20/3/19

COMPOSTAXE: QUEN VIVE AÍ?


O luns 18 e o mércores 20 participamos  na actividade QUEN VIVE AÍ? do programa Plan Revitaliza que se desenvolveu no laboratorio. 
Investigamos que microfauna habita na compostaxe. Axudáronnos os monitores Antón e Manolo e as monitoras Teresa e María. Empregamos pinceis, "peneiras", recipentes de vidro e instrumental de aumento como lupas manuais e lupas binoculares.
 
Buscamos e diferenciamos os "bechos" que habitan na compostaxe (anélidos, colémbolos,  pseudoescorpións, coleópteros…) e que participan activamente na descomposición dos restos orgánicos, sendo parte fundamental do proceso para obter un bo compost.

A actividade gustounos moito. Temos moito que contar...


Velaquí algunhas imaxes:
https://photos.app.goo.gl/fw5RkxTYyWN5Kb9N6
https://photos.app.goo.gl/fw5RkxTYyWN5Kb9N6

No hay comentarios:

Publicar un comentario