- 5 Inventos importantes
- O triathlon
- Leonardo da Vinci
- Gatos
E chegou o día!!! As dúas clases de 4º acolleron a presentación das catro primeiras charlas.
Miguel, Álvaro, Pablo José e Pedro explicaron o seu traballo e contestaron as
preguntas do "público". Houbo interese, atención e curiosidade.
Rematamos cada sesión con aplausos.
MÉRCORES 3 DE ABRIL:- Backstreet Boys
- Maxia
- O palangre e as nasas
Hoxe disfrutamos moito coas aportacións de Nuria, Mario Villar e Rubén. Falouse de música e de pesca, disfrutouse coa explicación e os números de ilusionismo. Quedámonos co comentario cariñoso feito polo "mellor público do mundo" de que foron traballos "moi currados". Noraboa!!!
XOVES 4 DE ABRIL:
XOVES 4 DE ABRIL:
- A miña mascota Koko
- Mulleres deportistas
- Os seis animais máis tenros do mundo
- Os coellos
Hoxe asistimos ás charlas de Thiago, Sela, Mateo Requejo e Pablo Cobas.
Falouse de animais e deportes. Resultaron moi amenas e agradecemos a colaboración familiar que estamos recibindo.
Na charla sobre os coellos domésticos fixemos a Estela, compañeira de terceiro, partícipe da sorpresa que nos tiña preparada Pablo...un precioso coello gris que se deixou aloumiñar pola clase.
Un día máis, NORABOA!!!
Esta actividade está xenial. Gracias polas fotos profes
ResponderEliminarGrazas ás familias pola vosa colaboración. As dúas clases están participando con entusiasmo e aprendemos moito compartindo estes traballos. Saúdos "Anónimo".
ResponderEliminar