28/2/14

PREPARAR O ENTROIDO E... FESTA!

PRIMEIRO COMENTAMOS O QUE SABIAMOS DO ENTROIDO. USAMOS A ESTRATEXIA COOPERATIVA "Folio xiratorio"

DESPOIS TRABALLAMOS SOBRE O ENTROIDO, QUE É, ONDE E COMO SE CELEBRA, DISFRACES... E CLARO, PREPARAMOS O NOSO DISFRACE

- TAMÉN FIXEMOS PLUMAS E PUXÉMOSLLAS AO GALO

- E FOMOS Á FESTA CO NOSO DISFRACE... MIRADE QUE BEN IMOS!

24/2/14

SEGUIMOS CO PROXECTO SOBRE O UNIVERSO

TRABALLAMOS SOBRE AS IDEAS PREVIAS... QUE SABEMOS DO UNIVERSO?
-FALAMOS DO QUE SABIAMOS
- DEBUXAMOS COMO IMAXINAMOS O UNIVERSO
- COLOCAMOS AS IMAXES QUE NOS CREMOS QUE TEÑEN QUE VER CO UNIVERSO

DA CASA TROUXEMOS INFORMACIÓN E PRESENTÁMOLA Á CLASE:


ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

NESTE MES CUMPRIRON ANOS ESTAS NENAS E ESTES NENOS.
 FELICIDADES!

20/2/14

A NOSA CONTRIBUCIÓN Á ENSALADA DE CONTOS

NA AULA ELABORAMOS:
- O MENÚ
- AS FROITAS E OUTROS ALIMENTOS
- AS ILUSTRACIÓNS
- OS SOBRES

ANTES FOMOS VISITAR A EXPOSICIÓN QUE LAMPI FIXO NA BIBLIOTECA, ALÍ VIMOS OS CONTOS E VARIOS LIBROS DE COCIÑA.


19/2/14

AÍ VEN O ENTROIDO

ESTE ENTROIDO AS COMIDAS, COCIÑANDO CONTOS, E AS ENSALADAS...
VAN MOTIVAR OS NOSOS DISFRACES

A NOSA MASCOTA XA NOS ESCRIBÍU PARA LEMBRARNOS QUE CHEGA O ENTROIDO E TAMÉN RECIBIMOS DE LORETO UNHA NOVA PÁXINA... SABEDES QUE LEVA NO SEU PETO? LEVA FILLOAS E DISFRACES DE FROITAS.

ASÍ QUE NOS PUXEMOS MAN Á OBRA!... ESTAMOS TENTANDO FACER O NOSO DISFRACE E Á VEZ PREPARANDO AS PLUMAS PARA O GALO VILAVERDIÑO.
CANTO TRABALLO!

16/2/14

FACENDO ENSALADAS... PERO DE CONTOS!

NESTES DÍAS ESTAMOS FACENDO ENSALADAS DE CONTOS... ESTAMOS INVENTANDO HISTORIAS COS CONTOS CLÁSICOS, CON ESES COS QUE FIXEMOS O PROXECTO NO PRIMEIRO TRIMESTRE E OUTROS NOVOS.

ADEMAIS TEMOS QUE AXUDAR AO COLEXIO A ELABORAR UNHA ENORME ENSALADA DE CONTOS E A ENGADIR COMIDAS A TODOS COS CONTOS QUE APAREZAN. VEREDES QUE PRECIOSIDADE!

4/2/14

UNHA SAÍDA AO TEATRO

E NESTES DÍAS FOMOS AO TEATRO

FOI UNHA EXPERIENCIA ESTUPENDA.
MIRÁDENOS NA SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL