Foi unha experiencia moi curiosa. Observamos unha araña, unha avespa asiática, unha avelaíña, un caracol, unha lombriga de terra e unha abella. Anotamos os detalles das nosas observacións, despois comentamos na clase e completamos os nosos debuxos. Agora buscaremos máis información nuns libros que trouxeron as profes da biblioteca de Lampi e temos outra proposta interesante...comentaremos nuns días...
ESTE É O BLOG DE 6º DO CEIP VILAVERDE. APUNTAREMOS AQUÍ TODO O QUE NOS VAIA SUCEDENDO NESTE CURSO. O BLOG CREÁMOLO CANDO ESTABAMOS EN INFANTIL AO DAR OS PRIMEIROS PASOS NO COLE E AGORA IMOS POÑER AS NOSAS ANDANZAS EN PRIMARIA
15/11/17
NO LABORATORIO COAS LUPAS BINOCULARES
9/11/17
CONCERTO DE XAVIER LOZANO
Hoxe despois do recreo, asistimos a un concerto didáctico que mantivo a nosa atención de principio a fin. O fraustista e obxectofonista Xavi Lozano emprega a súa técnica de instrumentista de vento para tocar todo tipo de tubos que se lle poñan diante.
Ensinounos como moitos obxectos da vidia cotiá poden usarse para facer música como auténticos instrumentos -obxectos capaces de producir son-
Xavi pode construir unha dulzaina cunha botella de plástico e faina soar de maneira sorprendente. Demostrounos como fixo clarinetes con tubos de regadío, con ladrillos, cunha roda de bicicleta, cunha vasoira, cunha "escaleira", cunha botella e un tapón, cunha muleta, cunha regadeira, cun valado... e fíxonos demostración de todo elo.
ANIMAIS INVERTEBRADOS
Chegou o momento de recordar o que sabemos sobre animais invertebrados. Queremos saber máis, temos moitas curiosidades e moitas preguntas por resolver...
Comezamos cun pequeno video:
Comezamos cun pequeno video:
E alguén pregunta se as arañas son insectos...😀😀😀
Aquí temos a resposta:
Lemos información nos libros, buscamos no dicionario vocabulario novo como samesuga, preparamos novos esquemas e queremos ver algún destes "bichiños" nas lupas binoculares...todo parece moi, moi interesante.
Imos ampliando información sobre algúns dos invertebrados máis coñecidos.
ARTRÓPODOS:
MOLUSCOS:
ARTRÓPODOS:
MOLUSCOS:
22/10/17
ANIMAIS VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS
Fixemos clasificacións dos animais pola súa nutrición, pola súa reprodución, polo medio no que se desenvolven...
Os animais, segundo o seu aparato locomotor, podemos clasificalos en dous grandes grupos:
- Animais vertebrados que teñen esqueleto interno: columna vertebral e ósos.
- Animais invertebrados que non teñen esqueleto nin columna vertebral.
Ademais dos esquemas traballados na clase, visionamos videos e curtos moi interesantes con explicacións e curiosidades:
Kiwi, unha ave moi curiosa
Serpe do millo desovando
4.- ANFIBIOS
5.- PEIXES
Os animais, segundo o seu aparato locomotor, podemos clasificalos en dous grandes grupos:
- Animais invertebrados que non teñen esqueleto nin columna vertebral.
Ademais dos esquemas traballados na clase, visionamos videos e curtos moi interesantes con explicacións e curiosidades:
Os animais vertebrados divídense en cinco grupos:
1.- MAMÍFEROS
Nos seguintes enlaces temos videos sobre mamíferos moi peculiares:
2.- AVES
3.- RÉPTILES
Serpe do millo desovando
4.- ANFIBIOS
5.- PEIXES
18/10/17
APRENDEMOS SOBRE OS SERES VIVOS
SABEDES QUE HAI VARIOS REINOS DE SERES VIVOS?
NÓS SI.
ESTAMOS TRABALLANDO CON ELES E INVESTIGANDO
NÓS SI.
ESTAMOS TRABALLANDO CON ELES E INVESTIGANDO
17/10/17
CON ANTÍO INVESTIGAMOS PARA O SAMAÍN
ESTES DÍAS ESTAMOS APRENDENDO SOBRE O SAMAÍN.
- TRAEMOS INFORMACIÓN E COMENTÁMOLA.
- LEMOS HISTORIAS
- ELABORAMOS HISTORIAS DE SAMAÍN CON CUBOS
E...
MOITO MÁIS QUE XA IREDES VENDO!
- TRAEMOS INFORMACIÓN E COMENTÁMOLA.
- LEMOS HISTORIAS
- ELABORAMOS HISTORIAS DE SAMAÍN CON CUBOS
E...
MOITO MÁIS QUE XA IREDES VENDO!
5/10/17
XA CHEGOU ANTÍO
ANTÍO XA ESTÁ PRETIÑO DA BIBLIOTECA.
NA CLASE DEIXOUNOS UN SOBRE MOI BONITO CUNHA CARTA.
NA CARTA PEDÍANOS QUE INVESTIGARAMOS SOBRE O SAMAÍN... SAMAÍN?
QUE ANDARÁ ARGALLANDO?
ONTE APARECEU CUN CHAPEU DE BRUXA NA CABEZA. QUE MÁIS PORÁ?
NA CLASE DEIXOUNOS UN SOBRE MOI BONITO CUNHA CARTA.
NA CARTA PEDÍANOS QUE INVESTIGARAMOS SOBRE O SAMAÍN... SAMAÍN?
QUE ANDARÁ ARGALLANDO?
ONTE APARECEU CUN CHAPEU DE BRUXA NA CABEZA. QUE MÁIS PORÁ?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




