portada para o libro.