Nuria atopou o luns pasado un niño de velutinas no teito do garaxe da súa casa.
Como nos dí ela o niño viña con avespas adultas e moitos ovos. O que se ve na foto é a metade do niño.
O proceso que nos conta Nuria para quitalo foi o seguinte:
Primeiro, botaron
un spray para matar as que estaban dentro. Logo esperaron un tempo a
que fixera efecto e cunha espátula, o retiraron e o sacaron.
Xusto
despois de que o sacaran, viña unha avespa que fora de paseo e non
encontraba o niño. Unha das mozas (co traxe) botoulle o spray para que
morrera, pero a avespa enfadouse e comezou a perseguirnos. Saímos correndo e ao pouco
caeu ao chan polo líquido.
Ao final, puidemos sacarlle a foto ao
niño e nada máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario