Desde o martes 23 de abril hai unha invitación na porta da Biblioteca.
A nosa curiosidade é grande, pero non coincidíamos nos horarios para averiguar en que consistía a proposta...
Hoxe baixamos moi intrigadas e moi intrigados, alguén apuntou que tiña que ver co ESPAZO MAKER.
Algunha razón tiñamos!!!
Tres personaxes MIND, DOC e BLUE BOC e tres paneis con imaxes de contos e preguntas agardaban a nosa visita.
Comezamos a curiosear e organizámonos como equipos para poder traballar cos tres robots.
Pasámolo xenial, aínda que soubo a pouco. A profe díxonos que repetiremos actividade para pasar polos tres recantos.
Velaquí as fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario