Álvaro falaba na clase sobre a súa tartaruga e ofreceuse para traela. Nos estamos a traballar coas tartarugas, mais traballamos coas terrestres. A tartaruga de Álvaro é acuática...
Inda así queriamos vela.
O luns día 11 nun cubo con auga chegou a tartaruga a clase.
O alumnado de 1ºA e 1ºB puidemos vela e tamén outros nenos e outras nenas no recreo.
É unha tartaruga de auga doce que a familia de Álvaro atopou perdida e que decidiu coidala.
Álvaro dálle de comer pavo e penso especial, é carnívora.
É bastante grande, pero pode tocarse sen problema (só hai que ter coidado co pico porque pode morder).
Gustou moito
Álvaro tamén trouxo un libro sobre tartarugas do que lemos todos os días unhas páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario