9/11/17

ANIMAIS INVERTEBRADOS

Chegou o momento de recordar o que sabemos sobre animais invertebrados. Queremos saber máis, temos moitas curiosidades e moitas preguntas por resolver...

Comezamos cun pequeno video:


E alguén pregunta se as arañas son insectos...😀😀😀
Aquí temos a resposta:

Lemos información nos libros, buscamos no dicionario vocabulario novo como samesuga,  preparamos novos esquemas e queremos ver algún destes "bichiños" nas lupas binoculares...todo parece moi, moi interesante.

Imos ampliando información sobre algúns dos invertebrados máis coñecidos.
ARTRÓPODOS: 

MOLUSCOS:


22/10/17

ANIMAIS VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS

Fixemos clasificacións dos animais pola súa nutrición, pola súa reprodución, polo medio no que se desenvolven...

Os animais, segundo o seu aparato locomotor, podemos clasificalos en dous grandes grupos:

- Animais vertebrados que teñen esqueleto interno: columna vertebral e ósos.

- Animais invertebrados que non teñen esqueleto nin columna vertebral.


Ademais dos esquemas traballados na clase, visionamos videos e curtos moi interesantes con explicacións e curiosidades:

 

Os animais vertebrados divídense en cinco grupos:

1.- MAMÍFEROS


Nos seguintes enlaces temos videos sobre mamíferos moi peculiares:

2.- AVES
3.- RÉPTILES

Kiwi, unha ave moi curiosa
Serpe do millo desovando

4.- ANFIBIOS
5.- PEIXES


18/10/17

17/10/17

CON ANTÍO INVESTIGAMOS PARA O SAMAÍN

ESTES DÍAS ESTAMOS APRENDENDO SOBRE O SAMAÍN.
- TRAEMOS INFORMACIÓN E COMENTÁMOLA.
- LEMOS HISTORIAS
- ELABORAMOS HISTORIAS DE SAMAÍN CON CUBOS
E...
MOITO MÁIS QUE XA IREDES VENDO!
Resultado de imagen de SAMAÍN

5/10/17

XA CHEGOU ANTÍO

ANTÍO XA ESTÁ PRETIÑO DA BIBLIOTECA.
NA CLASE DEIXOUNOS UN SOBRE MOI BONITO CUNHA CARTA.
NA CARTA PEDÍANOS QUE INVESTIGARAMOS SOBRE O SAMAÍN... SAMAÍN?
QUE ANDARÁ ARGALLANDO?
ONTE APARECEU CUN CHAPEU DE BRUXA NA CABEZA. QUE MÁIS PORÁ?

11/9/17

COMEZAMOS 3º

ESTE 11 DE SETEMBRO IDES ATOPARNOS NUNHA NOVA AULA. ADEMAIS ESTAREMOS NO SEGUNDO ANDAR. TODO ISO PORQUE SOMOS MAIORES E ESTAMOS XA EN 3º!

AS NOSAS MASCOTAS DEBEN ESTAR XA AGARDÁNDONOS NA NOVA AULA OU... APROVEITARÍAN ESTES DÍAS PARA DEIXARNOS UNHA CARTA. AGARDAMOS QUE NOS CONTEN QUE FIXERON NAS VACACIÓNS.

Resultado de imagen de CARTA