Da Constitución ao noso Estatuto de Autonomía. Do ano 1978 ao ano 1981.
Comezamos a documentarnos sobre o noso Parlamento da man dos Bolechas co capítulo:
Comezamos a documentarnos sobre o noso Parlamento da man dos Bolechas co capítulo:
e co xogo enlazado na marxe esquerda do blog.
Recollemos información en diferentes formatos, limos e resumimos as informacións con esquemas.
Himno subtitulado
O mellor non está fotografiado, pero podemos contar que celebramos o aniversario da nosa Constitución asistindo ao Pleno do Parlamento desde a Tribuna de Público.
4 DE DECEMBRO DE 2018: VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
![]() |
Visita virtual |
E chegou o gran día...a esperada visita ao noso Parlamento. Estabamos cheas e cheos de curiosidades.
Acompañounos durante o percorrido Higinio, guía do Parlamento, que fixo a visita moi amena e proveitosa.
Velaquí algunhas imaxes das salas polas que pasamos, tamén fixemos un minidebate entre as dúas clases na biblioteca do Parlamento:
![]() |
Clica para ver máis fotos |

Estivemos moi caladiñas e caladiños escoitando a intervención dunha diputada, observamos como se desenvolveron dúas votacións e seguimos uns minutos a intervención da Conselleira de Mar. O Presidente do Parlamento, Miguel A. Santalices, adicou un saúdo as rapazas, os rapaces e o profesorado do colexio Vilaverde e nós saúdamos con moita ilusión.
Recibimos como agasallo un libro de Fina Casalderrey que leremos con moito interese nas nosas aulas.
Foi un día estupendo!!!