Fomos coñecer como se traballa e comentamos co alumnado que tal lles foi
durante este ano escolar. Teñen axendas "máis gordiñas", tamén usan libretas cuadriculadas e
raiadas, teñen libros dixitais e teñen a Plástica bilingüe en inglés e galego, cambian de aulas segundo as materias impartidas, pero o que máis chamou a nosa atención son os ORDENADORES PERSOAIS de cor vermella que tiñan sobre as mesas, falaron do traballo con ROBOTS e o famoso ESPAZO MAKER...Prepararon uns videos que serviron para comentar o seu paso polas aulas de 5º.
Explicáronnos as dificultades
atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, preguntamos, escoitamos,
compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.
Houbo sorpresa cos códigos QR nos marcapáxinas que nos agasallaron ... con eles chegamos a páxinas sobre TÉCNICAS DE ESTUDO con bos consellos para aplicar.
Nós levamos uns marcapaxinas moi especiais para desexar un EMOCIONANTE curso 2019/2020 no que compartir moitas, moitas experiencias...
No hay comentarios:
Publicar un comentario