30/6/21

Ata outra

Hoxe nos toca a nós, as mestras, despedirnos do colexio (canto menos durante unas semanas!). Non entanto, tal e como di o refrán: “cousa prometida é medio debida”, así que non queriamos marchar sen compartir convosco as fotografías do voso último día como alumnado do CEIP de Vilaverde- Mourente. Como son moitas, deixámosvos esta ligazón para que as poidades ver e descargar.

Alén disto, queremos aproveitar esta oportunidade para dicirvos algunhas cousas importantes:

Foi un curso sumamente difícil, polo que nos gustaría pedirvos desculpas se non o fixemos todo o ben que mereciades. Se algunha vez dixemos ou fixemos algo que vos puidese molestar de forma individual ou grupal, pedímosvos perdón.

Tamén nos gustaría agradecervos todo o que nos regalastes durante este curso.  En moitos momentos fostes vós os mestres e mestras: facéndonos recordar o importante que é esforzarse polo que un quere, rememorando a importancia das primeiras amizades, ensinándonos a gozar da vida a pesar do complicado da situación que nos tocou vivir. Fixéstesnos aprender incluso todo o que nos queda por mellorar como docentes.

En canto a nós, esperamos tervos aportado aspectos positivos do que sabemos ou somos. O noso obxectivo non era só que aprendésedes matemáticas, lingua ou ciencias senón moito máis que iso… Agardamos que vos quededes co tempo que pasamos xuntas e xuntos, con parte dos nosos valores, actitudes ou formas de entender a vida e que estas vos resulten útiles no voso futuro.

Desexámosvos a maior das sortes nesta nova etapa que estades a piques de comezar.

Unha aperta,

As titoras de 6º




14/5/21

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS!


O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA IMOS A AXUDAR A CARLOTA E A XACOBO, QUE FORMAN PARTE DA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA, A INVESTIGAR...

QUEN PROTEXE AOS NOSOS CARBALLOS?

ESTAMOS MOI ATENTOS Á PRIMEIRA CHARLA...





O VENRES, 21 DE MAIO TOCOUNOS FACER AS EIRUGAS E COLOCALAS NUN CARBALLO PRÓXIMO AO COLEXIO:




3/5/21

O ALUMNADO DE 6ºA E DE 6ºC TIVEMOS A VISITA DE MARÍA CANOSA

FALOUNOS DE COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE A ESCRITA E A PUBLICACIÓN DE LIBROS...




7/3/21

 O VENRES, 6º A FOI QUEN TIVO A VISITA ESPECIAL PARA FALAR DO LIBRO "DEBAIXO DUN PARASOL"






23/2/21

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 UN ANO MÁIS NESTE DÍA, HOMENAXEAMOS A ROSALÍA.

ESTE ANO FACEMOS COA SÚA POESÍA UN XEITO DE REINVINDICAR O COIDADO DO NOSO PLANETA.

COMO SERÍAN ALGÚNS POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO CO CAMBIO CLIMÁTICO?