Hipotetizamos sobre o contido da presentación e démoslle voltas ao significado da palabra REVOLUCIÓN:
guerra ou pelexa, rachar coas normas, protestar, revelarse contra
alguén ou contra algo, a Revolución Francesa, infrinxir unha lei...
-CAMBIO VIOLENTO POLÍTICO.
-CAMBIO RÁPIDO E PROFUNDO.
-XIRO, VOLTA, MOVEMENTO ROTATORIO.
-ALBOROTO, DESORDE.
-LOITA PARA CAMBIAR UNHA SITUACIÓN.
Semana 21 - 25 de xaneiro:
E de revolución en revolución, observamos unhas imaxes que aparecían nas diapositivas traballadas na presentación.
Ao final aparecía a palabra LOGO ou logotipo definida no dicionario como "distintivo formado por letras ou símbolos, que serve de emblema a unha organización, empresa, conmemoración, marca ou produto".
Puxémonos a traballar con moita ilusión como pode verse nas imaxes:
Martes, 29 de xaneiro:
Hoxe era o día previsto para elexir o logo de aula entre os realizados por equipos (4ºA) ou parellas (4ºB). Que difícil decisión!
Os logos representarán un labor de equipo/grupo que terá unha segunda parte escrita que xa comentaremos.
Chegar a un acordo sempre implica falar, convencer, ceder, compartir, "saber perder", "saber gañar"...eso tamén é unha aprendizaxe coa que convivimos todos os días. Reforzamos o labor de equipo e o espíritu de grupo.
Unha vez feita a votación e tomada a decisión, comprometémonos a repectala.
Mércores, 30 de xaneiro:
E hoxe, antes do recreo, celebramos no colexio O DÍA DA PAZ, despois de ter reflexionado sobre a paz, a revolución e as nosas aportacións.
Baixamos ao patio cos logos de cada aula e colocámonos no lugar marcado para cada nivel.
Cantamos A MURALLA - Nicolás Guillén coa lingua de signos.
As encargadas e os encargados de cada grupo explicaron o logo.
Velaquí algunhas imaxes do acto:
Preme na imaxe para ver máis fotos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario