Estes últimos días buscamos información sobre o aluminio e a empresa que imos visitar o próximo martes 26.
Trátase dunha empresa moi importante de ámbito internacional con sede central no concello de Padrón.
Buscamos na rede a páxina web da empresa https://www.cortizo.com/
e comezamos a facernos un montón de preguntas sobre o aluminio e o seu proceso productivo.Video da empresa
Na clase traballamos cos seguintes videos:
Proceso del aluminio
Tamén buscamos información sobre a bauxita.
Estamos recollendo información sobre o aluminio e familiarizándonos cun montón de vocabulario novo...
O aluminio pode reciclarse.
Este proceso implica refundir o metal, eso abarata custos e consume moita menos enerxía que a produción de aluminio a partir da electrólise da alúmina obtida da bauxita.
Pasos na reciclaxe dunha lata de alumnio |
Martes, 26 de febreiro
VISITA Á SEDE CENTRAL DE ALUMINIOS CORTIZO
Chegou o día! Estabamos cheas e cheos de curiosidade. Sabíamos que
era unha empresa enorme e que veríamos in situ moitas das informacións
traballadas na aula, pero a realidade superou as nosas expectativas.
Recibiunos Manuel Santiago, técnico de formación, que nos acompañou toda a visita con explicacións claras e amenas.
Era importante insistir nas normas de seguridade, tivemos que vestir chaleco e casco protector e poñer tapóns nos oídos. Durante o percorrido polas instalacións seguimos instruccións da persoa encargada da visita e do noso profesorado procurando no interferir nas zonas de traballo. Os desprazamentos entre edificios fixémolos no autobús.
A visita comezou na planta de fundición, onde comprobamos que o aluminio empregado na carpintería da empresa procede de outros aluminios reciclados. Nesta planta vimos un forno onde os "paquetes a reciclar" se funden a temperaturas que alcanzan os 1000ºC.
Pasamos despois a planta de prensa extrusión onde os "cilindros de aluminio" toman a forma dos perfís.
Sorprendeunos o impresionante almacén automatizado e visitamos a zona de anodizado observando desde os ventanais o tratamento do aluminio.
Finalmente, pasamos pola zona expositora con modelos de carpintería en aluminio.
Rematamos a nosa visita coa invitación a unha merenda e uns agasallos de recordo.
Preme para ver máis imaxes |
Foi unha visita xenial!!!
Vinieron muy contentos. Gracias profes.
ResponderEliminarFoi unha visita estupenda gustoume moito.
ResponderEliminar